Clasificación para a Eurocopa 2016

A clasificación para a Eurocopa 2016 é o torneo de fútbol no que se determinan as seleccións que xogan a final da Eurocopa 2016 que se vai celebrar en Francia. O torneo principiou o 7 de setembro de 2014 e o seu remate está previsto para o 17 de novembro de 2015.

Balón oficial utilizado na Clasificación.

A selección de Francia non participa do torneo por estar de seu clasificada na súa calidade de país anfitrión da fase final da Eurocopa 2016, son xa que logo as outras 53 asociacións afiliadas á UEFA as que disputan os outros 23 postos.

A competición marcou a estrea da selección de Xibraltar en competicións europeas logo que a UEFA a admitira como membro de pleno dereito en maio de 2013.[1]

Sorteo editar

O 24 de xaneiro de 2014 a UEFA estableceu os bombos para o sorteo da fase de clasificación, dividindo as 53 seleccións participantes entre 6 bombos segundo a súa orde no coeficiente UEFA a 12 de decembro de 2013.[2] Cinco bombos conformáronse con 9 equipos e o sexto acolleu ás 8 seleccións co peor coeficiente.

O coeficiente UEFA calculouse tendo en conta os puntos logrados por cada selección nas seguintes competicións:

  • Fase de clasificación na fase final da Copa do Mundo FIFA de 2010, é o 20% do coeficiente.
  • Fase de clasificación na fase final da Eurocopa de 2012, é o 40% do coeficiente
  • Fase de clasificación da Copa do Mundo FIFA de 2014, é o 40% do coeficiente.

Entre paréntese indícase o coeficiente de cada equipo.

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3

1.España (42 158)
2.  Alemaña (41 366)
3.Países Baixos (38 541)
4.  Italia (35 343)
5.  Inglaterra (34 885)
6.  Portugal (34 314)
7.Grecia (33 540)
8.Rusia (32 946)
9. Bosnia e Herzegovina (31 416)

10.  Ucraína (31 156)
11.  Croacia (30 652)
12.  Suecia (30 111)
13.  Dinamarca (29 660)
14.  Suíza (29 572)
15.  Bélxica (28 732)
16.República Checa (28 234)
17.  Hungría (27 802)
18.  Irlanda (26 733)

19.  Serbia (25 985)
20.  Turquía (25 955)
21.  Eslovenia (25 834)
22.  Israel (25 442)
23.  Noruega (25 341)
24.  Eslovaquia (25 333)
25.  Rumania (25 038)
26.  Austria (24 572)
27.  Polonia (23 095)

Bombo 4 Bombo 5 Bombo 6

28.  Montenegro (22 991)
29.  Armenia (22 861)
30.  Escocia (22 234)
31.  Finlandia (22 001)
32.  Letonia (20 771)
33.  Gales (20 551)
34.  Bulgaria (20 391)
35.  Estonia (19 988)
36.  Belarús (19 646)

37.  Islandia (19 243)
38.  Irlanda do Norte (19 201)
39.  Albania (19 151)
40.  Lituania (19 026)
41.  Moldavia (18 301)
42.  Macedonia (17 376)
43.  Acerbaixán (16 901)
44.  Xeorxia (16 766)
45.  Chipre (14 235)

46.  Luxemburgo (14 050)
47.  Casaquistán (13 961)
48.  Liechtenstein (12 220)
49.  Illas Feroe (11 751)
50.  Malta (10 740)
51.  Andorra (8560)
52.  San Mariño (7420)
53.  Xibraltar (0)

O sorteo efectuouse no Palais das Congrès Acropolis de Niza, Francia o 23 de febreiro de 2014 e o procedemento aplicado polo Comité Executivo da UEFA foi o seguinte:[2][3]

  • Realizouse en primeiro lugar o sorteo do bombo 1 e os seus equipos colocáronse na primeira casa dos grupos en orde alfabética do grupo A ao grupo I.
  • Continuouse cos oito equipos do bombo 6 que se encadraron na casa 6 desde o grupo A o H.
  • Logo sorteáronse os 9 equipos do bombo 5, colocándose na casa 5 e en orde alfabética do grupo A o grupo I.
  • O mesmo procedemento anterior aplicouse para os bombos 4, 3 e 2 nesa rigorosa orde.

Para a realización do sorteo o Comité Executivo da UEFA tomou en consideración o seguinte:

  • Por razóns de dereitos televisivos Inglaterra, Alemaña, España, Italia e os Países Baixos habían estar nos grupos de 6 equipos.
  • Por razóns políticas o comité executivo da UEFA estableceu que Armenia e Acerbaixán non podían quedar encadrados no mesmo grupo, nin tampouco España e Xibraltar.

Dese xeito quedaron conformados o nove grupos do torneo.[4]

Formato da competición editar

 
Momentos previos ao partido entre Alemaña e Irlanda, do Grupo D o 14 de outubro de 2014 no Veltins-Arena de Gelsenkirchen

O torneo clasificatorio consta dunha fase de grupos e a fase de play-offs:[5][6]

As 53 seleccións participantes divídense en 9 grupos, 8 grupos de 6 equipos e un grupo de 5. Xógase en todos os grupos cun sistema de todos contra todos a partidos de ida e volta, os equipos clasifícanse consonte os puntos logrados, que se outorgados da seguinte maneira:

  • 3 puntos por partido gañado.
  • 1 punto por partido empatado.
  • 0 puntos por partido perdido.

Se ao remate dos partidos de grupo, dous ou máis equipos terminan empatados en puntos aplícanse os seguintes criterios de desempate:

  • Maior número de puntos obtidos nos partidos xogados entre os equipos igualados.
  • Maior diferenza de goles resultado dos partidos xogados entre os equipos igualados.
  • Maior número de goles marcados nos partidos xogados entre os equipos igualados.
  • Maior número de goles marcados de visitante nos partidos xogados entre os equipos igualados.
  • Se despois de aplicar os 4 criterios anteriores hai equipos que aínda manteñen a igualdade, os criterios 1 a 4 vólvense aplicar exclusivamente aos partidos xogados entre estes equipos para determinar a súa posición final. Se este procedemento non conduce a unha decisión, aplícanse os seguintes 5 criterios:
  • Maior diferenza de goles en todos os partidos de grupo.
  • Maior número de goles marcados en todos os partidos de grupo.
  • Maior número de goles marcados de visitante en todos os partidos de grupo.
  • A conduta Fair Play en todos os partidos de grupo.
  • Posición no Coeficiente UEFA con que se iniciou este torneo.

Os 9 gañadores de grupo, os 9 segundos de grupo e o mellor terceiro clasifican directamente para a fase final da Eurocopa. Para determinar o mellor dos terceiros lugares elimínase o resultado que estes equipos obteñan contra o último situado do seu respectivo grupo, salvante o terceiro lugar do grupo I que só conta con 5 equipos, e elabórase unha táboa baixo os seguintes criterios, en orde de aparición:

  • Maior número de puntos obtidos.
  • Maior diferenza de goles.
  • Maior número de goles marcados.
  • Maior número de goles marcados de visitante.
  • A conduta Fair Play en todos os partidos de grupo.
  • Posición no Coeficiente UEFA con que se iniciou este torneo.

Os 8 restantes terceiros lugares pasan a disputar a fase de play-offs para definir os últimos catro clasificados, estes 8 equipos emparéllanse en 4 series de dous equipos que se enfrontan en partidos de local e visitante cun sistema de eliminación directa. En cada serie, clasifícase para a Eurocopa 2016 o equipo que marque máis goles en ambos os dous partidos. Se ambos os equipos marcan a mesma cantidade de goles nos dous partidos aplícase a regra do gol de visitante, se os goles marcados de visitante polos equipos é o mesmo ou se os dous partidos terminan en empate a cero procédese a xogar un tempo extra de dous períodos de 15 minutos cada un ao finalizar o partido de volta. De non marcaren no tempo extra establécese o gañador mediante tiros desde o punto de penal. De marcaren os dous equipos o mesmo número de tantos declárase gañador ao equipo visitante en base á regra do gol de visitante.

Calendario editar

As datas das xornadas foron decidiunas a UEFA o 1 de marzo de 2013, o calendario completo coas datas dos partidos confirmouno o 23 de febreiro de 2014, despois de se realizar o sorteo.[6][7][8]

Fase Xornada Data
Fase de grupos Xornada 1 Do 7 ao 9 de setembro de 2014
Xornada 2 Do 9 ao 11 de outubro de 2014
Xornada 3 Do 12 ao 14 de outubro de 2014
Xornada 4 Do 14 ao 16 de novembro de 2014
Xornada 5 Do 27 ao 29 de marzo de 2015
Xornada 6 Do 12 ao 14 de xuño de 2015
Xornada 7 Do 3 ao 5 de setembro de 2015
Xornada 8 Do 6 ao 8 de setembro de 2015
Xornada 9 Do 8 ao 10 de outubro de 2015
Xornada 10 Do 11 ao 13 de outubro de 2015
Play-offs Ida Do 12 ao 14 de novembro de 2015
Volta Do 15 ao 17 de novembro de 2015

A "Semana do Fútbol" editar

A partir deste proceso clasificatorio a UEFA adoptou o concepto da "Semana do Fútbol" que se aplicará nos torneos de clasificación para a Eurocopa e a Copa Mundial de Fútbol, este novo concepto comprende as seguintes consideracións:[9][10]

  • Os partidos disputaranse nun lapso máximo de 6 días, de xoves a martes.
  • Nos sábados e domingos os horarios de inicio dos partidos serán ás 18:00 e 20:45 da Hora Central Europea (CET), mentres que nos xoves, venres, luns e martes os partidos principiarán ás 20:45 tamén en horario CET.
  • Nas semanas onde coincidan dúas xornadas seguidas as seleccións xogarán os días xoves/domingo, venres/luns ou sábado/martes
  • Cada día da Semana do Fútbol terá entre oito e dez partidos.

Fase de grupos editar

Clasificado para a Eurocopa 2016.
Vai aos Play-offs.

Grupo A editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 Islandia  19 8 6 1 1 15 3 12
 República Checa  19 8 6 1 1 16 10 6
 Turquía  12 8 3 3 2 11 9 2
 Países Baixos  10 8 3 1 4 13 10 3
 Letonia  4 8 0 4 4 4 16 -12
 Casaquistán  2 8 0 2 6 5 16 -11

Grupo B editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 Gales  18 8 5 3 0 9 2 7
 Bélxica  17 8 5 2 1 17 3 14
 Israel  13 8 4 1 3 14 9 5
 Bosnia e Herzegovina  11 8 3 2 3 12 10 2
 Chipre  9 8 3 0 5 12 13 -1
 Andorra  0 8 0 0 8 3 30 -27

Grupo C editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 España  18 7 6 0 1 17 3 14
 Eslovaquia  18 7 6 0 1 13 5 8
 Ucraína  15 7 5 0 2 12 3 9
 Belarús  4 7 1 1 5 5 14 -9
 Luxemburgo  4 7 1 1 5 4 17 -13
 Macedonia  3 7 1 0 6 6 15 -9

Grupo D editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 Alemaña  19 8 6 1 1 22 7 15
 Polonia  17 8 5 2 1 29 7 22
 Irlanda  15 8 4 3 1 17 5 12
 Escocia  11 8 3 2 3 14 10 4
 Xeorxia  6 8 2 0 6 5 14 -9
 Xibraltar  0 8 0 0 8 2 46 -44

Grupo E editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 Inglaterra  21 7 7 0 0 24 3 21
 Suíza  15 7 5 0 2 16 6 10
 Estonia  10 7 3 1 3 4 5 -1
 Eslovenia  9 7 3 0 4 14 10 4
 Lituania  6 7 2 0 5 4 13 -9
 San Mariño  1 7 0 1 6 0 25 -25

Grupo F editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 Irlanda do Norte  17 8 5 2 1 12 6 6
 Rumania  16 8 4 4 0 7 1 6
 Hungría  13 8 3 4 1 6 4 3
 Finlandia  10 8 3 1 4 7 8 -1
 Illas Feroe  6 8 2 0 6 5 12 -7
 Grecia  3 8 0 3 5 2 8 -6

Grupo G editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 Austria  19 7 6 1 0 12 2 10
 Suecia  12 7 3 3 1 10 5 5
 Rusia  11 7 3 2 2 10 4 6
 Montenegro  8 7 2 2 3 6 8 -2
 Liechtenstein  5 7 1 2 4 2 14 -12
 Moldavia  2 7 0 2 5 3 10 -7

Grupo H editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
 Italia  18 8 5 3 0 11 5 6
 Noruega  16 8 5 1 2 10 8 2
 Croacia  14 8 4 3 1 16 5 11
 Bulgaria  8 8 2 2 4 7 9 -2
 Acerbaixán  6 8 1 3 4 6 13 -7
 Malta  2 8 0 2 6 3 13 -10
1Sancionouse á selección de Croacia coa perda dun punto por "comportamento racista" no partido que xogou contra Italia o 12 de xuño de 2015. Naquel partido apareceu no céspede do Estadio Poljud de Split unha cruz esvástica debauxada, considerada un símbolo nazi.[11][12]

Grupo I editar

Selección Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
  Portugal 15 6 5 0 1 8 4 4
  Dinamarca 12 7 3 3 1 8 4 4
  Albania1 11 6 3 2 1 7 3 4
  Armenia 2 7 0 2 5 5 11 -6
  Serbia1 1 6 1 1 4 5 11 -6
1O árbitro suspendeu no minuto 41 o partido entre Serbia e Albania por enfrontamentos entre xogadores e por incidentes no estadio; a UEFA decidiulle outorgar a vitoria a Serbia cun marcador de 3-0, mais á vez quitoulle tres puntos pola participación dos seus xogadores nos feitos.[13] Logo das apelacións presentadas polas federacións de Serbia e Albania por ante o Tribunal Arbitral do Deporte (TAS) este organismo decidiu mantener a redución de tres puntos a Serbia pero lle deu a vitoria a Albania cun marcador de 3-0.[14]

Mellor terceiro editar

Para elaborar a táboa dos mellores terceiros han eliminarseos resultados que estes equipos lograran contra os últimos clasificados dos seus respectivos grupos co obxectivo de equiparar o número de partidos xogados co terceiro do grupo I, o que só conta con 5 equipos. Ao terceiro do grupo I queda tal cal está, sen lle quitar puntos.

Clasificado para a Eurocopa 2016.
Vai aos Play-offs.
Selección Gr. Pts. PX PG PE PP GF GC Dif
  Ucraína C 12 6 4 0 2 11 3 8
  Hungría F 12 7 3 3 1 6 4 2
  Croacia H 11 7 3 3 1 14 5 9
  Albania I 11 6 3 2 1 7 3 4
  Rusia G 10 6 3 1 2 9 3 6
  Irlanda D 9 6 2 3 1 6 5 1
  Israel B 7 6 2 1 3 6 8 -2
  Turquía A 6 6 1 3 2 7 8 -1
  Estonia E 6 5 2 0 3 2 5 -3

Fase de play-offs editar

Oito seleccións, divididas en 4 series de 2 equipos, participan nos play-offs. Os emparellamentos quedarán definidos mediante un sorteo que se realizará o 18 de outubro de 2015 en Nyon, Suíza.

Goleadores editar

Atualizado a 08 de setembro de 2015, 00h30[15]


Clasificados editar

Equipo Fase Data Participacións previas1
  Francia Organizador 28 de maio de 2010 8 (1960, 1984, 1992, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012)
  Inglaterra Grupo E 5 de setembro de 2015 8B (1968, 1980, 1988, 1992, 1996, 2000, 2004, 2012)
  República Checa2 Grupo A 6 de setembro de 2015 8B (1960, 1976, 1980, 1996, 2000, 2004, 2008, 2012)
  Islandia Grupo A 6 de setembro de 2015 0 (estrea)
1 Negra indica campión dese ano. Cursiva indica organizador dese ano.
2 1960–80 como Checoslovaquia.

Notas editar

  1. "A UEFA recoñece a Xibraltar malia as amenazas e presións do Estado español". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Bombos del sorteo de la fase de clasificación". UEFA. 24 de xaneiro de 2014. 
  3. "UEFA EURO 2016 Qualifying Draw Procedure" (PDF). UEFA (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  4. "España ya conoce sus rivales". UEFA. 23 de febreiro de 2014. 
  5. "Regulations of the UEFA European Football Championship 2014-16" (PDF). UEFA (en inglés). 12 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2015. Consultado o 08 de setembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 "Formato de la clasificación UEFA EURO 2016". UEFA. 1 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 08 de setembro de 2015. 
  7. "Calendario confirmado". UEFA. 23 de febreiro de 2014. 
  8. "Fixture List-UEFA EURO 2016 Qualifying Competition" (PDF). UEFA (en inglés). 23 de febreiro de 2014. 
  9. Adrian Harte (10 de abril de 2013). "Derechos de emisión de los partidos de clasificación". UEFA. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 08 de setembro de 2015. 
  10. "Explicación de la 'Semana del Fútbol'". UEFA. 1 de setiembro de 2014. 
  11. "Reducción de un punto para Croacia en la fase de clasificación". UEFA. 23 de xuño de 2015. 
  12. Agencia EFE (23 de xullo de 2015). "La UEFA le quita un punto a Croacia, que jugará dos partidos a puerta cerrada". Marca. 
  13. «Decisiones disciplinarias sobre el Serbia - Albania» Arquivado 15 de xullo de 2015 en Wayback Machine..
  14. Axencia AP (10 de xuño de 2015).
  15. "Estatísticas da Qualificações Européia". UEFA (en portugués). 08 de setembro de 2015. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar