Selección de fútbol de Liechtenstein

A Selección de fútbol de Liechtenstein é o equipo representativo de Liechtenstein nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol de Liechtenstein (Liechtensteiner Fussballverband), pertencente á UEFA.

Liechtenstein
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Liechtensteiner Fussballverband
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA LIE
Alcume {{{Alcume}}}
Clasificación FIFA 180 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Islandia Helgi Kolviðsson
Máis encontros Peter Jehle (132)
Máximo goleador Mario Frick (16)
Estrea internacional
Liechtenstein 1 − 1 Malta Malta
Daejeon, Corea do Sur; 14 de xuño de 1981
Maior vitoria
Luxemburgo Luxemburgo 0 − 4 Liechtenstein
Luxemburgo, Luxemburgo; 13 de outubro de 2004
Maior derrota
Liechtenstein 1 − 11 Macedonia (1995-2019) Macedonia
Eschen, Liechtenstein; 9 de novembro de 1996

Historia editar

A selección de Liechtenstein ten unha traxectoria internacional relativamente curta. O seu debut oficial non chegou ata 1981, cando xogou un encontro amigábel contra Malta, que rematou con empate por 1−1.[1] Pero a súa estrea en torneos internacionais faríase esperar ata a Eurocopa 1996. Na fase de clasificación Liechtenstein quedou emparellada no grupo con Austria, Irlanda do Norte, Irlanda, Letonia e a Portugal. A pesar de lograr un meritorio empate a cero contra os irlandeses, Liechtenstein perdeu o resto dos partidos disputados, situándose como un dos combinados mais débiles do continente europeo.

A súa debilidade confirmouse nas previas da Mundial de 1998, encaixando a peor derrota da súa historia, un 1−11 contra Macedonia. O país tería que esperar á clasificatoria para a Eurocopa 2000 para lograr a súa primeira vitoria nun torneo internacional. Foi o 14 de outubro de 1998, cando lograron vencer por 2−1 a Acerbaixán. Pese a iso, Liechtenstein rematou novamente como colista do seu grupo de clasificación, cun total de catro puntos. Na clasificación para o clasificatorias para o Mundial 2002, na que Liechtenstein perdeu os oito encontros disputados sen anotar nin un solo gol.

A participación na fase previa da Eurocopa 2004 iniciouse cun inicio prometedor ante Macedonia cun empate a cero e aínda que mostrou unha gran melloría non puido sumar ningún outro punto en toda a clasificación. Esta progresión quedou certificada na fase de clasificación para o Mundial 2006 onde acabaría con oito puntos no seu grupo evitando por primeira vez selo farolillo vermello do seu grupo. Na fase de clasificación para a Eurocopa 2008 sumou sete puntos, froito de dúas vitorias (ante Letonia e Islandia) e un empate (tamén ante os Islandeses ).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar