Salvador Cabeza de León
Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934[1], foi un destacado galeguista, profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1864 Betanzos, España |
Morte | 20 de maio de 1934 (70 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
30 de novembro de 1910 – 1 de xaneiro de 1914 ← Francisco Piñeiro Pérez – Luis Blanco Rivero → | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político, xurista |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Membro de | |
Traxectoria
editarMembro da Xuventude Católica, foi un convencido carlista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1884. Amigo de Alfredo Brañas, do que foi profesor auxiliar, ata obter a súa propia cátedra de Dereito Internacional en 1903. Tras a dimisión presentada por Francisco Piñeiro Pérez, foi elixido provisionalmente alcalde de Compostela o día 30 de novembro de 1910, ata a súa toma de posesión efectiva no 20 de febreiro de 1911, despois de que Piñeiro reconfirmase a súa renuncia días antes. Permanecería no cargo ata o 1 de xaneiro de 1914[2]. Tamén foi decano da Facultade de Dereito.
En novembro de 1890 participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega que presidiu Manuel Murguía. En 1917 deu o discurso de apertura do curso universitario 1917-1918 da USC coa lectura de Notas sobre la disciplina escolar en la Universidad de Santiago durante los siglos XVI, XVII y XVIII. Foi socio fundador da Real Academia Galega. En 1919 integrouse na Irmandade da Fala de Compostela. O 21 de xuño de 1920 foi elixido vogal do Comité Compostelán da Asociación Española para o Progreso das Ciencias.[3] En 1921 fundou con outras personalidades a agrupación folclórica compostelá Cantigas e Agarimos, da que foi elixido o seu primeiro presidente[4]. En 1925 pasou a ocupar a presidencia do Seminario de Estudos Galegos, que non abandonou ata a súa morte. En 1927 escribiu o limiar de Estampas Compostelanas, a primeira publicación bibliográfica de Ksado, quen na edición de 1948 a substituíu por outra de Valentín Paz-Andrade.
Morreu en 1934, a punto de xubilarse.
Vida persoal
editarCasou o 25 de xaneiro de 1886 en Santiago con Marina Anido Anido,[5] que finou o 19 de novembro de 1934,[6] coa que tivo tres fillos: María, Miguel e Salvador Cabeza Anido[7].
Notas
editar- ↑ "Ha muerto el decano de la facultad de Derecho, D. Salvador Cabeza de León". El Pueblo Gallego. 22 de maio de 1934. p. 1.
- ↑ El Eco de Santiago, 2-1-1914, p. 1.
- ↑ El Compostelano, 22-6-1920. A presidencia ocupouna Lino Torre Sánchez-Somoza, sendo vogais, aparte do propio Cabeza, Máximo de la Riva García, Marcelino Blanco de la Peña e Eugenio Labarta, sendo secretarios Ruperto Lobo Gómez e Antonio García Varela.
- ↑ Páxina de Cantigas e Agarimos.
- ↑ Gaceta de Galicia, 26-1-1886.
- ↑ El Eco de Santiago, 19-11-1934, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 19-1-1934.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador Cabeza de León |
Bibliografía
editar- "Cabeza de León, Salvador". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 155-156.
- "Cabeza de León, Salvador". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Fontoira Surís, Lydia; García Rodríguez, Carmen (2005). "Cabeza de León, Salvador". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Ogando, I.; Tato, L. (2012). Textos recuperados. De Galo Salinas a Castelao (CC BY-SA 4.0). Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. UDC. ISBN 978-84-9749-533-2. doi:10.17979/spudc.9788497495332.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Francisco Piñeiro Pérez |
Alcalde de Santiago 1910 - 1914 |
Sucesor: Luís Blanco Rivero |