Antía Veres

tradutora galega
(Redirección desde «Antía Veres Gesto»)

Antía Veres Xesto,[1] nada en Guitiriz o 19 de xuño de 1990, é unha tradutora galega.

Infotaula de personaAntía Veres

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Guitiriz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: AntiaVeresXesto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en 2013 en Tradución e Interpretación (especialidade inglés-galego) pola Universidade de Vigo, e en 2014 foi premio extraordinario fin de carreira pola dita universidade.[2] Dende ese mesmo ano, traballou na empresa privada Globalingua Translation, con sede en Vigo, lugar de residencia de Veres, e na Coruña[3]. Noutra orde de cousas, colaborou profesionalmente co proxecto Trasno e fixo voluntariado para a asociación sen fins de lucro Tradutores sen Fronteiras.

Foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua da Universidade de Vigo (2009) da cal foi presidenta entre os anos 2011 e 2012.

Obras traducidas editar

Obra impresa editar

 
De esquerda a dereita, Celia Recarey, Andrea Barreira e Antía Veres durante o relatorio "Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf", como parte das actividades da SELIC 2017.

Tradución teatral editar

Outras publicacións editar

  • "Como traducimos nas cidades divididas?", Viceversa, nº19-20 (2014).

Galardóns editar

No 2013, conseguiu o accésit na edición de 2013 do Premio de tradución da Universidade de Vigo[7] pola tradución da obra O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster. No 2017, foi a gañadora do I Premio Realia de Tradución[8] por Detrás da máscara, de Louisa May Alcott. No 2019, gañou o XVIII Premio Plácido Castro pola tradución da obra Unha muller perdida de Willa Cather.[2]

Notas editar

  1. "Antía Veres Xesto: «Cada vez fálase máis de nós»". La Voz de Galicia. 14 de novembro de 2021. Consultado o 8 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Antía Veres, Premio Plácido Castro de Tradución na súa 18ª edición". Praza.gal. 30 de setembro de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019. 
  3. Páxina web da empresa, pestana "Quen somos".
  4. Vernon Lee. Un amante fantasma, entrada no blog "Revolta da Freixa" o 16 de abril de 2017.
  5. Redacción (6 de xuño de 2019). Sermos Galiza, ed. "Os simios dominarán o mundo. A distopía clásica de Boulle, en galego". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019. 
  6. Entrevista: Ruth Gutiérrez, gañadora do XLIII Premi Born, e Antía Veres, tradutora da obra premiada, Erreguete.gal.
  7. Premio 2013 de tradución da Universidade de Vigo, en Laxastraducidas
  8. Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida na páxina web do Concello de Santiago o 20 de abril de 2017.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar