Biblioteca da Tradución Galega

base de datos da tradución en lingua galega
(Redirección desde «Bitraga»)

A Biblioteca da Tradución Galega, coñecida tamén co acrónimo BITRAGA, dependente do grupo de traballo composto por docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo[1], contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos doutras linguas á galega e da galega cara á outras linguas. Nun primeiro momento, o arquivo recolle as traducións literarias publicadas dende 1980. Trátase dun proxecto aberto e colaborativo.

Biblioteca da Tradución Galega

Tipobase de datos e grupo de traballo Editar o valor en Wikidata
Parte deUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
SedeVigo Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBbibliotraducion.uvigo.es Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

En 2016 a súa responsable era a profesora Ana Luna Alonso. Ademais dun equipo formado polas profesoras Iolanda Galanes, Áurea Fernández Rodríguez, Silvia Montero Küpper (responsable dende 2017)[2] e Patricia Buján Otero, tamén conta con achegas de diversos colaboradores, tales que Raquel Alonso Araujo, Alejandro Alonso Martínez, Silvia Duarte Collazo, Óscar Ferreiro Vázquez, Elizabete Manterola Agirrezabalaga, Iolanda Mato Creo, Liliana Valado Fernández, Bárbara Álvarez Fernández ou Paz Orois.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar