O inimigo coñece o sistema

O inimigo coñece o sistema[1] (título orixinal en castelán: El enemigo conoce el sistema) é un ensaio de Marta Peirano no que "fala do control e do poder grazas á esculca e interpretación de cal é o fin último da enorme cantidade de información que xeramos ao usarmos os nosos móbiles, tabletas e ordenadores, sobre todo cando descargamos aplicacións ou interactuamos nas redes sociais". [2]

O inimigo coñece o sistema
Título orixinalEl enemigo conoce el sistema
Autor/aMarta Peirano
OrixeEspaña
Linguaespañol
Xénero(s)Ensaio
EditorialKalandraka
Data de pub.Galicia 2019
ISBNISBN 978-84-16721-55-9 (gl)
TraduciónAntía Veres Xesto
editar datos en Wikidata ]

Nesta obra, a autora explícanos o funcionamento da rede, os seus baleiros lexislativos e a falta de protección dos usuarios "ante a grande manipulación que supón formar parte deste grande irmán".[3] Como sinala a autora, mentres nós o ignoramos as compañías "espremen os nosos datos para producir e alimentar técnicas de intelixencia artificial; ou as axencias de desinformación que explotan estes datos para crear o caos e manipular á xente en moitas partes do mundo."[4]

Notas editar

  1. "O inimigo coñece o sistema". www.kalandraka.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-20. 
  2. Nicolás, Ramón (2020-02-15). "O inimigo coñece o sistema, de Marta Peirano". Caderno da crítica. Consultado o 2021-06-20. 
  3. "O inimigo coñece o sistema, Marta Peirano (Kalandraka)". El baile de las palabras (en castelán). 2020-04-23. Consultado o 2021-06-20. 
  4. Rey, Manuel (2019-11-28). "Marta Peirano: "Estamos adestrando algoritmos que se usan para cazar xente"". GCiencia. Consultado o 2021-06-20. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar