Premio Realia de Tradución Literaria

(Redirección desde «Premio Realia de Tradución»)

O premio Realia de Tradución Literaria é un galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela.

Pazo de Raxoi, Concello de Santiago de Compostela.

Historia e características editar

A primeira edición do premio celebrouse en 2017. Ten por obxecto distinguir unha obra narrativa traducida ao galego dende calquera lingua estranxeira e fomentar e visibilizar o traballo dos profesionais da tradución[1]. Ten carácter bienal e está remunerado: inicialmente con 1.200 € e, dende 2021, con 1.500 €. Outra das características do premio era que, pasado un ano dende a publicación en papel da obra, esta se publicaba de balde en BIVIR, a biblioteca virtual que xestiona a Asociación de Tradutores Galegos[2], algo que cesou ao desaparecer a asociación.

Gañadores editar

Edición Ano Tradutor/a Obra Autor/a
Primeira 2017 Antía Veres[3] Detrás da máscara Louisa May Alcott
Segunda 2019 Deserto[4] - -
Terceira 2021 Alfonso Blanco Quintela[5] As consecuencias da vella historia Georgios Viziinos
Cuarta 2023 Deserto[6] - -

Notas editar

  1. Premio Realia para incentivar a tradución ao galego, nova en Biosbardia o 11 de outubro de 2016.
  2. Bases do premio Arquivado 27 de setembro de 2018 en Wayback Machine..
  3. nova en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017.
  4. Acta do xurado Arquivado 30 de abril de 2019 en Wayback Machine. na II edición (pdf).
  5. O carballés Alfonso Blanco gaña o IIIº Premio Realia de Tradución Literaria, Culturagalega.gal, 27 de setembro de 2021.
  6. "Resolto o IV Premio Realia de Tradución". Hugin e Munin. 14 de agosto de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar