Alcaldes de Lugo

artigo de listas de Wikimedia

O alcalde de Lugo é a máxima autoridade política do Concello de Lugo. De acordo coa "Lei Orgánica 5/1985", de 19 de xuño, do "Réxime Electoral Xeral" [1](actualmente en vigor) o alcalde é elixido pola corporación municipal de concelleiros, que á súa vez son elixidos por sufraxio universal polos cidadáns e cidadás de Lugo con dereito a voto, mediante eleccións municipais celebradas cada catro anos. Na mesma sesión de constitución da corporación procédese á elección do alcalde, podendo ser candidatos todos os concelleiros que encabezan as correspondentes listas. É proclamado electo o candidato que obtén a maioría absoluta dos votos. Se ningún deles obtén esta maioría é proclamado alcalde o concelleiro que encabeza a lista máis votada.

Nas eleccións municipais de 2019, presentáronse as seguintes candidaturas, das que só catro están representadas na corporación:[2]

Candidatura Votos Porcentaxe Concelleiros
Partido Popular (PP) 15.611 32,44% 10
Partidos dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) 12.731 26,45% 8
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 7.873 16,36% 5
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (C's) 4.001 8,31% 2
Podemos (Podemos) 1.924 4% 0
Coalición Electoral LUGONOVO-Mareas Locais 1.335 2,77% 0
Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida-Equo (ACE-EU-EQUO) 1.317 2,74% 0
Vox (VOX) 986 2,05% 0
Compromiso por Galicia (CxG) 631 1,31% 0
GaliciaSempre (Ga-S) 602 1,25% 0
Foro Lugo Independiente (FLI) 586 1,22% 0
Converxencia 21 (C 21) 34 0,07% 0

A actual corporación municipal lucense está composta por 25 concelleiros e a alcaldesa da cidade dende 2015 é Lara Méndez do PSdeG-PSOE. A alcaldesa subtituíu, na anterior corporación, ao alcalde Xosé Clemente López Orozco que renunciou por mor de problemas xudiciais e políticos,[3] e revalidou a alcaldía nas municipais de 2019[4] apoiándose nun pacto de goberno cos 5 concelleiros do BNG para acada-la maioría absoluta.[5]

Alcaldes de Lugo dende a Restauración editar

Período Imaxe Nome Partido Notas
1877-1882 José Castro Freire
1882-1883 Manuel Valcárcel
1883-1888 Martín Eliodoro Rúa López
1888-1890 Francisco Hermida Noya Partido Liberal
1891-1892 Constantino Velarde Plá
1892-1893 José María Zubiri
1893-1895 Antonio Rodríguez Pérez
1895-1897 Ramón Iglesias Camino
1897-1897 Manuel Pardo de la Vega 1º mandato
1897-1899 Reinaldo Fole Quiroga
1899-1901 Manuel Pardo de la Vega 2º mandato
1901-1902 Pedro Morandeira Rico
1902-1903 Gonzalo Vázquez Moure Partido Conservador
1903-1905 Antonio Belón Ventosinos Partido Conservador
1905-1906
 
Ángel López Pérez Partido Conservador 1º mandato
1906-1909 Rodrigo de la Peña García
1909-1909 Constantino Velarde Plá 2º mandato
1909-1910
 
Ángel López Pérez Partido Conservador 2º mandato
1910-1912 Ramón Landriz Lenza
1912-1913 Carlos Llamas Navia Partido Liberal
1913-1923
 
Ángel López Pérez 3º mandato
1923-1924 Manuel Roca Varela Elixido alcalde o día 4 de outubro tras anular a elección

do día 1 na que fora elixido Ramón Saavedra Salgado.

1924-1925 Ramón Saavedra Salgado Elixido de novo alcalde o 12 de xaneiro de 1924, tras

anularse a elección anterior o 1 de outubro do ano anterior.

1925-1927
 
165x165px[Ligazón morta]
Eduardo Rosón López
1927-1931
 
Ángel López Pérez 4º mandato
1931-1934 José Cobreros de la Barrera Partido Radical
1934-1934 Carlos Vázquez Fernández-Pimentel PSOE
1934-1936 Camilo López Pardo Partido Radical
1936-1936
 
Francisco Lamas López IR
1936-1937 Juan Yáñez Alonso
1937-1938 Rodrigo de la Peña García 2º mandato
1938-1941 Antonio Macia Valado
1941-1950 Manuel Portela Nogueira
1950-1952 Eugenio Pardo Pardo-Reguera
1952-1958 Luis Ameijide Aguiar
1958-1961 Ramiro Rueda Fernández
1961-1965 Jesús García Siso
1965-1966 Antonio Quintana Peña
1966-1973 Fernando Pedrosa Roldán
1974-1975 Antonio Pol González
1975-1976 Víctor Basanta Varela
1976-1977 Tomás Notario Vacas
1977-1979 Jesús Ibáñez Méndez

Alcaldes de Lugo a partir do período democrático (1979 en adiante) editar

Período Imaxe Nome Partido Notas
1979-1983 Xosé Novo Freire UCD
1983-1991 Vicente Quiroga Rodríguez Coalición Popular En 1987, presentouse pola CPG.
1991-1995 Tomás Notario Vacas PP 2º mandato
1995-1999 Joaquín María García Díez PP
1999-2015
 
Xosé Clemente López Orozco PSdeG-PSOE
2015-no cargo Lara Méndez López PSdeG-PSOE Nas eleccións municipais de 2015 ía no segundo posto da lista do PSOE;

converteuse en alcaldesa logo da renuncia no número 1, Xosé Clemente López Orozco.

Notas editar

  1. "Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General." (PDF). boe.es (en castelán). 19 de xuño de 1985. pp. 68–69. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  2. "Consulta de resultados electorales. Maio 2019. Lugo". infoelectoral.mir.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-03-2019. Consultado o 21-8-2020. 
  3. Redacción (11 de xuño de 2015). "Orozco se retira para que Lara Méndez pueda ser alcaldesa de Lugo". vigoalminuto.com (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  4. Guntín, María M. (15 de xuño de 2019). "La socialista Lara Méndez repite como alcaldesa de Lugo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  5. Redacción (15 de xuño de 2019). "Lara Méndez investida alcaldesa de Lugo". elcorreogallego.es. Consultado o 21 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar