Tomás Notario Vacas

político español

Tomás Notario Vacas, nado en Córdoba (Arxentina) o 22 de agosto de 1926, é un enxeñeiro de camiños, funcionario e político galego de tendencia conservadora que foi alcalde de Lugo en dúas ocasións.

Tomás Notario Vacas
Nacemento22 de agosto de 1926
Lugar de nacementoCórdoba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e enxeñeiro de camiños
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Os pais eran dunha aldea de Salamanca, pero emigraran primeiro ao Brasil e logo á Arxentina[1], onde naceu Tomás Notario. En 1933 regresan á aldea e aos once anos, xa durante a guerra, comezou o bacharelato na cidade de Salamanca. Estudou enxeñería de Camiños, Canles e Portos en Madrid, onde se doutorou, e comezou a traballar no Instituto Nacional de Industria (INI)[1].

Foi destinado inicialmente a Pontevedra, onde comezou as obras da fábrica de celulosa, e despois a Lugo[1]. Desempeñou distintos postos na Administración do Estado entre os anos 1957 e 1991, e no corpo de funcionarios chegou a ser inspector xefe de servizos. Dirixiu diversas obras hidráulicas e de estradas en lugares de Galicia e de España, como a ponte das Saamasas[1] sobre o río Miño que cruza a estrada de Santiago ao paso pola cidade de Lugo.

O seu primeiro contacto coa política foi nunha candidatura a deputado provincial[1], nos anos setenta, pero non foi elixido. Nos últimos meses do franquismo, en 1975, foi proposto para alcalde de Lugo polo gobernador provincial José Antonio Barrera Maseda, mais despois de figurar na terna non resultou escollido tampouco. En 1976 os concelleiros elixírono alcalde de Lugo, en oposición da candidatura do alcalde titular Basanta Varela, e ocupou a alcaldía de febreiro de 1976 a outubro de 1977. En paralelo, desempeñou o cargo de procurador en Cortes en representación dos municipios de Lugo entre marzo de 1976 e xuño de 1977. En outubro de 1977, ao ser nomeado inspector xefe de servizos, renunciou á alcaldía por incompatibilidade[1] e porque pensaba[1] que non sería reelixido para encabezar a candidatura da UCD, partido en que militaba, xa que el era do sector máis conservador de José María de Areílza e a á máis centrista xa pensara en Antonio Rosón para o cargo (finalmente foi Xosé Novo o escollido para liderar a candidatura).

Nas eleccións municipais de 1991, xa xubilado como funcionario, encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia e foi elixido alcalde de Lugo, de xuño de 1991 a xuño de 1995. Baixo o seu mandato derrubouse o Gran Teatro de Lugo, en 1992[2].


Predecesor:
Víctor Basanta Varela
  
Alcalde de Lugo
 
1976 - 1977
Sucesor:
Jesús Ibáñez Méndez
Predecesor:
Vicente Quiroga
  
Alcalde de Lugo
 
1991 - 1995
Sucesor:
Joaquín María García Díez

En 2021 impulsou a Fundación Notario Vacas - Caixa Rural para axudar economicamente estudantes da provincia de Lugo.

Distincións editar

En 2010 recibiu a Medalla ao mérito no traballo.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 García Calvo, Lorena (2021-10-31). "Tomás Notario Vacas: «¡En mi primer mandato salí alcalde de Lugo por viejo!»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-11-01. 
  2. "El Gran Teatro cumpliría 80 años". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-05-24. Consultado o 2020-05-25. 
  3. Nova na páxina web do Goberno de España (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar