Abrir o menú principal

Joaquín García Díez

político español

Joaquín María García Díez, nado o 16 de setembro de 1954 en Ferrol, é un político e biólogo galego.

Joaquín García Díez
Nome completoJoaquín María García Díez
Nacemento16 de setembro de 1954
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e biólogo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Bioloxía e militante do Partido Popular de Galicia, comezou a súa carreira como director do Instituto Lucense para o Desenvolvemento Económico e Social.

 
Suplente na lista do Congreso en 2109

En 1990 dá o salto á administración autonómica ao ocupar a secretaría xeral da consellería de Agricultura durante un ano. En 1991 presentouse como candidato a concelleiro dentro das listas municipais do PPdeG en Lugo, saíu elixido, e encargouse da primeira tenencia de alcaldía no equipo de Tomás Notario Vacas. Nas municipais de 1995 encabezou a lista do PPdeG e conseguiu a alcaldía da cidade das murallas, posto que ocupou durante catro anos.

En 1999 abandonou o cargo, e foi substituído polo seu concelleiro Ramón Arias Roca nas listas electorais, e polo socialista Xosé Clemente López Orozco na alcaldía. Regresou á administración autonómica, como secretario xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ata 2004, data en que concorreu como segundo candidato do PPdeG ás xerais de 2004. Saíu elixido deputado no Congreso e en 2008 presentouse á reelección, desta volta como cabeza de lista dos populares. Saíu elixido de novo, ao igual que en 2011. En 2015 volveu figurar como cabeza de lista dos populares ao Congreso dos Deputados.


Predecesor:
Tomás Notario Vacas
  
alcalde de Lugo
 
1995-1999
Sucesor:
Xosé Clemente López Orozco

Véxase taménEditar