Caixa Rural Galega
Caixa Rural Galega, Sociedad Cooperativa de Crédito Limitada Gallega é unha entidade bancaria que funciona baixo o modelo de cooperativa de crédito. O seu domicilio social está en Lugo.
Caixa Rural Galega, S.C.C.L.G | |
---|---|
Manuel Varela López, presidente de Caixa Rural Galega, nunha entrevista en 2018. | |
Tipo | Cooperativa de crédito |
Fundación | 1966 |
Localización | Rúa Montero Ríos 24-26, Lugo |
Persoas clave | Antonio Rosón, José María Pardo Montero, Manuel Varela López, Jesús Méndez |
Industria | Banca |
Produtos | Servizos financeiros e seguros |
Beneficio neto | 5.750.337 € (2020)[1] |
Número de empregados | 154 (2014)[2] |
Na rede | |
https://www.caixaruralgalega.gal/gl/quen-son e https://www.caixaruralgalega.gal/es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Posúe 47 sucursais en Galicia; 33 na provincia de Lugo, 6 na de Ourense, 3 na da Coruña e 5 na de Pontevedra. Emprega 152 persoas a tempo completo (2018) e ten 67.000 clientes[3] e arredor de 16.000 persoas socias[4]. Desde 1987 é a patrocinadora principal do club de atletismo Lucus Caixa Rural Galega[5].
Tras a fusión de Caixanova e Caixa Galicia, que tivo como resultado a venda ao grupo bancario venezolano Banesco e posterior fusión co Banco Etcheverría (dando orixe a Abanca), e a venda do Banco Pastor ao Banco Popular (e posteriormente ao Banco Santander[6]) e do Banco Gallego ao Banc Sabadell, erixiuse como a única entidade bancaria de capital galego. Os seus valores son a ligazón a Galicia e a representación, fronte ás grandes corporacións, do modelo de caixa de aforros tradicional, de proximidade, e ética.
Historia e características
editarO seu xerme foi a Caja Central de Ahorros y Préstamos de Lugo, creada en 1966 polos Sindicatos Católicos Agrarios coa finalidade de dotar dun instrumento financeiro ao sector agrario da provincia[7]. En 1979 inaugurou os servizos centrais na rúa Montero Ríos de Lugo, onde aínda continúa a súa sede actualmente[8]. Máis tarde, nos anos 80-90 e coindicindo coa conformación e consolidación do Grupo Caja Rural, tomou o nome de 'Caixa Rural de Lugo'[9]. Xa a finais da década dos 90, a apertura dunha sucursal en Melide (A Coruña) marcou o inicio da expansión a toda Galicia, mais non foi até 2001[10] cando adoptou a marca actual. Naquel momento xa era a única Caixa Rural que continuaba activa en Galicia, por causa da compra das Caixas Rurais da Coruña, Pontevedra e Ourense por Caixa Galicia[11].
Actualmente a súa estratexia de expansión pasa por abrir novas oficinas nas provincias atlánticas, onde menos presenza ten. A única grande cidade na que aínda non está presente é Ferrol. En 2016 celebrou o seu 50 aniversario usando o lema 50 anos comprometéndonos con Galicia, publicando o libro 50 anos cos pés na terra e estreando o seu primeiro vídeo promocional con testemuños dos primeiros clientes da entidade.
A súa estrutura organizativa ten como principal órgano a Asemblea Xeral, que escolle o Consello Reitor (formado pola Presidencia, Vicepresidencia, Secretaría e nove vogalías[12]). O cargo máis importante é o de Presidencia e dela depende a Dirección Xeral, de que dependen á súa vez os restantes órganos de decisión[13]. O seu primeiro presidente foi o avogado Antonio Rosón e estivo no cargo até 1986. Nesa altura foi substituído por José María Pardo Montero, dirixindo este a entidade durante case 30 anos até o seu falecemento en 2015. Entón foi relevado no cargo polo profesor, membro do Consello Reitor da Caixa e do Consello Galego de Cooperativas Manuel Varela López[14].
É unha das socias do Grupo Caja Rural. Esta unión permítelle ofertar todo tipo de produtos financeiros e compartir custos, xa que os investimentos en informática ou novos soportes son compartidos entre todos os membros. Os sistemas xiran arredor da empresa Rural Servicios Informáticos, cuxa marca principal é Ruralvia. Nela englóbanse os servizos de banca a distancia, ofrecendo unha versión de escritorio, aplicacións para móbiles e tabletas e servizos como o pago sen contacto a través da tecnoloxía NFC. Da xestión dos seguros comercializados polos membros ocúpase a empresa Rural Grupo Asegurador (Seguros RGA), mentres que Gescooperativo é quen xestiona os fondos de investimento. O Grupo tamén posúe a Asociación Española de Cajas Rurales, que serve como instrumento de coordinación e debate entre as Caixas asociadas.
O seu código SWIFT é BCOEESMM070[15].
Datos económicos
editarResultados
editarCifras en miles de euros | Exercicio 2010 [16] |
Exercicio 2011 [17] |
Exercicio 2012[17] |
Exercicio 2013[18] |
Exercicio 2014[2] |
Exercicio 2015[19] |
Exercicio 2016[4] |
Exercicio 2020[20][21][22] |
Exercicio 2021[23][24] |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Investimento crediticio | 346.804
|
399.170 |
457.908
|
529.559
|
583.646
|
571.467 | 427.832 | 460.241 | 768.000 |
Depósitos da clientela | 412.332 |
419.750 |
467.469
|
571.035
|
680.207
|
720.713 | 798.538 | 1.279.882 | 1.500.000 |
Fondos propios | 36.562 |
38.109 |
38.924
|
39.947
|
40.038
|
42.898 | 46.203 | 67.572 | |
Índice de morosidade | 2,21% |
2,87% |
6,55%
|
9,39%
|
9,27%
|
9,41% | 9,58% | 3,5% | 2,65% |
Solvencia (capital principal) | 10,77% |
10,78% |
9,6%
|
10,66%
|
11,39%
|
11,11% | 13,34% | 14,29% | 15,24 |
Beneficio neto | 2.015 |
1.823 |
1.046
|
1.259
|
1.850
|
3.119 | 3.146 | 5.750.337 | 6.320.000 |
Porcentaxe de investimento
editar2016 [4] | |
---|---|
Pemes e autónomos | 43,85%
|
Particulares | 39,89%
|
Finalidade, promoción e construción inmobiliaria | 11,65%
|
Administracións públicas | 2,43%
|
Grandes empresas | 2,18%
|
Notas
editar- ↑ "Cuenta de resultados pública individual 2020" (PDF).
- ↑ 2,0 2,1 "Informe Anual 2014" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2016.
- ↑ "Entrevista con José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega | Rede EUSUMO". www.eusumo.gal. Consultado o 2018-06-04.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Informe anual 2016 (PDF). 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ "HISTORIA DO CLUB". Atletismo Lucus. Arquivado dende o orixinal o 08/02/2018. Consultado o 04/11/2017.
- ↑ "A absorción total do Banco Pastor culmina o esfarelamento do sistema financeiro galego - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2018-11-13.
- ↑ Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agosto de 2016). "Entrevista a: Manuel Varela López, presidente de Caixa Rural Galega". Cooperación Galega (129): 14.
- ↑ Sermos Galiza. "Caixa Rural Galega, a última entidade de aforros cooperativa". Arquivado dende o orixinal o 07/11/2017. Consultado o 04/11/2017.
- ↑ Campogalego.com. "Caixa Rural Galega, 50 anos cos pés na terra". Arquivado dende o orixinal o 07/11/2017. Consultado o 04/11/2017.
Nos anos 90, a caixa promoveu xunto con outras entidades do resto do Estado o Grupo Caja Rural [...] Neses mesmos anos, a entidade toma o nome de Caixa Rural de Lugo
- ↑ Praza Pública. "O sistema financeiro galego, esfarelado nunha década pola crise e a mala xestión". Consultado o 04/11/2017.
Caixa Rural Galega. Denominación adoptada pola Caixa Rural de Lugo en 2001.
- ↑ David Lombao. "Fusións bancarias en Galicia". Consultado o 04/11/2017.
- ↑ "Membros do Consello Reitor" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/03/2018. Consultado o 23/03/2018.
- ↑ "Organigrama" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/03/2018. Consultado o 23/03/2018.
- ↑ "Manuel Varela López, nomeado presidente de Caixa Rural Galega". Consultado o 02/06/2016.
- ↑ "Bank Swift Codes". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2015.
- ↑ "Caixa Rural afrontará o saneamento que impón Madrid só cos depósitos da clientela". Praza Pública. Consultado o 17/05/2016.
- ↑ 17,0 17,1 "Informe Anual 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Informe Anual 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Informe Anual 2015" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Diciembre". UNACC (en castelán). Consultado o 2021-04-06.
- ↑ "A vaga expansiva do colapso de Novacaixagalicia aínda marca o tecido empresarial galego dez anos despois". Praza Pública. 2021-04-04. Consultado o 2021-04-06.
- ↑ "Caixa Rural Galega gana un 4% más tras las provisiones extraordinarias por el Covid-19". EXPANSION (en castelán). 2021-03-18. Consultado o 2021-04-06.
- ↑ "Caixa Rural Galega gañou 6,3 millóns de euros en 2021". NÓS DIARIO. 2022-05-15. Consultado o 2022-05-15.
- ↑ "Caixa Rural Galega obtivo no 2021 un beneficio de 6,32 millóns, o noveno ano consecutivo en positivo". La Voz de Galicia. 2022-05-14. Consultado o 2021-05-15.