José María Pardo Montero
José María Pardo Montero, nado en Sobrado o 24 de setembro de 1930 e finado en Lugo o 25 de outubro de 2015, foi un avogado e político galego.
José María Pardo Montero | |
---|---|
Nacemento | 1930 |
Sobrado | |
Falecemento | 25 de outubro de 2015 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito na USC. Exerceu como avogado en Vilalba. Casou con Ángeles Hortal Espinosa.
Como home público, tivo unha longa traxectoria política. Foi deputado de UCD por Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), logo senador na I lexislatura (1979-1982), parlamentario autonómico en 1981 e deputado por Pontevedra na III Lexislatura (1986-1989). En 1979 foi nomeado Conselleiro de ordenación do territorio, urbanismo e transportes da Xunta preautonómica. O 11 de abril de 1987 como representante do Partido Liberal, constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con Fernando García Agudín, por Coalición Galega e Enrique Marfany polo PDP.
Contribuíu á dinamización económica de Lugo desde o seu cargo como presidente de Caixa Rural Galega, que se converteu (dende 1986)[1] en tal na súa presidencia a partir da Caixa Rural de Lugo.
NotasEditar
- ↑ "Falece José María Pardo Montero, presidente de Caixa Rural Galega". El Progreso de Lugo. 2015-10-26. Consultado o 2020-03-29.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 262–265. ISBN 84-7507-044-2.
Outros artigosEditar
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición