Fernando García Agudín
Fernando García Agudín, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1935, é un político galego.
Fernando García Agudín | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1935 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1956, foi avogado do Estado dende 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña dende 1978. Foi tenente de alcalde do concello da Coruña (1971-1974) e representante de Galicia na Xunta Democrática de España (1974-1975). Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, fundou en xullo de 1976 o Partido Popular Galego ao unirse á Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Illa Couto. Foi deputado pola UCD no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985) e no Congreso na II lexislatura (1982-1986). Posteriormente integrouse en Coalición Galega da que foi elixido presidente no congreso de outubro de 1986[1]. O 11 de abril de 1987 como representante de Coalición Galega constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con José María Pardo Montero polo Partido Liberal e Enrique Marfany polo PDP.
NotasEditar
- ↑ "Los conservadores de CG eligen como presidente a García Agudín" 27/10/1986 El País (en castelán).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 158–161. ISBN 84-7507-044-2.