Constantino Velarde Plá

político español

Constantino Velarde Plá, finado en Madrid o 22 de xuño de 1926 [1], foi un político galego.

Constantino Velarde Plá
Falecemento22 de xuño de 1926
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Francisco de Borja Velarde Ramírez e Isabel Plá Huidobro. Concelleiro en Lugo, foi alcalde da cidade en 1891 e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Chantada en 1899. Volveu ser nomeado alcalde de Lugo o 1 de xullo de 1909, pero só permaneceu no posto ata outubro dese ano. Constantino Velarde mandou constituír en 1905 o edificio coñecido como palacete Velarde.


Predecesor:
Francisco Hermida Noya
  
Alcalde de Lugo
 
1891 - 1892
Sucesor:
José María Zubiri


Predecesor:
Rodrigo de la Peña García
  
Alcalde de Lugo
 
1909
Sucesor:
Ángel López Pérez


Vida persoalEditar

Casou en primeiras nupcias coa súa curmá María de la O Leandra Velarde Cuervo e en segundas nupcias con María González Fariñas.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Regional, 23-6-1926, p. 4.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar