Lara Méndez

política española

Lara Méndez López, nada en Suíza o 17 de setembro de 1972[1], é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Lara Méndez
Nome completoLara Méndez López
Nacemento17 de setembro de 1972
 Männedorf
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Enxeñeira Técnica Agrícola. Impartiu cursos de formación a traballadores e emprendedores. Foi Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo e dende 2003 tamén concelleira nesa localidade. Dende 2007 foi deputada provincial e Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número dous da lista do PSdeG-PSOE ao concello de Lugo, pero despois da renuncia do histórico alcalde Xosé López Orozco á súa acta de concelleiro, pasou a ser cabeza de lista do partido e foi elixida alcaldesa cos apoios de BNG e Lugonovo, sendo a primeira muller en ocupar este cargo. No ano 2019 preséntase por vez primeira como candidata á alcaldía, logra manter os apoios (8 concelleiros) e revalida o cargo de alcaldesa grazas a un pacto co BNG.


Predecesor:
Xosé López Orozco
  
Alcaldesa de Lugo
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar