Alcabre, Vigo
Santa Baia de Alcabre é unha parroquia do concello de Vigo na comarca homónima. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4.222 habitantes (2.001 homes e 2.221 mulleres). Limita coas parroquias de Bouzas, Coia, Comesaña e Navia e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André.[3] Ten 21 entidades de poboación, 3 lugares e 3.673 veciños (2013).
Alcabre | |
---|---|
Igrexa nova de Santa Baia de Alcabre. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°13′19″N 8°46′05″O / 42.222, -8.7681 |
Poboación | 4.222 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As súas entidades de poboación son as seguintes: A Ameixeira (102), Barreiro (243), O Carregal (313), O Castañal (85), O Cruceiro (65), A Fonte (71), Fontes (27), Forte (34), A Garita (57), A Igrexa (405), A Millareira (90), Montana (104), O Muíño do Vento (107), A Pardaíña (19), As Pertegueiras (78), Roade (557), A Robaleira (57), A Sobreira (184), Turido (131), A Veiguiña (174) e Viña Grande (94). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Casaliño, Freixeiro e A Quiringosta.
Xeografía
editarLimita polo leste con Bouzas e Coia, polo sur con Santo André de Comesaña e Navia e polo oeste e norte coa Ría de Vigo.
É unha das parroquias máis pequenas. Está na costa, e caracterízase xeograficamente polo gran número de praias que alberga. Contabilízanse ata dez: A Fontoura (case desaparecida), O Carril, Santa Baia, O Cocho ou Matadoiro, Mourisca, Fontes ou Olmos, Tombo do Gato ou da Fonte, A Espedrigada, O Cocho das Dornas e O Laxón (a parte máis ao norte da praia de Samil).
Patrimonio
editarNa contorna do Monte das Cruces topáronse pezas líticas dos anos 6.500-4.500 a.c., e nas escavacións arqueolóxicas de finais da década de 1980 apareceron na praia do Cocho, ao carón do Museo do Mar, restos de muros, tégulas, bases de columnas e muíños de man dun antigo asentamento romano.
Alberga un interesante conxunto relixioso do século XVIII, formado pola igrexa, a casa reitoral e o cemiterio. A nova igrexa de Santa Baia foi rematada no ano 1999 e, próximo a ela, atópase o pazo de Sensat construído na década de 1940. Tamén na parroquia atópase o Museo do mar de Galicia, construído sobre o castro da Punta do Muíño do Vento.
A praia de Fontes (famosa polos asasinatos de veciños despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936), acolle un monólito de homenaxe ás vítimas.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa vella de Santa Baia de Alcabre.
-
Pazo Los Escudos*****
-
Castro da Punta do Muíño do Vento.
Lugares e parroquias
editarLugares de Alcabre
editarLugares da parroquia de Alcabre no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
A Ameixeira | Barreiro | O Carregal | O Casaliño | O Castañal | O Cruceiro | A Fonte | Freixeiro | A Igrexa | A Millareira | Montana | O Muíño do Vento | A Pardaíña | As Pertegueiras | A Quiringosta | Roade | A Robaleira | A Sobreira | Turido | A Veiguiña | Viña Grande |
Parroquias de Vigo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "VIGO-SANTO ANDRÉ archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-12.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcabre, Vigo |
A Galipedia ten un portal sobre: Vigo |