A Igrexa, Arca, O Pino

lugar da parroquia de Arca, no concello do Pino
(Redirección desde «A Aldea Grande, Arca, O Pino»)

A Igrexa ou A Aldea Grande[1] é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE[2], en 2019 tiña 53 habitantes (19 homes e 34 mulleres). Na práctica, O Pedrouzo e A Igrexa atópanse un xunto ao outro, sen solución de continuidade.

A Igrexa

Igrexa neoclásica de Santaia de Arca
ParroquiaArca
ConcelloO Pino
Coordenadas42°54′06″N 8°21′47″O / 42.901583333333, -8.3631111111111Coordenadas: 42°54′06″N 8°21′47″O / 42.901583333333, -8.3631111111111
Poboación53 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

A orixe do topónimo é o latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa.[3]

Patrimonio editar

Nesta poboación atópase a igrexa parroquial de Santaia de Arca, construída no século XIX en estilo neoclásico e cunha soa torre-campanario. Conta cunha planta de cruz latina e unha soa nave. Ten a particularidade de que, no interior, a ábsida ten forma de vieira[4]. Na parte exterior conta cun diminuto e rústico reloxo de sol na parede sur do templo, a uns catro metros de altura.

Apenas a 125 m. ao nordés atópase o Cruceiro de Arca, orixinalmente do século XVII, pero con engadidos e arranxos que chegan ao século XX. O podio ou base é cadrado sobre o que hai un pedestal máis pequeno da mesma forma. Álzase sobre esta estrutura un fuste octogonal. A cruz é lisa, sen figuras, cos extremos lixeiramente potenzados e sobre unha variación de capitel toscano que ten un ábaco moldurado que se apoia sobre un equino e un colariño prismáticos e non cilíndricos[5].

Entre o retorcido casarío da Igrexa existen outros elementos etnográficos de relevancia. Así conta con varios exemplos de hórreos de tipo O Pino e cun pozo cuberto máis un bebedoiro na parte sur.

O cemiterio municipal encóntrase a uns 400 m ao sur da igrexa. Nas súas proximidades atopábase a chamada Casa de Brey, a da avoa e o resto da familia materna de Luís Seoane, que adoitaba visita o pintor e escritor galego. Desde esta casa disfrutábanse de boas vistas sobre as coñecidas como minas de cobre de Río Tinto[6].

Por fin, dentro do patrimonio natural, cómpre referirse á carballeira e a área recreativa da Igrexa, que se atopa a poucos metros do Cruceiro de Arca[7].

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Arca editar

Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña)

Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa

Parroquias do Pino editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Notas editar

  1. "DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña" (PDF). DOG (59): 3644. 25-3-2003. Consultado o 9-8-2020. 
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  3. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  4. Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 19. 
  5. "Arquitectura Religiosa (Cruceiros). Cruceiro de Arca" (pdf). patrimoniodeopino.es (en castelán). p. 7. 
  6. "Persoeiros históricos. Luís Seoane". Web oficial do Concello do Pino. Consultado o 18-8-2020. 
  7. "Carballeira y área recreativa da igrexa en Arca" (pdf). Patrimonio de O Pino (en castelán). p. 6. Consultado o 31-8-2020.