Abrir o menú principal

Ígor Lugrís

escritor e artista plástico galego

Ígor Lugrís Álvarez, nado en Melide en 1971, é un escritor e artista plástico galego, bisneto de Manuel Lugrís Freire, sobriño-neto de Urbano Lugrís González, sobriño de Ramón Lugrís Pérez e irmán do profesor da Universidade de Vigo, filólogo e tradutor Alberto Álvarez Lugrís.

Ígor Lugrís
Ígor Lugrís.jpg
Nacemento1971
 Melide
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi segundo premio de narrativa da Comisión Cultural de Filoloxía, na súa primeira edición, co relato "Plomo" (publicado baixo o alcume de Fermín Guevara). Tamén foi membro do consello de redacción da revista Ólisbos, os amantes da palabra[1]. En 1992 presentouse co relato "Era un home" ao III Certame de relato curto, organizado pola Asociación Cultural "Cidade Vella", xunto a Belén Eguía González, Pablo Hermida Lazcano, Santiago Xosé Bacariza Cortiñas e Roberto Duro Vilharaviz, entre outros, sendo os seus relatos publicados nunha escolma titulada "Muralla de Crescónio".

En 1997 editou en Letras de Cal o seu primeiro poemario, "Quen nos defende a nós dos idiotas?"[2], que obtén unha boa acollida.

Durante pouco tempo, desde xullo de 1998, ao carón dun negocio local que rexentou en Santiago de Compostela na rúa da Algalia de Abaixo 21, editou a folla voandeira Artefacto Burbur[3], boletín informativo de cultura alternativa na cidade.

En 1999 presentou a súa candidatura a concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais, no 14º posto da lista do BNG[4]. Aínda que non acadou a acta de concelleiro, a candidatura obtivo os mellores resultados do partido nacionalista dentro dos dez primeiros períodos electorais da Democracia do 78.

No 2001, debido ás dificultades sectoriais da edición[5], auto-editou baixo o nome de Artefacto Editorial o seu segundo libro de poemas, "Mongólia: umha entidade estatal rugosóide"[6], ilustrado por Baldo Ramos. Ao dicir de María do Cebreiro, ao falar das edicións de autor, «Ígor Lugrís (...) sustenta o seu pulo político e poético no uso da alegoría nacional, recurso que, desde outros presupostos, fora empregado tamén por Carlos Negro en Far-West. Neste poemario, moi efectivo na súa lectura pública, o desprazamento dos referentes xeoculturais actúa como instancia de lexitimación e estetización irónica dun discurso que, sen ser enmascarado parcialmente, podería esvarar cara ó prosaismo»[7].

A partir de mediados da primeira década do século XXI, comezou a desenvolver a idea de converter o poema nun obxecto plástico que se poida ao mesmo tempo ver e ler, recitar e expoñer. Como consecuencia dista idea organizou e expuxo a mostra Poesía Para Ver / Poesía Para Ler[8], que levou a Salvaterra de Miño (desde o 4 de setembro de 2008, dentro do Festival da Poesía no Condado)[9][10], Ponteareas, Santiago de Compostela (do 27 de novembro ao 27 de decembro de 2008)[11], Ferrol (do 6 de febreiro ao 28 de febreiro de 2009)[12][13], Cabañas Raras e Ponferrada (do 24 de abril ao 24 de maio de 2009)[14]. Desde maio de 2009 escribe no blog Ovnis e isoglossas[15], baixo o lema «defende a cultura: cópia todo o que saibas, todo o que poidas, todo o que queiras».

No 2009, o dúo musical galego Fanny + Alexander publicou no seu álbum Alfaias o tema "Artefacto Burbur"[16], coa letra dun poema homónimo publicado por Lugrís en Quen nos defende a nós dos idiotas?. En 2016 publicou en Através Editoria o libro de poemas Curso de Linguística Geral, que foi finalista do Prémio Literário Glória de Sant’Anna, outorgado anualmente na localidade portuguesa de Válega[17].

Desde o 2003 reside no Bierzo[18].

ObrasEditar

PoesíaEditar

Obras colectivasEditar

  • Muralla de Crescónio. III Certame de relato curto Asociación Cultural "Cidade Vella", 1992; Santiago de Compostela, Asociación Cultural "Cidade Vella".
  • Vis á Vis. Trinta e seis poemas e unha idea, 1997; Santiago de Compostela, Grupo de Apoio a Elías e Ramiro.
  • Bestiario, 1998; Edicións do Dragón.
  • dEfecto 2000, 1999; Letras de Cal.
  • O entrelazo das palabras, 1999; BNG de Compostela.
  • Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006; Difusora de Artes e Letras.
  • A Coruña á luz das letras, 2008; Trifolium.
  • XXII Festival da Poesia no Condado: Galiza Nom se Vende!!!, 2008; S.C.D. Condado.
  • 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!, 2015; Arredista Edicións.
  • Antonio Fernández Morales, autor berciano. Bicentenario do seu nacemento (1817-2017) (Edicións Fervenza, 2017).

NotasEditar

  1. Lugrís Álvarez, Ígor (1992). Era un home. Muralla de Crescónio. III Certame de relato curto Asociación Cultural "Cidade Vella" (Santiago de Compostela: Asociación Cultural "Cidade Vella"). p. 54. 
  2. "Quem nos defende a nós dos idiotas - [Texto íntegro]". aelg.org Centro de Documentación da AELG. Arquivado dende o orixinal o 02-11-2017. Consultado o 3-6-2017. 
  3. O primeiro número (impreso por unha soa cara) é de xullo de 1998, e o segundo (dobre páxina) de outubro do mesmo ano.
  4. "Candidatura do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)". vello.vieiros.com. Consultado o 3-6-2017. 
  5. 5,0 5,1 Recensión en Lupe Gómez (22-12-2010). "Mongólia: umha entidade estatal rugosóide". redelibros.es. Arquivado dende o orixinal o 15-07-2017. Consultado o 3-6-2017. 
  6. "MONGÓLIA Umha entidade estatal rugosóide - [Texto íntegro]". aelg.org Centro de Documentación da AELG. Consultado o 3-6-2017. 
  7. Rábade Villar, María do Cebreiro (2001). Dourada medianía no arranque do milenio ou ¿quen teme a nova poesía galega? (PDF). Anuario de Estudios Literarios Galegos. p. 273. [Ligazón morta]
  8. Cartaz con fotos da exposición en Flickr
  9. "XXII Festival da Poesía do Condado. Em Setembro, em Salvaterra". aportaverde.blogspot.com. 19-8-2008. Consultado o 22-5-2017. 
  10. "En Salvaterra, el arte no se vende". Galiciaé. 4-9-2008. Arquivado dende o orixinal o 04-09-2008. Consultado o 22-5-2017. 
  11. "Compostela: Poesia para Ver / Ler, de Igor Lugris". Axenda Cultural AELG. 24-11-2008. Consultado o 22-5-2017. [Ligazón morta]
  12. ""Poesía para ver/Poesía para ler" chega o 6 de febreiro a Ferrol". Galicia Hoxe (Santiago de Compostela). 29-1-2009. Consultado o 22-5-2017. 
  13. "Estevez e Lugrís, 'de xira' por Ferrol" (PDF). Vieiros. 2-2-2009. Consultado o 22-5-2017. 
  14. "Poesía Para Ver, Poesía Para Ler". dosmilvacas.com. 14-5-2009. Consultado o 22-5-2017. 
  15. Ígor Lugrís (2009-actualidade). "Ovnis e isoglossas". agal-gz.org. Consultado o 21-5-2017. 
  16. "Artefacto Burbur", de Fanny + Alexander, en Youtube
  17. Alfredo Ferreiro (14-4-2016). "Pedro Casteleiro e Igor Lugris, em foco desde Portugal". blog de Alfredo Ferreiro. Consultado o 19-10-2018. 
  18. "Biografía na web de Através Editoria". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 22 de maio de 2017. 

BibliografíaEditar

  • Nogueira Pereira, María Xesús (1999). Do Fonema á Paisaxe: o discurso metalingüístico na poesía galega dos noventa. Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Homenaxes 2. Rosario Álvarez Blanco e Dolores Vilavedra Fernández (coordinadoras) (Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico). pp. 1061–1077. ISBN 84-8121-807-3. Outros contidos sociais relacionados coa lingua, ao longo da década dos 90, denotan unha visión crítica desde un certo optimismo. Tal é o caso de textos coma este fragmento apoloxético de Ígor Lugrís: "Se alguén che pregunta / di-lle que a lingua se defende ben dos idiotas / Mas a nós / a nós / quen nos defende a nós dos idiotas?" (Lugrís 1997: 21). Con todo interésanos resaltar aquí ata que punto o grao de 'filololixacion' dos escritores, entendida esta non só nun sentido académico, afastou este discurso dun lector ideal pouco especializado. Un exemplo atopámolo nun texto do escritor ao que nos acabamos de referir, "Artefacto Burbur", no que se compara implicitamente a lingua galega co dálmata, ao lembrar a morte de Antonio Udina, o seu derradeiro falante: "Entre nós nunca haverá un Elvis / a non ser que se faga branco e fale coa língua dos brancos. / Mas todos somos António Udina / e chaman-nos Burbur / Elvis era branco e por iso gravou muitos discos / António Udina non era negro / mas a sua língua non era de brancos / aínda que todos falamos dálmata algunha vez na nosa vida" (Lugrís 1998: 34). 

Véxase taménEditar