Xunta Xeral do Principado de Asturias
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A Xunta Xeral do Principado de Asturias (Xunta Xeneral del Principáu d'Asturies en asturiano, Junta General del Principado de Asturias en castelán) é o órgano supremo de representación do pobo asturiano, segundo recolle o Estatuto de Autonomía de Asturias. Os seus membros son elixidos polos cidadáns de forma democrática nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias e desempeña o papel lexislativo.
Xunta Xeral do Principado de Asturias (galego) Xunta Xeral del Principáu d'Asturies (asturiano) Junta General del Principado de Asturias (castelán) | |
---|---|
XI lexislatura autonómica | |
![]() | |
Datos xerais | |
Ámbito | ![]() |
Creación | 1982 |
Tipo | Parlamento autonómico (unicameral) |
Límite | Lexislatura de 4 anos |
Inicio de sesións Cámara alta | 24 de xuño de 2019 |
Liderado | |
Presidente | Marcelino Marcos Líndez (FSA-PSOE) |
Vicepresidenta primeira | María Celia Fernández Fernández (FSA-PSOE) |
Líder da maioría | Adrián Barbón (FSA-PSOE) |
Líder da oposicion | Teresa Mallada del Castro (Partido Popular) |
Composición | |
Membros | 45 |
![]() | |
Grupos representados | Goberno: - FSA-PSOE: 20 deputados
|

A función executiva é asignada a outro órgano que xorde do propio parlamento: o Goberno do Principado de Asturias. O Presidente do Principado é elixido pola Xunta Xeral entre os seus membros e este encárgase de designar o Consello de Goberno cuxo labor é controlado pola cámara. Así mesmo, tamén lle corresponde á Xunta Xeral aprobar os orzamentos da comunidade autónoma.
Organización e funcionamentoEditar
Deputados e grupos parlamentariosEditar
Os deputados representan o pobo asturiano e son escollidos por este baseándose en tres circunscricións electorais. Gozan duns dereitos e adquiren unhas obrigacións. Tamén desfrutan de certas prerrogativas como a inviolabilidade e o foro especial. Os deputados agrúpanse en grupos parlamentarios.
Cada partido político ou coalición electoral só pode constituír un grupo parlamentario. Os grupos parlamentarios fórmanse do seguinte xeito:
- Por tres ou máis deputados que pertenzan a un mesmo partido político ou coalición electoral.
- Os deputados de partidos ou coalicións electorais que non acaden o número mínimo de 3 pasan a formar o Grupo Parlamentario Mixto.
- Os deputados que se separen do seu grupo parlamentario pasan ao Grupo Parlamentario Mixto.
A distribución dos 45 deputados que compoñen a Xunta, na súa IX lexislatura, que foi composta o 27 de abril de 2012, é a seguinte:[1]
Grupo parlamentario | Deputados |
---|---|
Socialista (FSA) | 17 |
Foro Asturias (FAC) | 12 |
Popular (PP) | 10 |
De Izquierda Unida (IU) | 5 |
Mixto (UPyD) | 1 |
O mesmo día da composición da xunta, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias fixo pública a súa decisión de non validar os votos da circunscrición occidental asturiana que daban un escano ao PSOE polo que por primeira vez na historia democrática asturiana a Xunta constituíuse con só 44 deputados,[2] á espera da resolución final do Tribunal Constitucional de España, que, finalmente, adxudicoulle o escano en disputa á Federación Socialista Asturiana. Ao final o escano seríalle adxudicado a Foro Asturias, polo voto exterior, polo recurso que presentara este ante o Tribunal de Xustiza de Asturias.[3]
ComisiónsEditar
Son grupos de deputados que estudan asuntos que se lles encomendan e levan ao Pleno da Xunta Xeral propostas ou ditames. Ás veces actúan con poder decisorio, ao aprobar resolucións de carácter non lexislativo. Tamén controlan o cumprimento que fai o Consello de Goberno das mocións e resolucións de proposicións non de lei. Intégranas membros designados polos grupos parlamentarios no número sinalado pola Mesa unha vez escoitada a Xunta de Portavoces. Todos os grupos teñen dereito a contar cun representante como mínimo en cada comisión. Cada comisión ten unha Mesa integrada por un Presidente, Vicepresidente e un Secretario elixidos entre os seus compoñentes.
Deputación PermanenteEditar
Está composta polos deputados que elixen os grupos parlamentarios en proporción á súa importancia numérica que designa a Mesa tras escoitar á Xunta de sesións. Presídea o Presidente da Xunta Xeral e a súa Mesa é a da cámara.
Xunta de PortavocesEditar
Está composta polos portavoces dos grupos parlamentarios e o Presidente da Xunta Xeral. Entre as súas misións destacan a determinación da orde do día das sesións do Pleno, e a designación do número de membros das comisións e a Deputación Permanente. As súas decisións son tomadas por voto ponderado, representando cada portavoz tantos votos como deputados teña o seu grupo parlamentario.
PlenoEditar
É o órgano supremo da Xunta Xeral, formando parte del todos os deputados desta. Os membros do Consello de Goberno poden asistir e intervir nas sesións independentemente de que sexan tamén deputados da Xunta Xeral.
A MesaEditar
É o órgano reitor da Xunta Xeral e ostenta a súa representación colexiada. Componse do Presidente da Xunta Xeral, dous vicepresidentes e dous secretarios. Tamén poden designarse vocais adscritos que asisten con voz e sen voto a algunhas das súas reunións representado a partidos que non teñan ningún deputado nela. Algunhas das súas funcións son:
- Ordenar o traballo
- Decidir a tramitación de escritos e documentos parlamentarios
- Elaborar, dirixir e controlar a execución do orzamento da Xunta Xeral
- Organizar a Administración parlamentaria
Reúnese convocada polo Presidente da Xunta Xeral e os seus membros escóllense na sesión constitutiva da cámara, presidida ao inicio por unha Mesa de idade constituída polo deputado electo de maior idade como Presidente asistido polos dous de menor idade como secretarios.
Presidente da Xunta XeralEditar
O Presidente da Xunta Xeral ostenta a máxima representación da cámara e elíxese na súa sesión constitutiva entre os deputados desta. Entre as súas misións destacan dirixir os debates, interpretar o regulamento da cámara e fixar de acordo coa Xunta de Portavoces a orde do día das sesións do Pleno. Preside tamén, a Mesa, a Xunta de Portavoces e a Deputación Permanente. A continuación pódese ver unha táboa cos presidentes da Xunta Xeral desde 1982.
Lexislatura | Presidente | Partido |
---|---|---|
Provisional | Agustín José Antuña Alonso Eugenio Carbajal Martínez * |
UCD FSA-PSOE |
I | Juan Ramón Zapico García | FSA-PSOE |
II | Antonio Landeta y Álvarez-Valdés | AP |
III | Laura González Álvarez** Eugenio Carbajal Martínez |
IU FSA-PSOE |
IV | Ovidio Sánchez Díaz*** Faustino González Alcalde |
PP FSA-PSOE |
V | María Jesús Álvarez González | FSA-PSOE |
VI | María Jesús Álvarez González | FSA-PSOE |
VII | María Jesús Álvarez González | FSA-PSOE |
VIII | Fernando Goñi Merino | PP |
IX | Pedro Sanjurjo González | FSA-PSOE |
*Agustín José Antuña Alonso desde o 6 de marzo de 1982 até o 14 de xaneiro de 1983 e Eugenio Carbajal Martínez desde o 14 de xaneiro de 1983 até o 31 de maio de 1983.
**Desde o 21 de xuño de 1991 até o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituída por Eugenio Carbajal Martínez.
***Substituído por Faustino González Alcalde nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.
Vicepresidente Primeiro da Xunta XeralEditar
A continuación pódense ver os vicepresidentes primeiros da Xunta Xeral desde 1982.
Lexislatura | Presidente | Partido |
---|---|---|
Provisional | Eugenio Carbajal Martínez María Aurora Puente Uría * |
FSA-PSOE PCE |
I | José Ramón García Queipo | FSA-PSOE |
II | Adolfo Barthe Aza | CDS |
III | Eugenio Carbajal Martínez ** Amalia Maceda Rubio |
FSA-PSOE IU |
IV | Faustino González Alcalde*** José Ramón García Cañal |
FSA-PSOE PP |
V | Juana María González del Cabo | FSA-PSOE |
VI | Manuel Aurelio Martín González | IU |
VII | Manuel Aurelio Martín González | IU |
VII | Diana Camafeita Fernández | IU |
VIII | Vicente Herranz González | FSA-PSOE |
IX | Pelayo Roces Arbesú | FAC |
*Eugenio Carbajal Martínez desde o 6 de marzo de 1982 até o 14 de xaneiro de 1983 e María Aurora Puente Uría desde o 14 de xaneiro de 1983 até o 31 de maio de 1983.
**Desde o 21 de xuño de 1991 até o 8 de xaneiro de 1993 sendo substituído por Amalia Maceda Rubio
***Substituído por José Ramón García Cañal nunha sesión celebrada o 18 de marzo de 1999.
Vicepresidente Segundo da Xunta XeralEditar
A continuación pódense ver os vicepresidentes segundos da Xunta Xeral desde 1982.
Lexislatura | Presidente | Partido |
---|---|---|
Provisional | Juan Bautista Fernández Fidalgo Antonio García Linares * |
UCD |
I | Antonio Landeta y Álvarez-Valdés | AP |
II | Carlos Rojo Pérez | FSA-PSOE |
III | María Isabel Pérez-Espinosa González-Lobón | PP |
IV | Francisco Javier García Valledor | IU |
V | Pelayo Roces Arbesú | PP |
VI | Pelayo Roces Arbesú | PP |
VII | Pelayo Roces Arbesú** Carlos Galcerán Quirós |
PP |
VIII | Pelayo Roces Arbesú | FAC |
IX | José Agustín Cuervas-Mons García-Braga | PP |
*Juan Bautista Fernández Fidalgo desde o 6 de marzo de 1982 até o 14 de xaneiro de 1983 e Antonio García Linares desde o 14 de xaneiro de 1983 até o 31 de maio de 1983.
**Pelayo Roces Arbesú dáse de baixa no Partido Popular, entregando a súa acta de deputado el 3 de xaneiro de 2011.
HistoriaEditar
A Xunta Xeral do Principado de Asturias ten a súa orixe en 1388, cando o rei Xoán I de Castela crea o Principado de Asturias, inaugurando o título de Príncipe de Asturias o infante Don Henrique, que logo sería Henrique III de Castela. Como órgano xestor creouse a Xunta de Concellos, que estivo vixente até 1834, cando se suprimiu para a creación da Deputación Provincial.
Cabe destacar que o 25 de maio de 1808, a Xunta Xeral proclamouse soberana, rebelándose contra o poder central en mans dos franceses. Enviáronse embaixadores a Inglaterra e declaróuselle a guerra a Napoleón.
Sede parlamentariaEditar
A Xunta Xeral ten a súa sede actualmente nun palacio de estilo neoclásico situado no terreo do antigo convento de San Francisco, na rúa Fruela de Oviedo. Antes de utilizar este palacio reuníase na Catedral de Oviedo.
NotasEditar
- ↑ Grupos parlamentarios no sitio web da Xunta Xeral do Principado de Asturias Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 3 de xuño de 2012.
- ↑ Pedro Sanjurjo, Presidente de una Junta General del Principado compuesta por 44 diputados tras el fallo del TSJA La Nueva España.
- ↑ El TSJA devuelve a Cascos el escaño dado al PSOE ABC'
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xunta Xeral do Principado de Asturias |