Diego Canga
Diego Canga Fano, nado en Oviedo o 25 de decembro de 1964, é un avogado e alto funcionario da Unión Europea, designado como candidato á presidencia do Principado de Asturias polo Partido Popular, como independente ao non militar no partido, nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2023 [1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1964 (59 anos) Oviedo, España |
Educación | Universidade de Oviedo - dereito (–1987) Universidade Libre de Bruxelas (1987–1988) |
Actividade | |
Ocupación | alto funcionario, avogado |
Traxectoria
editarLicenciouse en dereito en 1987 na Universidade de Oviedo e completou a súa formación en dereito especial para asuntos europeos na Universidade Libre de Bruxelas en 1988 [2]. Foi profesor adxunto de Dereito Internacional Público na Universidade de Oviedo en 1988 e 1989, para logo incorporarse como avogado á compañía auditora Arthur Andersen en Madrid, onde pasou dous anos antes de establecerse en Bruxelas, en setembro de 1991, como letrado no servizo xurídico da Comunidade Europea. Entre 1991 e 1994 foi administrador da secretaría xeral do consello e entre 1994 e 1999 administrador principal do servizo xurídico do Consello, primeiro para asuntos institucionais e máis de persoal, e dende xaneiro de 1996, asistente do director xeral [3].
En 1999 entrou como adxunto do gabinete de Loyola de Palacio, vicepresidenta da Comisión Europea, como asesor xurídico; e en 2008 pasou a formar parte, como xefe adxunto, do gabinete de Antonio Tajani, vicepresidente da Comisión Europea responsable de Transportes, e ascendeu en 2012 a xefe de gabinete do vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Industria, Empresas, Turismo e Espazo (Antonio Tajani) e acadou así o máximo rango no funcionariado da Unión Europea[4], posto que ocupou ata xullo de 2014. Entre 2012 e 2015 formou parte do consello asesor do socialista Javier Fernández Fernández, presidente do Principado de Asturias [5]. Entre 2017 e 2019 foi xefe de gabinete do presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani.
En 2018 recibiu a medalla de prata do Principado pola defensa dos intereses da autonomía nas principais organizacións europeas[6] [7]. Dende novembro de 2022 é director de sensibilización, investigación e indicacións xeográficas da dirección xeral de agricultura e desenvolvemento rural da Comisión Europea[8].
Notas
editar- ↑ "El PP elige a Diego Canga como su candidato en Asturias". La Voz de Asturias. 29 de novembro de 2022.
- ↑ "Canga Fano, Diego". biografiasasturias.es.
- ↑ CV de Diego Canga no Parlamento Europeo CV Diego Canga
- ↑ "Diego Canga, la impresionante trayectoria de un hombre con la mirada siempre puesta en Asturias". La Nueva España. 28 de novembro de 2022.
- ↑ "La competitividad y el empleo serán el primer objetivo del consejo asesor". RTPA. 27 de decembro de 2012.
- ↑ "«Asturias se ve desde fuera cada vez mejor, pero se necesita más emprendimiento»". El Comercio. 28 de novembro de 2022.
- ↑ "El Consejo de Gobierno concede la Medalla de Oro de Asturias a los centros asturianos centenarios". Asturias Exterior. 20 de agosto de 2022.
- ↑ "Sensibilisation, recherche et indications géographiques (AGRI.F)". Office des publications de l’Union européenne.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Conferencia de Diego Cano en Oviedo en 2014: "Enseñanzas del caso Tenneco, ¿se podría repetir algo así?"