Xosé Eiroa

escultor galego (1892-1935)

Gabriel Xosé Eiroa Barral, nado en Santiago de Compostela o 30 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 1935, foi un escultor galego.

Xosé Eiroa
Nacemento30 de novembro de 1892
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento21 de febreiro de 1935
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Ocupaciónescultor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

De formación autodidacta, comezou a traballar no obradoiro do seu pai marmorista na rúa Nova.[1] A través de Sixto Aguirre coñeceu o grupo dos Novos ou Renovadores da arte galega que o animaron a dedicarse á escultura.[1] Participou nos parladoiros composteláns dos anos trinta e, a través de Luís Seoane e Carlos Maside, interesouse polas novas tendencias.[1]

A súa obra tentou renovar a linguaxe plástica do momento ao arredarse do folclorismo e da anécdota imperante, inquedanzas artísticas relacionadas co movemento renovador da arte galega.[1] Potenciou os aspectos intrínsecos da escultura, a forma, o volume, a materia e o espazo, pero espiu as súas esculturas de calquera detalle anecdótico ou pintoresco.[1] Os principios básicos das súas obras foron a sinxeleza e os volumes redondeados e nas que o corpóreo e o táctil se impuñan sobre o pictórico;[1] tecnicamente dotounas dun arcaísmo formal e dunha materialidade pétrea, entendible pola súa falta de formación artística, pero que tamén ten que ver coa influencia da tradición popular.[1]

Realizou tamén tallas en madeira, nas que procedeu con máis dinamismo,[2] e imaxes de Cristo. Destacan, entre outras, Campesiña sentada (1930), Leiteira, Maternidade e Moza peiteándose.[1] A súa obra está presente nas coleccións do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de Santiago de Compostela.[1]

 
Castelao, Seoane, Eiroa e Cuadrado, diante do portal da consulta do Dr. José Barros Sanromán en Compostela en 1932.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar