Sixto Aguirre
médico e político galego
Sixto de Aguirre Garín, nado en Rianxo o 1 de setembro de 1901 e finado en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936, foi un médico e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1901 ![]() Rianxo, España ![]() |
Morte | 14 de agosto de 1936 ![]() Saa, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
Familia | |
Parentes | Luís Aguirre del Río, tío ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarResidía na aldea de Imo en Dodro. A súa casa familiar era unha mansión grande e suntuosa pero sen excesivos fastos, construída a fins do século XVIII polos seus devanceiros. Era fillo do avogado Alejandro Nicolás Aguirre del Río e María Dolores Garín. Sobriño do poeta Luís Aguirre del Río[1].
Viviu en Santiago de Compostela e estaba vinculado á Izquierda Republicana. Foi detido en Dodro[2] e paseado con Camilo Díaz Baliño en Palas de Rei; o seu cadáver apareceu á beira da estrada nas proximidades do lugar de Saa[3].
Notas
editar- ↑ Gloria a Sixto Aguirre! Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. El Correo Gallego (11-8-2008).
- ↑ "Os sucesos de outubro de 1934", no blog Rianxeiros (23-12-2009).
- ↑ Sixto Aguirre Garín, Nomes e Voces.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sixto Aguirre |
Bibliografía
editar- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. Concello de Rianxo.