María do Socorro Ortega Romero

historiadora e profesora galega

María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.

María do Socorro Ortega Romero
Nacementoséculo XX
 Arteixo
Falecemento12 de decembro de 2011
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónHistoriadora da arte e profesora
CónxuxeFrancisco Porto Mella
FillosRosario Porto Ortega
LinguaCastelán
XénerosPublicacións de Historia da Arte
EstudosDiplomada en Maxisterio e Enfermaría
Licenciada e Doutora en Xeografía e Historia
Na rede
Dialnet: 278008
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formación académicaEditar

Diplomada en Maxisterio e Enfermaría, estudou na Universidade de Santiago de Compostela a carreira de Filosofía e Letras (sección de Historia). Despois de licenciarse, acadou o doutoramento en 1966.[1][2]

Cargos docentesEditar

Profesora adxunta interina da cátedra de Xeografía e Historia do Instituto Arzobispo Gelmírez (1955-1960). En 1966 acadou, por oposición, a praza de profesora adxunta (despois, profesora titular) de Historia da Arte Moderna e Contemporánea, cargo que desempeñou até a súa xubilación.[1][2]

Outros cargosEditar

Foi directora da Sección de Arte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, e formou parte do Consello de Redacción da revista Cuadernos de Estudios Gallegos. Así mesmo, foi membro do Comité Español de Historiadores da Arte e da Real Academia Galega de Belas Artes.[1][2] Desde o ano 2010 até a súa morte un ano máis tarde, foi a presidenta sa Asociación de Antigos Alumnos da USC.[3]

María do Socorro Ortega faleceu repentinamente en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011.[3]

Vida persoalEditar

Casou con Francisco Porto Mella (avogado) e foi nai dunha única filla, Rosario Porto Ortega, e avoa de Asunta Basterra Porto.

HomenaxeEditar

A Xunta de Galicia publicou en Santiago, na súa homenaxe, en 2002, o libro Estudios sobre patrimonio artístico; homenaje del Departamento de Historia del Arte y de la Facultad de Geografía e Historia de la Universidad de Santiago de Compostela a la Prof. Dra. Mª del Socorro Ortega Romero, coordinado por María Dolores Barral Rivadulla e José Manuel López Vázquez. ISBN 84-453-3340-2.

PublicaciónsEditar

Durante a súa carreira docente, Ortega Romero publicou numerosas obras sobre arte compostelá, e máis concretamente sobre o barroco, e sobre outros aspectos urbanísticos de Santiago, como a historia do Pazo de Raxoi ou a vida do arquitecto do século XVIII Miguel Ferro Caaveiro, mestre de obras da catedral.[3]

Artigos en revistasEditar

Publicou os seguintes dez artigos:[4]

  • "Julio Argüelles: pintor". Abrente: Boletín de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, Nº 32-34, 2000-2002, páxs. 15-32.
  • "La capilla del Cristo de Conxo". Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo 35, Nº 100, 1984-1985, páxs. 451-480.
  • "Obras en la red viaria que daba acceso a la Compostela del siglo XVIII". Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo 39, Nº 104, 1991, páxs. 173-192.
  • "La iglesia de Nuestra Señora de la Angustia -San Frutuoso- en Santiago de Compostela". Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo 44, Nº 109, 1997, páxs. 221-242.
  • "Planos de Miguel Ferro Caaveiro para construir un hospicio en Santiago". Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo 26, Nº 80, 1971, páxs. 307-318.
  • "El arquitecto Miguel Ferro Caaveiro". Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo 25, Nº 76, 1970, páxs. 143-164.
  • "Noticias sobre la construcción del Ayuntamiento de Santiago de Compostela". Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo 21, Nº 63, 1966, páxs. 81-102.
  • "En torno a la construcción del Palacio de Rajoy de Santiago de Compostela". El Museo de Pontevedra, Nº 37, 1983, páxs. 325-330.
  • "Temática religiosa en la pintura gallega del siglo XX". Abrente: Boletín de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, Nº 31, 1999, páxs. 99-146.
  • "Notas históricas de arte gallego". Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo 32, Nº 96-97, 1981, páxs. 525-530.

Artigos en obras colectivasEditar

Tamén publicou seis artigos en obras colectivas:[5]

  • "Dos pintoras miembros de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario". Simposio Internacional Muller e Cultura. Compostela, 27-29 de febreiro de 1992. Coord. por Aurora Marco López, 1993, ISBN 84-8121-041-2, páxs. 373-382.
  • "Jenaro Carrero: uno de los pintores gallegos de la “Generación Doliente”". El arte del siglo XIX: II Congreso Español de Historia del Arte. Valladolid, 11-14 de decembro de 1978, Vol. 1, 2007.
  • "Los puentes en la ciudad de Santiago y su entorno, en el siglo XVIII". Los caminos y el arte: VI Congreso Español de Historia del Arte, Santiago de Compostela, 16-20 de xuño de 1986, Vol. 2, 2007 (El arte en los caminos), ISBN 84-7191-573-1, páx. 7.
  • "Las murallas de Compostela en los siglos XVI-XVII". La ciudad y el mundo urbano en la historia de Galicia. Coord. Ramón Villares Paz, 1988, ISBN 84-86728-25-8, páxs. 225-240.
  • "Alteración urbanística de un conjunto monumental contemporáneo: el Templo de la Veracruz de Carballiño (Orense)". Primer Congreso Español de Historia del Arte. Trujillo, 10-12 de xuño de 1977.
  • "Reformas urbanísticas en la Compostela neoclásica: el proyecto de Cermeño para la plaza de Santa Susana". Experiencia y presencia neoclásicas: Congreso Nacional de historia de la arquitectura y del arte. La Coruña, 9-12 de abril de 1991. Coord. por Xosé Fernández Fernández, 1994, ISBN 84-88301-78-2, páxs. 143-152.

NotasEditar