José Eiroa Mosquera

político e xornalista galego

José Ricardo Eiroa Mosquera, nado en Ferrol cara a 1907 e finado no mesmo concello o 9 de novembro de 1937, foi un político e xornalista galego.

José Eiroa Mosquera
Nacemento1907
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento9 de novembro de 1937
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Empregado da Constructora Naval. Foi presidente do Partido Republicano Radical Socialista de Ferrol. Colaborou en El Pueblo Gallego e dirixiu o semanario Renovación. Foi secretario de Unión Republicana de Ferrol e asistiu ao Congreso do partido celebrado en Madrid en outubro de 1935[1]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa do seu sogro. Descuberto en marzo de 1937, foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión militar con Alfonso de Cal Fernández, sendo condenado á pena de morte. Foi executado en Ferrol no Arsenal o 9 de novembro de 1937.

NotasEditar

  1. La Libertad, 5-10-1935, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar