Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Física Santiago 2022

  • Proxecto: Proxecto de iniciación á Galipedia
    Responsable: FormacionWiki. Para enviar un correo electrónico premer aquí
  • Lugar da formación: ETSE Santiago (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Formación dos contribuíntes: Estudantado da materia de Física, de 1º curso de Enxeñería Química
    Número de contribuíntes: 56. Idade dos contribuíntes: ~18-20 anos
  • Calendario:
    Comezo do proxecto: 2 de febreiro de 2022
    Finalización do proxecto: 11 de marzo.
  • Aviso importante: Como o profesorado da materia indicou un novo paso (novas correccións) e un novo prazo de entrega que remata o 16 de marzo ás 23:59, todas as solicitudes de publicación ou borrado (enviadas ao correo de FormaciónWiki ou expresadas a través da Galipedia) serán procesadas a partir do día 17 de marzo.
  • Data límite para indicar o borrado de subpáxina ou para mover a biografía ao espazo principal: 20 de marzo
  • Data límite para retirar os marcadores en uso (persoas que publicaron directamente no espazo principal): 20 de marzo

Obxectivos editar

Introdución á edición en Galipedia a través da tradución ao galego de biografías de mulleres relevantes nas áreas de Ciencia e Tecnoloxía procedentes doutras wikipedias.

Artigos do proxecto editar


Preme no botón "Expandir" para ver toda a táboa

Creación de conta

É importante que o alumnado sexa consciente de que todas as edicións en Wikipedia van asociadas sempre ou a un nome de conta ou a unha ip do dispositivo utilizado. Para a avaliación do traballo por parte do profesorado da materia universitaria é necesaria a creación dunha conta en wikipedia en caso de non contar xa con unha. Antes da escolla dun nome de usuaria/o, que será visible en cada unha das contribucións feitas por cada persoa, é importante ser consciente da política de protección de datos persoais que é de aplicación na Wikipedia, dispoñible completa en inglés aquí e nun resumo amigable en galego aquí. Con anterioridade á sesión presencial achegase ao alumnado unha guía sobre a xestión e creación de contas na Galipedia. Nela proporcionase unha explicación sobre este tema adaptada ás características deste proxecto de iniciación á edición. É importanta lembrar os seguintes puntos:

  • Só é obrigatorio achegar un nome de usuaria/o e un contrasinal para a conta, se ben é recomendable achegar unha conta de correo electrónico para poder recuperar estas claves se se esquecesen.
  • Non é necesario que o nome escollido para a conta se corresponda co nome oficial da persoa. Esta escolla, así como a publicación na páxina propia de cada usuaria ou usuario de calquera información persoal, será unha decisión individual e totalmente optativa de cadaquén; para o seguimento traballo e a avaliación do proxecto en Wikipedia só se terán en conta os nomes de usuario/a das persoas participantes. O profesorado da materia, dentro do marco das súas aulas, avaliará as biografías resultantes e o alumnado implicados.
  • Por todo iso, e segundo as normas e políticas da Galipedia, non se permite publicar en Wikipedia calquera tipo de información persoal doutras persoas participantes.
Selección de artigo e seguimento

Na táboa de biografías achéganse as entradas suxeridas para traducir, indicando as ligazóns´a outras wikipedias. Unha vez escollida a biografía que queramos traducir é importante comprobar que non existe xa en galego (puido ser creada por outras persoas da comunidade de Galipedia dende o inicio do proxecto) Para comprobalo entraremos na ferramenta de tradución e escribiremos o nome e apelido(s) da biografiada. Se recibimos un aviso de quea biografía xa existe en Galipedia sería necesario escoller outra diferente.

  • Unha vez comprobado que non existe, abriremos unha nova lapela ou volveremos a esta páxina de proxecto xa que é moi importante escribir o texto "en progreso" na táboa, para evitar que coincidamos con outra persoa traballando no mesmo artigo. Para engadir este texto seleccionaremos editar táboa e premeremos no campo en branco da columna "Estado". No resumo de edición poremos tamén "en progreso", previsualizaremos para comprobar que está na fila correcta e premeremos publicar. Logo disto poderemos volver á ferramenta de tradución e retomar o traballo.
Como acceder á ferramenta de tradución

Logo de acceder coas nosas claves na conta de Wikipedia prememos nesta ligazón e xa dentro da ferramenta, no botón nova tradución. Para seleccionar a lingua, prememos no botón de lingua que aparecerá na parte dereita da caixiña de busca. Deste xeito sairá un menú despregable onde poderemos a lingua de orixe dende onde queremos traducir. Feito isto teclaremos o nome e apelido(s) da biografiada para comprobar se está aínda por traducir ou non, como indicamos no punto anterior. Cando non existe en galego aparece a mensaxe "páxina non dispoñible en galego". Ollo que cando xa existe a páxina na Galipedia aparecerá sombreado en laranxa que a páxina "xa existe en galego" e a ligazón ao artigo, pero permite traducila igualmente. Se xa existise en galego escolleremos outra. Para comezar a tradución hai que premer no botón comezar a tradución.

Traballo en progreso

Segundo vamos traducindo quedan gardados os cambios na tradución dentro da propia ferramenta. Deste xeito podemos ir traducindo aos poucos, xa que cada vez que accedamos de novo á ferramenta de tradución o noso traballo anterior aparecerá.

Publicar a tradución como borrador

Na icona da rodiña de configuracións, é moi importante, unha vez que rematemos de traducir, que escollamos a opción "Borrador persoal'"' nos parámetros de publicación e que premamos o botón de gardar os cambios. Deste xeito publicaremos o borrador nunha subpáxina de usuaria/o onde poderemos seguir a traballar nel sen alterar as dinámicas de publicación do espazo principal da Galipedia. Se te equivocaches á hora de publicar, indícao na páxina de axuda ou no taboleiro de administración, para mover estes contidos a unha subpáxina.

Problemas co cadro biografía editar

  • Mentres a biografía non se publica no espazo principal (e é algo optativo ao finalizar a actividade) o cadro biografía aparecerá sen datos. No momento en que se vaian publicando/movendo as biografías ao espazo principal o usuario Usuario:FormacionWiki ligará cada páxina ao elemento de Wikidata que lle corresponda. Desta maneira o cadro (modelo Biografía) encherase ou completarase automaticamente cos datos que figuren en Wikidata.
  • Para os propósitos da actividade, abonda con que figure visible o cadro (e dicir, que se soubo colocar o modelo biografía) aínda que estea baleiro. Recoméndase que se editen algúns campos moi comúns, como son o nome, data e lugar de nacemento, ocupación etc. Para que se visualice a foto no cadro biografía é necesario copiar o nome tal e como aparece en Wikimedia Commons no campo imaxe do modelo. Para consultalo bastaría con premer na foto que aparece na biografía fonte.

Traballo na subpáxina e avaliación editar

Podemos seguir a traballar no espazo chamado subpáxina de usuaria/o. Para localizalo escribiremos na caixa de procura tecleando o seguinte:

  • Usuario:aqui_o_voso_nome_de conta seguido de "/" e o título que usastes na tradución
  • Estas subpáxinas serán avaliadas a partir da data límite que se indicará na sesión.
  • Para poder levar a cabo a avaliación, cada participante deberá descargar a páxina na que traballou en pdf unha vez rematada e enviala a través do campus virtual. Para descargala hai que situarse na páxina correspondente (en Wikipedia) e seleccionar no menú lateral esquerdo "descargar esta páxina como pdf"
  • Para calquera consulta pódese escribir no espazo dedicado que atoparedes na lapela conversa desta mesma páxina
  • Unha vez rematado o proceso de avaliación dentro da materia universitaria cada persoa pode decidir o destino destes contidos. Por favor, vexa a sección correspondente nesta páxina (mover ou borrar)

Lista de biografías traballadas editar

Iranse incluíndo segundo aparezan publicadas nas subpáxinas de Galipedia. Como xa se indicou na presentación, nos materiais entregados e na sección correspondente desta páxina, deben ser publicadas como Borrador seleccionando esta opción na icona de parámetros de publicación na ferramenta de tradución.Por favor, se por erro a publicas no espazo principal da Galipedia (como un artigo normal, sen ir precedido de "Usuario/" ) comunícao o antes posible premendo nesta ligazón para enviar un correo electrónico a FormacionWiki para que poida movelo á túa subpáxina, evitando que sexa editado por outras persoas.

Se xa pasou tempo que o publicaches no espazo principal, podes colocar o modelo "en uso" para que ningunha outra persoa poida editar a biografía. Para inserir o modelo hai que premer no editor visual "inserir">Modelo e seleccionar "en uso" e gardar. No editor de código pódese inserir escribindo {{en uso}}

  1. Ana Payo Payo
  2. Katsuko Saruhashi
  3. Rebeca Uribe Bone
  4. Anna Maria Primavesi
  5. Georgeanne R. Caughlan
  6. Elizabeth Pattey
  7. Beatrice Tinsley
  8. Natalie Jeremijenko
  9. Lucila Pautrat
  10. Lidia Brito
  11. Enedina Alves Marques
  12. Dorothy Ruíz Martínez
  13. Wiratni Budhijanto
  14. Freweini_Mebrahtu
  15. Ann Makosinski
  16. Maisa Rojas
  17. Susan Trumbore
  18. María Teresa_Martelo
  19. Inés Camilloni
  20. Pratibha_Gai
  21. Jill Farrant
  22. Elena Cebrián
  23. Gabriele Hegerl
  24. Sandra Cauffman
  25. Giuliana Cavaglieri Tesoro
  26. Helena Amélia Oehler Stemmer
  27. Irene Bredt
  28. Valerie Aurora
  29. Erika Böhm-Vitense
  30. María Teresa Arredondo
  31. Jennie Patrick*
  32. Sandrine Bony
  33. Ellie Highwood
  34. Hessa Al Jaber
  35. Eucharia Oluchi Nwaichi.
  36. Monika Henzinger
  37. Gemma Narisma (borrador, subpáxina) Non se recibiu correo nin comunicación de que se quixese publicar no espazo principal
  38. Inez Fung
  39. Ștefania Mărăcineanu
  40. Chieko Asakawa Non se recibiu correo nin comunicación de que se quixese publicar no espazo principal
  41. Dorcas Muthoni Non se recibiu correo nin comunicación de que se quixese publicar no espazo principal
  42. Ann Henderson-Sellers
  43. Ulrike Lohmann
  44. Kyoko Nozaki Non se recibiu correo nin comunicación de que se quixese publicar no espazo principal
  45. Kyoko Nozaki Coincidente con outra persoa, que tamén a fixo.Non se recibiu correo nin comunicación de que se quixese publicar no espazo principal
  46. Toshiko Yuasa
  47. Liliana Borzacconi
  48. Maria Artini
  49. Judith Sutz
  50. Ruth R. Benerito
  51. Kim Cobb
  52. Ida Holz
  53. Arantxa Tapia
  54. Elena Rodríguez-Falcón
  55. Valerie Hunter Gordon Non se recibiu correo nin comunicación de que se quixese publicar no espazo principal
  56. Carmen Portinho

Logo da avaliación no marco da materia (mover ou borrar) editar

Logo da avaliación cada persoa deberá optar por unha destas opcións:

  1. Mover os contidos ao espazo principal. Ver Mover . Isto fará que os contidos sexan publica e permanentemente visibles e as nosas contribucións aparezan visiblemente ligadas ao nome de conta utilizado nos historiais de edición. Para poder mover a páxina necesitamos ter habilitada a lapela Mover no menú. Esta aparece logo de facer unhas poucas edicións en Galipedia. Se non está visible pódense a)facer pequenas edicións (comas, espazos) e publicalas ata que apareza a lapela mover no noso menú b)escribir no Taboleiro de administración para que movan a páxina. A data límite para mover as páxinas ao espazo principal é o 20 de marzo. Pasada esta data e seguindo as normas que rixen en Galipedia sobre os contidos nas páxinas de usuario/a será marcada para o seu borrado.
  2. Aquelas persoas que por erro publicaron directamente no espazo principal teñen de prazo ata o 20 de marzo para retirar o marcador en uso.
  3. Se non se quere que as nosas contribucións sexan visibles permanentemente, deberemos renunciar á publicación no espazo principal.
    Deste xeito solicitaremos o borrado da subpáxina de usuario/a creada. Para facelo engadiremos (Inserir) o Modelo chamado Lixo dende a barra do editor visual ou introducindo o código na cabeceira {{Lixo}}. Ver borrado de páxina. A data límite para colocar o marcador ou indicar o borrado é o 20 de marzo.
    De non haber ningunha comunicación por ningunha vía sobre a solicitude de borrado logo desa data, as subpáxinas de usuario/a creadas no proxecto serán marcadas para borrado como se indica no punto 1, seguindo o indicado nas normas de Galipedia sobre os contidos nas páxinas de usuario/a
Aquelas biografías das que non se comunicou o desexo de ser publicadas no espazo principal da Galipedia borranse á fin do proxecto. Quen queira recuperar o traballo feito na subpáxina logo deste período deberá solicitalo no Taboleiro de administración

Documentos e ligazóns de utilidade editar

Nomes de usuario/a editar

Ligazóns de interese para a edición editar

Creando editar

Editor Visual editar

Introdución ao editor visual, ao editor de código e á navegación.

Páxina de axuda do editor visual. Está é unha páxina moito máis densa sobre o editor visual Para familiarizarse co funcionamento do editor gráfico da Galipedia, poden visualizarse os seguintes vídeos:

Recoméndanse as seguintes páxinas de referencia para iniciarse e resolver dúbidas:


Resumo da actividade editar

56 participantes que usaron a ferramenta de tradución, realizando 56 biografías das 101 que se propuxeron no proxecto.

Un total de 51 biografías publicadas no espazo principal.

Número de visitas á páxina do proxecto (2/28/2022 - 3/20/2022) 514; media diaria 24

Días de maior número de visitas: 10 de marzo (76), 16 de marzo (93)

Actividade de FormacionWiki editar

  • Páxinas editadas: 412
  • Páxinas creadas: 256
  • Páxinas movidas: 62
  • Número de edicións 1 583
  • Agradecementos enviados: 94
  • Correos recibidos: 40
  • Correos enviados: 42
  • Edicións en páxinas de conversa de usuarios/as: 85
  • Edicións dentro do espazo Wikipedia: 1 039
  • Edicións en categorías: 132

Comunicacións editar

Valoración global editar

Cousas a ter en consideración (dificultades) editar

  • Na sesión presencial informouse que no menú de configuración de preferencias non aparecía a casiña para a activación da ligazón á ferramenta de tradución. Logo de revisar en meta non se atopou solución. Ás persoas participantes con este problema indicóuselles o uso da ligazón á páxina especial que aparece tanto nos materiais entregados como na páxina do wikiproxecto.
  • Os cadros de biografía en subpáxinas aparecen baleiros, tendo que cubrirse a man os campos xa que non se poden cargar os datos de wikidata en subpáxinas de usuario/a
  • Concretamente nas traducións dente a wikipedia en inglés, a reutilización de referencias xera un código redundante non recoñecido na Galipedia e amosa problemas de referencia (a cita ":0" está definida varias veces). Retirouse o código sobrante reutilizando as referencias seguindo o manual de estilo nos casos que se detectaron.