Beatrice Tinsley

astrónoma neozelandesa

Beatrice Muriel Hill Tinsley nada en Chester o 27 de xaneiro de 1941 e finada en New Haven o 23 de marzo de 1981, foi unha astrónoma e cosmóloga de Nova Zelandia nacida en Gran Bretaña, cuxa investigación achegou contribucións fundamentais á comprensión astronómica da evolución das galaxias, o seu crecemento e morte.

Infotaula de personaBeatrice Tinsley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Beatrice Muriel Hill Editar o valor em Wikidata
27 de xaneiro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Chester, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 1981 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Texas en Austin - Doutor en filosofía (–1967)
Universidade de Canterbury (pt) Traducir - Master of Science (pt) Traducir (–1962)
New Plymouth Girls' High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaTheory of the crystal field in neodymium magnesium nitrate. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1962 Editar o valor em Wikidata)
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónoma , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale (1975–1981) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresA. W. Ross (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBrian Tinsley
Premios

WikiTree: Hill-29515

Traxectoria editar

Tinsley naceu en 1941 en Chester, Inglaterra, filla mediana das tres de Jean e Edward Hill.[1] A familia emigrou a Nova Zelandia tras a Segunda guerra mundial , vivindo primeiro en Christchurch e despois por un tempo máis longo en New Plymouth, Nova Zelandia, onde o seu pai, Edward Hill, foi clérigo do Moral Re-Armament e que máis tarde alcalde (1953–56). Tinsley asistiu ao Instituto Feminino de Nova Plymouth, e estudou na Universidade de Canterbury onde se graduou e completou un máster en Ciencia en 1961, con Honras de Primeira Clase en Físicas.[2] Mentres estudaba en Christchurch, casou co físico e compañeiro de clase, Brian Tinsley, sen saber que isto impediría que ela traballase na universidade mentres ell estivese empregado alí. Mudáronse en 1963 aos Estados Unidos, a Dallas, Texas, onde Brian foi contratado polo Centro do Suroeste para Estudos Avanzados (agora, Universidade de Texas).[1] Aínda así, dise que ela atopaba a situación "atafegante", e unha vez causou unha controversia por negarse a seguir o costume de ser a anfitrioa dun té na facultade.[1] En 1964, matriculouse en UT-Austin, onde era a única muller no programa de astronomía e onde máis tarde publicou a súa revolucionaria investigación.[3] A Universidade de Texas en Austin en 1966 outorgoulle o título de doutora en Filosofía pola súa tese Evolution of Galaxies and its Significance for Cosmology. Tinsley levou a cabo estudos teóricos pioneiros sobre o modo en que as poboacións de estrelas crecen e afectan ás calidades observables das galaxias. Tamén colaborou en investigación básica en modelos que buscaban coñecer se o universo está pechado ou aberto. Os seus modelos de galaxia conduciron á primeira aproximación ao que debería ser o aspecto das protogalaxias.

En 1974 recibiu o premio en Astronomía Annie Jump Cannon da Sociedade Astronómica Americana, outorgado á "prometedora e extraordinaria investigación por unha investigadora", en recoñecemento ao seu traballo sobre a evolución das galaxias.[4] A pesar de recibir recoñecemento polo seu traballo, Tinsley foi incapaz de atopar un posto académico permanente. En 1974, despois de anos de tentar equilibrar fogar, familia e dúas carreiras simultáneas, deixou ao seu marido e os seus dous nenos adoptados para aceptar un posto como profesora axudante en Yale. Traballou alí até a súa morte de cancro no Yale Infirmary en 1981.[1] As súas cinzas están soterradas no cemiterio do campus.[1]

En 1977, Tinsley, con Richard Larson de Yale, organizou unha conferencia sobre 'A evolución das galaxias e poboacións estelares'. Pouco despois, en 1978, foi a primeira profesora de sexo feminino de astronomía na Universidade de Yale.[5] O seu último artigo científico, enviado ao Astrophysical Journal dez días antes da súa morte, foi publicado postumamente aquel novembro, sen revisión.[6][note 1]

Premios e recoñecementos editar

 
O Monte Tinsley desde Manapouri

En 1986 a Sociedade Astronómica americana estableceu o Premio Beatrice M. Tinsley, que recoñece «unha contribución excepcional á astronomía ou á astrofísica, de carácter eminentemente creativo ou innovador».[7] É o único premio importante creado por unha sociedade científica americana que honra a unha científica. O premio non presenta restricións por cidadanía ou país de residencia.[7]

O asteroide de cinto principal 3087 Beatrice Tinsley, descuberto en 1981 no observatorio de Monte John, próximo a Tekapo, leva o seu nome.[8][9]

A Universidade de Texas en Austin estableceu unha dotación en 1989 para un profesor visitante, co nome Beatrice M. Tinsley Centennial, pola que un profesor sénior ou á metade da súa carreira está convidado até un semestre.[10] En 2007 engadiron as bolsas Tinsley, que permiten aos investigadores máis novos realizar breves estadías en Austin.

En 2005, o Teatro Circa en Wellington produciu unha obra chamada Bright Star, sobre a vida de Beatrice Tinsley.[11] A Sociedade Astronómica de Wellington organizou sesións de observación por telescopio fora do teatro, no peirao próximo ao Museo Pápache.

En decembro de 2010 o Consello xeográfico de Nova Zelandia nomeou oficialmente unha das montañas Kepler no parque natural de Fiordland (así nomeadas polo astrónomo Johannes Kepler) Monte Tinsley.[12][13]

A Sociedade Astronómica Real de Nova Zelandia estableceu as Conferencias Beatrice Hill Tinsley en 2012.[14]Tamén hai unha rúa co seu nome en Rosedale, no norte de Auckland. O 27 de xaneiro de 2016, 75º aniversario do seu nacemento, Google publicou un Doodle para honrar o seu traballo. A súa necrolóxica foi publicada por The New York Times varias décadas máis tarde, o 18 de xullo de 2018, no seu proxecto "Pasados por alto" que recolle «as historias de persoas notables cuxas mortes non foron publicadas no Times no seu momento».[1]

Obras editar

Notas editar

  1. Faleceu ol 23 de marzo de 1981, con 40 anos de idade, rematando unha destacada carreira prematuramente. O texto deste artíigo póstumo non foi revisado, malia que Michael Kaufman engadiu algunhas definicións e comentarios explicativos
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Overlooked No More: Beatrice Tinsley, Astronomer Who Saw the Course of the Universe". New York Times. 18 de xullo de 2018. 
  2. Tinsley, Beatrice M. (1962). "Theory of the crystal field in neodymium magnesium nitrate." (en inglés). doi:10.26021/7553. 
  3. "This Astronomer Had to Make the Hardest Career Choice". American Association of University Women. 16 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 16 de decembro de 2018. 
  4. "AAS Annie J. Cannon Award in Astronomy". Arquivado dende o orixinal o 2 de octubre de 2009. Consultado o 18 de noviembre de 2009. 
  5. "The Life of Beatrice Tinsley". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2016. 
  6. Tinsley, B.M. (1981). "Chemical evolution in the solar neighborhood. IV – Some revised general equations and a specific model" 250: 758–768. Bibcode:1981ApJ...250..758T. doi:10.1086/159425. 
  7. 7,0 7,1 "Beatrice M. Tinsley Prize". American Astronomical Society. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2010. 
  8. International Astronomical Union (ed.). "(3087) Beatrice Tinsley = 1981 QJ1". Minor Planet Center. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  9. "3087 Beatrice Tinsley (1981 QJ1)". ssd.jpl.nasa.gov. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  10. "External Review 2009" (PDF). University of Texas at Austin. Department of Astronomy/McDonald Observatory. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de xuño de 2010. Consultado o 18 de novembro de 2009. 
  11. "Circa Theatre: Bright Star". Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2006. Consultado o 18 de novembro de 2009. 
  12. Mackay, Scot (20 de xaneiro de 2011). "Historian's mountainous goal reached". Consultado o 25 de xaneiro de 2011. 
  13. "Mount Pickering and Mount Tinsley". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2009. Consultado o 18 de novembro de 2009. 
  14. "The Beatrice Hill Tinsley Lectures". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2013. Consultado o 3 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar