Natalie Jeremijenko

artista e enxeñeira australiana

Natalie Jeremijenko, nada en Mackay, Queensland en 1966, é unha tecnoartista e enxeñeira con formación en bioquímica, física, neurociencia enxeñería de precisión e historia e filosofía da ciencia.[1][2] É un membro activo do movemento net.art e o seu traballo explora principalmente a interface entre a sociedade, o medio ambiente e a tecnoloxía. Ela define tamén o seu traballo como "X Design" (abreviatura de deseño experimental) e presentase como "thingker", unha combinación de fabricante de cousas e pensadora.[3] En 2018 foi Artist in Residence na Universidade de Dartmouth[2]e é actualmente unha profesora asociada da Universidade de Nova York no Departamento de Arte Visual e tamén forma parte do profesorado nos Estudos de Informática e do programa Medio Ambiente da mesma entidade.[2][4][1]

Infotaula de personaNatalie Jeremijenko

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Mackay, Australia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Queensland (pt) Traducir
Universidade Griffith (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , artista visual Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteVideo Data Bank (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

TED: natalie_jeremijenko Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Mackay, Queensland. Foi a segunda de dez irmáns, fillos dun físico e unha profesora de escola. Os seus pais eran campións de tecnoloxía doméstica, e Jeremijenko afirma que a súa nai era a primeira muller en Australia en posuír un microondas.[5]

É licenciada en Bioquímica e Física e ten un mestrado en lingua inglesa. Matriculouse nos estudos de doutoramento en Neurociencias e tamén nos de enxeñaría mecánica da Universidade de Stanford, pero non rematou ningunha das súa teses. Volveu máis tarde a Australia onde se doutorou en contornas de información pola Universidade de Queensland.[5][6][7]Conta tamén cunha licenciatura (Bachelor in Fine Arts) con honores polo Real Insituto de Tecnoloxía de Melbourne.

En 1988, Jeremijenko co-fundou o Livid festival en Brisbane.[8][7] Este proxecto que contou con instalacións dirixidas ás masas de xoves aprendeulle a dirixiir o seu traballo cara a arte pública, fóra dos museos.[5]

En 1995, cando era artista residente en Xerox PARC en Palo Alto, California baixo a orientación de Mark Weiser, creou unha instalación de arte feita de de cables LED que acenderon en relación á cantidade de tráfico de Internet.[9] O traballo é agora visto como un dos primeiros exemplos de tecnoloxía ambiental ou ''de calma''.[9][5]

En 2022 a directora da Environmental Health Clinic na Universidade de Nova York.[2][10]

Obras editar

  • The Bureau of Inverse Technology. Película, 1993[11]
  • Live Wire (Dangling String). Instalación, 1995[11]
  • Voice Box. Instalación, 1996[11]
  • The Corporate Imagination. Película, 1996.[11]
  • Suicide Box. Película, 1997[12][11]Creado a través da instalación de cámaras na ponte Golden Gate, famosa por ser un lugar onde son frecuentes os suicidios.
  • ALife Tree, 1997
  • Bitplane. Película, 1998.[11] Voo do modelo aeronáutico de radiocontrol do mesmo nome sobre Sillicon Valley
  • Onetree. Instalación, 1998[13]Experimento público de arte conceptual para a toma de conciencia sobre temas medioambientais.
  • Bat Billboard, 2008, con Chris Boeken. Proxecto de divulgación sobre os morcegos consistente nunha casa interactiva para morcegos que mostrarían as mensaxes baseadas nos mensaxes sonoros que os morcegos enviaban en modo texto sobre un panel. Este traballo foi exhibida no MoMA en 2011, na exposición "Talk to Me".[14]
  • Tree Logic[11]
  • Clear Skies: FaceMasks. 2004
  • Public Authoring & Feral Robotics. 2006[15]
  • xAirport. Instalación, 2010.

Premios e recoñecementos editar

  • 2014 Premio Pioneer nos premios VIDA Art and Artificial Life International.[2]
  • 2013 Creative Capital por BRONX OOZ [10]
  • 2011 Fast Company, Premio á Muller máis influínte na tecnoloxía[16]
  • 2005 Premio I.D. magazine annual Forty (#37)[17]
  • 1999 Rockefeller Fellow[18]
  • 1999 Technology Review´s Mellores 100 mozos innovadores[19]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Natalie Jeremijenko". CCCB (en catalán). Consultado o 11 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Natalie Jeremijenko". NYU Steinhardt (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2022. 
  3. "The Q&A: Natalie Jeremijenko, thingker". The Economist. 20 de setembro de 2010. Consultado o 11 de abril de 2022. 
  4. "Natalie Jeremijenko: Artist-in-Residence". Department of Studio Art. Darmouth College. 27 de marzo de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Berger, Kevin (22 xuño de 2006). "The artist as mad scientist". Salon. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  6. "Natalie Jeremijenko Director XDesign". Products of Design. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Natalie Jeremijenko Professor, UCSD Global Distinguished Visiting Professor, The College of Arts and Science, New York University". Design 2.0. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  8. Lim, Eugenia (17 de marzo de 2015). "The science of citizens: Natalie Jeremijenko". Assemble Papers (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Calm Technology". calmtech.com. 21 de decembro de 1995. Consultado o 11 de abril de 2022. 
  10. 10,0 10,1 "Natalie Jeremijenko". Creative Capital (en inglés). Consultado o 12 de abril de 2013. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 "Natalie Jeremijenko 1999 FEllow". Tribeca Film Insitute. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  12. Novakov, Anna (1999-01-01). "Public Spectacles: Some Recent San Francisco Projects by Natalie Jeremijenko and de Bureau of inverse Technology". Public Culture 11 (1): 313–317. ISSN 0899-2363. doi:10.1215/08992363-11-1-313. (require subscrición (?)). 
  13. "One Tree(s) by Natalie Jeremijenko by SciComm2012 on DeviantArt". www.deviantart.com (en inglés). Consultado o 2022-04-11. 
  14. "Talk to Me Bat Billboard". www.moma.org. Consultado o 11 de abril de 2022. 
  15. "Public Authoring & Feral Robotics" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2022. Consultado o 11 de abril de 2022. 
  16. Evans, Suzy (2011-01-10). "The Most Influential Women in Technology 2011 – Natalie Jeremijenko". Fast Company (en inglés). Consultado o 2022-04-11. 
  17. Poynor, Rick (9 de xaneiro 2005). "The I.D. Forty: What Are Lists For?". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2014. 
  18. "Colloquium Series: Natalie Jeremijenko: "Twinkling, Humming and Teaching New Dogs Old Tricks: Some Experiments in the Spectacles of Participation"". MIT Media Lab. Consultado o 12 de abril de 2022. 
  19. "Innovators under 35: Natalie Jeremijenko, 32"Bureau of Inverse Technology"". MIT TEchnology Rwview. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar