Ana Payo Payo

oceanógrafa e ambientóloga española

Ana Payo Payo nada en Zamora, 28 de maio de 1986, é unha oceanógrafa, científica ambiental, divulgadora científica e activista medioambiental española.[1]

Infotaula de personaAna Payo Payo
Biografía
Nacemento28 de maio de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Zamora, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cádiz
Universidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica ambiental , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Aberdeen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webabdn.pure.elsevier.com… Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 4372588

Traxectoria editar

Payo licenciouse en 2010 na Universidade de Cádiz en Ciencias ambientais e en Ciencias do Mar Orientación Recursos Vivos. Ademais ten un máster en Xestión e Conservación da Biodiversidade pola Universidade de Barcelona e un Doutoramento en Ecoloxía de Poboacións de Aves Mariñas.[1]

Centrou a súa investigación en impulsar o desenvolvemento de estratexias de xestión e mitigación dos efectos do cambio climático sobre a biodiversidade.[1] A maiores traballou como investigadora de ecoloxía de poboacións de aves mariñas no Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA, CSIC- UIB)[2][3] e como investigadora en ecoloxía teórica na Universidade de Aberdeen (Escocia).[4] A zamorana colaborou como divulgadora científica en Big Van Ciencia[3][5][6] e como presentadora no night show de humor e divulgación científica Balears fa Ciencia da cadea IB3 televisión.[5]

Cabe destacar tamén a súa participación na expedición internacional Homeward Bound Project 2018, un proxecto enfocado a potenciar o liderado e apoderamento de mulleres do ámbito científico e tecnolóxico e a loita contra o cambio climático.[7][8][9]

Recoñecementos editar

Pola súa participación no Homeward Bound Project 2018, Payo foi condecorada coa Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española xunto a tres españolas presentes no proxecto, Alicia Pérez-Porro, Uxúa López e Alexandra Dubini.[5][10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Redacción (22 de setembro de 2019). "Ana Payo: “En la ciencia hay mucho corporativismo y machismo implantado en la estructura". HoyCastillay León (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  2. Tristán, Rosa M. (12 de decembro de 2017). "Esta expedición mundial antártica sobre el cambio climático sólo acepta mujeres y vas a entender por qué". Huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Soto, Elena (7 de marzo de 2017). "Ana Payo: "Hay que romper ciertos roles"". El Mundo. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  4. "La zamorana Ana Payo imparte una conferencia sobre el cambio climático". Zamora ya! La verdad digital (en castelán). 19 de setembro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Ana Payo, Medalla de Oro de la Cruz Roja". La Opinión. El Correo de Zamora. 9 de maio de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  6. Castañon, Pilar (11 de febreiro de 2019). "La mujer y la ciencia, una realidad cada vez más visible". Woman Essentia (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  7. Alonso del Val, Vega. "Ana Payo-Payo: “El cambio climático aumentará la desigualdad de género”". Amnistía Internacional España (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  8. "Cuatro científicas representan a España en Homeward Bound contra el cambio climático". Mujer emprendedora (en castelán). 9 febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2019. 
  9. Gil, Lydia (16 de novembro de 2017). "Ana Payo Payo, oceanógrafa y ambientóloga". Social Media en Investigación (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  10. "Las científicas del Acciona Team, medalla de Oro de la Cruz Roja". CulturaRSC.com. 8 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar