Judith Sutz

enxeñeira eléctrica do Uruguai

Judith Sutz Vaisman, nada en Montevideo o 16 de decembro de 1946,[1] é unha enxeñeira eléctrica e profesora uruguaia, investigadora da Universidade da República e, desde 1992, é Coordinadora da Unidade Académica da Comisión Sectorial de Investigación Científica (CSIC).[2] Ten un máster en Planificación do Desenvolvemento pola Universidade Central de Venezuela e é Doutora en Socioeconomía do Desenvolvemento pola Universidade da Sorbona.[3][4]

Infotaula de personaJudith Sutz
Biografía
Nacemento(es) Judith Sutz Vaisman Editar o valor em Wikidata
16 de decembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Venezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira eléctrica , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 143317

Traxectoria editar

En 1977 licenciouse como enxeñeira electricista[a] na Universidade Central de Venezuela. Continuou estudando na mesma Universidade, egresando co máster en Planificación de Desenvolvemento, con mención en Ciencia e Tecnoloxía.[5]

En 1984 defendeu a tese doutoral Informatique et Societé: quelques réflexions à partir du Tiers Monde,[6] realizada no curso de doutoramento "Socio Economía do Desenvolvemento: Mención Economía"*, na Universidade da Sorbona.

É investigadora grao 5 da Universidade da República. Desde 1992 é coordinadora da Unidade Académica da Comisión Sectorial de Investigación Científica (CSIC).

É Nivel III do Sistema Nacional de Investigación e integrante da Academia Nacional de Ciencias do Uruguai. Participou na Organización de Estados Iberoaméricanos como experta/consultora e na Rede Iberoamericana de Indicadores de Ciencia e Tecnoloxía. Tamén foi membro da World Academy of Arts and Sciences, dos consellos editoriais da Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnologia y Sociedad e de Research Policy.

É investigadora no campo da Ciencia, Tecnoloxía, Sociedade e Desenvolvemento. Especializouse no estudo das problemáticas do desenvolvemento e subdesenvolvemento a partir das interrelacións entre ciencia, tecnoloxía e sociedade. Tamén investiga acerca dos problemas asociados coa produción e o uso social do coñecemento, fomentando a interdisciplina no campo das Ciencias Sociais[2]. As especificidades da “innovación no Sur”, o concepto de “universidade para o desenvolvemento”, a importancia das “divisorias da aprendizaxe” máis aló das diversas fendas tecnolóxicas, a proposta de pensar as “políticas de innovación como políticas sociais”, constitúen enfoques e conceptos integrados hoxe en vertentes da literatura internacional sobre innovación e desenvolvemento.

Obras editar

Algunhas das publicacións máis recentes son:

Notas editar

  1. Denominación da títulación nesta universidade. Ver "Estudios". www.ucv.ve. Consultado o 2 de maio de 2022. 
Referencias
  1. "ISNI 0000000035116688 Sutz, J. ( born 1946-12-16 )". isni.oclc.org. Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 www.areaw3.com, AreaW3-. "CiTINDe - Ciencia, Tecnología e Innovación para un Nuevo Desarrollo". CITINDE (en castelán). Consultado o de maio de 2022. 
  3. Judith Sutz Arquivado 17 de abril de 2019 en Wayback Machine. en autores.uy
  4. bibna. "Catálogo de Autoridades de la Biblioteca Nacional de Uruguai". Uruguai. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  5. Museo de la Palabra. "Sutz, Judith (1946)". Uruguai. Consultado o 18 de agosto de 2016. [Ligazón morta]
  6. Lacroix, Jean-Guy (1986). "Judith Sutz, Informatique et société : quelques réflexions à partir du Tiers Monde, 1984". Communication. Information Médias Théories 8 (1): 190–192. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar