Freweini Mebrahtu

inventora e enxeñeira química etíope


Freweini Mebrahtu (ge'ez: ፍሬወይኒ መብራህቱ), nada na rexión de Tigray en 1965,[1] é unha inventora e enxeñeira química que gañou o premio do Heroe da CNN do ano 2019 polo seu activismo na mellora do acceso das mozas á educación.[2]

Infotaula de personaFreweini Mebrahtu
Nome orixinal(am) ፍሬወይኒ መብራህቱ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Etiopía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEtiopía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira química Editar o valor em Wikidata

Twitter: freweinimebraht Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Freweini naceu nunha vila rural do Norte de Etiopía e foi educada nos Estados Unidos. Estudou enxeñaría química na Prairie View A&M University.[3] Á fin dos seus estudos, coincidente coa do réxime Derg volveu a Etiopía en 1992.[3]

Na busca de proxectos nos que axudar na súa vila nativa e inspirada pola súa propia experiencia persoal, que se vira afectada polos tabús culturais sobre a menstruación, dialogou coas mozas e mulleres da rexión sobre como xestionaban os seus períodos. O método máis estendido era a adaptación das teas usadas para cubrir a cabeza, as netalah, envolvéndose nelas para lidar co sangrado. Os métodos máis tradicionais pasaban polo uso dun burato cavado na terra sobre o que as mulleres sentarían ata a fin dos seus períodos.

En 2005, patentou unha compresa menstrual reutilizable[4] que podía fixarse á roupa interior cun velcro.[5] Logo dunha primeira fase de prototipos que foron probados polas mozas da súa rexión, Tigray, abriu en 2019 a fábrica Mariam Seba alí mesmo, na vila de Mekele, coa axuda dun préstamo do Banco Etíope de Desenvolvemento .[6]

Mariam Seba empregaba en 2019 a máis de noventa persoas da rexión de Tigray en Etiopía, do que un 90% eran mulleres[7] e fabricaba 750 000 compresas ao ano.[8] reutilizables que son doaadas principalmente a organizacións non gobernamentais.[2]

O seu produto menstrual sumado á súa campaña educativa axudaron en eliminar o estigma que rodea a menstruacion e evitou o abandono escolar por parte das mozas relacionado con el[9]. A organización sen ánimo de lucro Dignity Period distribuíu máis de 150 000 produtos menstruais de balde que foran producidos na fábrica de Freweni. Os datos indaron que a asistencia á escola entre as mozas mellorara nun 24% logo deste esforzo.[9]

Notas editar

  1. "Freweini Mebrahtu (1965- ) •". BlackPast (en inglés). 21 de xullo de 2021. Consultado o 15 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 ""Meet the 2019 CNN Hero of the Year"". CNN.com. 9 de decembro do 2019. Consultado o 9 de decembro de de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Making Sanitary Pads to Help Keep Girls in School". State of the Planet (en inglés). 30 de maio de 2012. Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  4. "Woman creates reusable sanitary pads". patient-innovation.com (en inglés). 2019-07-26. Consultado o 2022-03-24. 
  5. "UNICEF Ethiopia Partnering with Champions for Scaling up Menstrual Hygiene". www.unicef.org (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  6. "Freweini Mebrahtu, casser le tabou autour des menstruations". World Of Women (en francés). 25 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2022. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  7. Thomas, Jason (2 de decembro de 2021). "Louisville nonprofit hires CNN's 'Hero of the Year'". Louisville Business First. Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  8. "Ethiopia's Freweini Mebrahtu named CNN hero 2019". Borkena Ethiopian News (en inglés). 10 de decembro de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 ""She's changing the cultural stigma around women's periods"". CNN.com. 3 de maio do 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar