Maisa Rojas

física chilena

María Heloísa Juana Rojas Corradi, coñecida como Maisa Rojas, nada en Temuco o 10 de agosto de 1972, é unha física, climatóloga e investigadora chilena. É especialista en estudos sobre a comprensión da evolución e dinámica do clima no hemisferio sur do planeta Terra.[1]

Infotaula de personaMaisa Rojas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Heloísa Juana Rojas Corradi Editar o valor em Wikidata
10 de agosto de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Temuco, Chile Editar o valor em Wikidata
Environment Minister (en) Traducir
11 de marzo de 2022 –
← Javier Naranjo Solano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMaisa Rojas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford - Doutor en filosofía (1996–2000)
Universidade de Chile - graduado en ciencias (1991–1995) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica , profesora universitaria , climatóloga , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chile, profesora universitaria (2009–)
Grupo intergobernamental sobre o cambio climático Editar o valor em Wikidata
Interesado enPaleoecologia (pt) Traducir, paleoclimatologia (pt) Traducir, Bioxeografía, climate variability (en) Traducir, cambio climático e modelagem computacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: Maisa_Rojas Editar o valor em Wikidata

O 11 de marzo de 2022 asumiu o cargo de Ministra de Medio Ambiente do goberno de Chile, presidido por Gabriel Boric.[2][3]

Traxectoria editar

Maisa Rojas naceu en Temuco en 1972.[4] Obtivo a súa Licenciatura de Ciencias con mención en Física na Facultade de Ciencias da Universidade de Chile en 1996, e doutorouse en Física da Atmosfera pola Universidade de Oxford en 2001.[5][6][7]

Ata inicios do 2022 foi directora do Centro de Ciencia do Clima e Resiliencia (CR)2.[8][3]É ademais académica do Departamento de Xeofísica da Universidade de Chile.[9][10] As súas liñas de investigación son o paleoclima e o modelaxe do cambio climático rexional.[11][7]En 2022 era investigadora adxunta no Núcleo Milenio sobre o paleoclima no hemisferio sur.[12]Na área do cambio climático rexional o seu traballo inclúe a avaliación do impacto do cambio climático na agricultura e nos recursos hídricos, actividade que desenvolve como investigadora asociada do Centro de Ciencia do Clima e Resiliencia (CR)2.[13]

Foi autora líder do capítulo paleoclimático e do resumo para tomadores de decisións do Quinto informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático en 2014.[14][15]Ademais, colaborou no Sexto Informe tamén como coordinadora de autores.[16][3]

Na 25ª Conferencia da ONU sobre o Cambio Climático (COP25) celebrada en Chile en decembro de 2019,[17] foi a coordinadora do comité científico.[9]

En agosto de 2021, anunciouse que formaría parte do International Climate Councils, que busca proporcionar asesoramento e avaliacións formais, baseadas en evidencia, sobre mitigación do clima e políticas de adaptación.[18] O mes seguinte expuxo sobre a crise climática na Convención Constitucional de Chile.[19]

Durante a segunda volta das eleccións presidenciais de Chile en 2021 exerceu como voceira da axenda medioambiental de Gabriel Boric. Unha vez electo presidente, Boric designouna Ministra do Medio Ambiente.[20]

Obras editar

Nota: Esta é unha lista dos traballos científicos máis citados da investigadora; para revisar a listaxe completa revise o perfil da investigadora en ORCID.

[21]

Premios e recoñecementos editar

  • Premio Energía de Mujer 2020, premio outorgado por Enel Chile,na categoría de Medio Ambiente e Sostenibilidade[9][22]

Notas editar

  1. Póo, Ximena (11 de xaneiro do 2018). "Maisa Rojas, directora do Núcleo Científico Milenio, Paleoclima do Hemisferio Sur: “Las desigualdades sociales exacerban los impactos del cambio climático”". Palabra Pública. Consultado o 2 de febreiro de 2018. [Ligazón morta]
  2. Santillán, Amanda. "Maisa Rojas, experta en cambio climático, será la próxima ministra del Medio Ambiente" (en español). Consultado o 2022-01-21. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Maisa Rojas, ex directora del CR2, asume como nueva Ministra de Medio Ambiente - ENEAS Chile". ENEAS. Universidad de Chile (en castelán). 21 de marzo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022. [Ligazón morta]
  4. Planelles, Manuel (2019-09-25). "“Nuestras estimaciones sobre los riesgos del cambio climático fueron muy conservadoras”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-10-17. 
  5. "Egresados de Licenciatura en Ciencias con Mención en Física" (en castelán). Universidade de Chile. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2016. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  6. "María Heloísa Juana Rojas Corradi - Portafolio Académico". Universidade de Chile. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 "Maisa Rojas". dgf.uchile.cl. Consultado o 2028 de marzo de 2022. 
  8. "Investigadores Asociados". Centro de Ciencia do Clima e Resiliencia (CR)2. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Mostrador, El (2020-11-26). "Distinguen a 11 mujeres que destacan por su contribución al desarrollo del país" (en castelán). Consultado o 2021-10-17. 
  10. "Maisa Rojas". dgf.uchile.cl. Consultado o 2022-05-02. 
  11. "Mujeres Bacanas | Maisa Rojas (1972)" (en castelán). 2018-01-23. Consultado o 2020-09-27. 
  12. "Investigadores". Núcleo Milenio Paleoclima (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  13. "Maisa Rojas". dgf.uchile.cl. Consultado o 2028 de marzo de 2022. 
  14. Heselaars, Thomas (17 de decembro de 2019). "Maisa Rojas, líder del Comité Científico tras compleja COP25: "Faltó voluntad internacional"". Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  15. "IPCC Authors (beta)". archive.ipcc.ch. Consultado o 2028 de marzo de 2022. 
  16. "IPCC Authors (beta)". archive.ipcc.ch. Consultado o 2028 de marzo de 2022. 
  17. "About the UN Climate Change Conference - December 2019". unfccc.int. Consultado o 2028 de marzo de 2022. 
  18. Mostrador, El (2021-08-11). "Climatóloga Maisa Rojas es parte de nueva organización internacional para enfrentar el cambio climático" (en castelán). Consultado o 2021-10-17. 
  19. "Con profunda reflexión sobre crisis climática se realizó primera sesión de “Reflexiones Constituyentes”". Convención Constitucional. 1 de setembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2022. 
  20. "Quién es Maisa Rojas, la nueva ministra de Medio Ambiente de Gabriel Boric". La Tercera. 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2021. 
  21. Citas de Google Académico. "maisa rojas". Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  22. "Premio Energía de Mujer". www.enel.cl (en castelán). Consultado o 2028 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar