Gabriel Boric

político chileno

Gabriel Boric Font, nado en Punta Arenas o 11 de febreiro de 1986, é un político chileno. Líder estudantil durante as mobilizacións de 2011, deputado por Magallanes e Antártica Chilena entre 2014 e 2022, candidato á Presidencia da República, logrou pasar á segunda volta en 2021. Foi electo Presidente de Chile o 19 de decembro de 2021, exercendo dende o 11 de marzo de 2022.

Gabriel Boric
Nacemento11 de febreiro de 1986
Lugar de nacementoPunta Arenas
NacionalidadeChile
RelixiónAgnosticismo
Alma máterThe British School
Ocupaciónpolítico
PaiLuis Javier Boric Scarpa
NaiMaría Soledad Font Aguilera
IrmánsSimón Boric
PremiosGrand Cross of the Order Bernardo O'Higgins, Collar of the Order of Merit, Time 100 e Grand Order of King Tomislav
Na rede
http://gabrielboric.cl/
IMDB: nm5336659 Facebook: gabrielboric Twitter: gabrielboric Instagram: gabrielboric Youtube: UC0gQkOPt6VVvJGO9mDy0ikw Dialnet: 5240073 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mocidade e dirixente estudantil editar

Fillo de Luis Javier Boric Scarpa, descendente de croatas,[1] e María Soledad Font Aguilera, estudou a secundaria en Punta Arenas no colexio The British School ata 2003. Instalouse en 2004 na capital do país para matricularse na facultade de Dereito da Universidade de Chile. Nela foi axudante de cátedra de Historia Institucional de Chile, Teoría da Xustiza e Dereito Internacional dos Dereitos Humanos.[2]

Dende a mocidade participou no movemento estudantil, participando na refundación do sindicato Federación de Estudantes Secundarios de Punta Arenas, e logo na Universidade militando na Federación de Estudantes da Universidade de Chile e no partido Esquerda Autónoma, unha formación socialista.[3] Como representante do alumnado participou nas mobilizacións que ao longo do 2011 levou a miles de estudantes a protestar contra o sistema chileno de ensino. Nese contexto, en decembro de 2011, presentou a súa candidatura para presidir a Federación de Estudantes conseguindo impoñerse á respaldada polo Partido Comunista de Chile.[4]

Deputado: 2013-2021 editar

En 2013 foi candidato a deputado nas eleccións parlamentarias conseguindo ser electo polo distrito 60 de Magallanes e Antártica Chilena. Malia non presentarse dentro dunha grande coalición, senón polo partido Esquerda Autónoma, logrou a vitoria con 15 414 votos e o 26,18%.[5][6][7] Gañou notoriedade pública por propor a redución das dietas parlamentarias durante o primeiro mes do seu exercicio.[8] En 2016 abandonou Esquerda Autónoma para conformar o Movemento Autonomista que, xunto con outras forzas, se integrou na Fronte Ampla.[9] Por esta coalición foi reelecto en 2017 polo distrito 28 da mesma rexión e, en 2018 creou o partido Converxencia Social, que se propón acadar "unha sociedade socialista, democrática, libertaria e feminista".[10][11] Durante este segundo período como deputado, mostrou vontade de diálogo co executivo de centro dereita, o que lle levou a enfrontamentos coa súa formación política, integrándose na Comisón da Infancia convocada polo Presidente Piñera.[12]

Moi polémico foi o seu xesto de posar cunha camiseta que estaba decorada cunha imaxe do senador Jaime Guzmán (asesor de Pinochet, ideólogo da Constitución chilena de 1980 e fundador da UDI) cun tiro na cabeza, feito polo que logo se desculpou,[13] e a súa reunión en Francia con Ricardo Palma, quen asasinara en 1991 a ese senador.[14]

A popularidade de Boric aumentou logo do "estalido social" de 2019 que levou o goberno de Sebastián Piñera a formular importantes reformas políticas en Chile. Na Cámara de Deputados, Boric propuxo proxectos que procuraban responder ás demandas para autorizar a retirada de parte dos aforros destinados aos fondos de pensións,[15] e tivo un papel senlleiro nas negociacións que abriron un proceso de reforma constitucional en 2020.[16] Asinou, a título persoal, o acordo do 15 de novembro que sentaba a convocatoria dun duplo plebiscito simultáneo no que se preguntase á cidadanía se quería unha nova Constitución e o xeito de facela, optando entre a Convención Constitucional ou unha convención mixta na que se escollese a parte dos seus integrantes mentres que o resto serían designados polo Congreso.[17] Todo isto malia a que as tensión que se produciron na súa coalición electoral acabaron por rompela.[8]

Candidato a Presidente de Chile: 2021 editar

 
Logo da campaña de Boric en 2021

Co apoio do seu partido, Coverxencial Social, propúxose como candidato nas eleccións internas para escoller ao candidato da plataforma electoral Aprobo Dignidade, na que tamén participa o Partido Comunista de Chile.[18] Nas primarias de xullo de 2021, Boric impúxose folgadamente ao comunista Daniel Jadue, alcade de Recoleta, conseguindo máis do 60% do voto.[19] Foi un dos favoritos para as eleccións de novembro de 2021, cando tivo lugar a primeira volta. Finalmente logrou quedar na segunda posición co 25,83% dos votos fronte o candidato José Antonio Kast, da ultradereita (27,91%).[20][21] A nivel rexional, Boric impúxose en tres das dezaseis: na súa natal de Magallanes e Antártica Chilena, e nas máis poboadas do país, a de Valparaíso e a Metropolitana.[22]

Os resultados supuxeron un troco importante en Chile, pois por primeira vez dende a fin do réxime de Pinochet os candidatos de centro dereita e centro esquerda non foron quen de pasar á segunda volta.[23][24] De cara a ela, Boric obtivo o apoio das forzas do centro esquerda chileno e de personalidades como os antigos presidentes Ricardo Lagos e Michelle Bachelet.[25][26][27] Tamén contou con mensaxes favorables de persoeiros de fóra de Chile do mundo da cultura, como Gael García Bernal,[28] e antigos mandatarios como José Luis Rodríguez Zapatero e François Hollande.[29][30]

Na segunda volta, celebrada o 19 de decembro de 2021, Gabriel Boric logrou gañar as eleccións fronte José Antonio Kast.[31] José Antonio Kast chiou antes dunha hora e media logo do peche dos colexios electorais a súa derrota fronte Boric.[32] Pouco despois, Sebastián Piñera, o presidente en exercicio, chamou o que será o seu sucesor para felicitalo e convocalo a unha reunión o día seguinte.[33] A candidatura de Boric sumou o 55,87% e máis de 4 620 000 votos, fronte o 44,13% e case os 3 650 000 votos de Kast, o que fixo de Gabriel Boric o xefe do Estado máis votado ata o momento.[34][35]

Presidente de Chile: 2022-2026 editar

O 11 de marzo de 2022 prometeu o seu cargo como xefe do Estado nunha cerimonia solemne ante o Congreso Nacional reunido en Valparaíso e o seu mandato, en principio, prolongarase ata 2026.[36][37] Aos seus 36 anos, Gabriel Boric Font, converteuse no Presidente máis novo da historia do país. Canda a el tomaron posesión os ministros, con maioría de mulleres por primeira vez en Chile e entre as que destacan: a ministra de Interior Izkia Siches, quen gañara notoriedade pública como presidenta do Colexio Médico durante a pandemia de covid-19 e que foi xefa da campaña presidencial de Boric; e a ministra secretaria xeral do Goberno Camila Vallejo, líder estudantil con Boric, primeira comunista en ser nomeada a un posto de primeiro nivel no goberno dende os tempos de Salvador Allende.[38] O perfil do executivo de Gabriel Boric foi cualificado como "moderado" e "centrista" polos analistas, destacando a presenza de independentes ou figuras ligadas ao Partido Socialista como Mario Marcel, ata entón presidente do Banco Central de Chile, identificado coa disciplina macroeconómica, ou Maya Fernández, ministra de Defensa e neta de Salvador Allende. [39][40]

No seu primeiro discurso como Presidente dende La Moneda, Boric avanzou as súas intención de lograr pechar as "feridas" abertas dende o Estalido social de 2019 citando unha recuperación económica evite a desigualdade, a defensa dos dereitos humanos e a solución dialogada ao que cualificou como un conflito entre "o Estado chileno e un pobo que ten dereito a existir" (en referencia ao mapuche).[41] Tamén expresou o seu desexo para que o proceso constituínte remate por unir á cidadanía chilena e avogou por unha solución que implique aos países veciños para abordar á crise migratoria do norte de Chile.[42]

O 4 de setembro de 2022, a cidadanía chilena rexeitou en referendo a proposta de constitución elaborada pola convención constituínte (62% votos contrarios fronte o 38% favorable).[43] O resultado foi interpretado, en parte, como un voto de castigo a Boric e motivou un cambio de ministros e a apertura de negociacións interpartidarias co albo de poder elaborar unha nova constitución.[44][45] Finalmente, en decembro de 2022 logrouse o acordo sobre os aspectos institucionais e xurídicos básicos que a nova Carta Magna debería incorporar e sobre o procedemento de elaboración do texto.[46][47]

Durante os primeiros meses de mandato, o goberno de Boric presentou un cobizoso plan de reforma do sistema de pensións xubilatorias. Dende 1980, en Chile o sistema baseáse na capitalización individual mediante fondos de xestión privada.[48] Durante o "Estalido Social" de 2019, as deficiencias deste sistema foron denunciadas: arredor dun cuarto dos pensionistas consideraban insuficiente a cobertura.[49] A proposta de Boric consiste en aumentar a contía da Pensión Garantida Universal grazas a unha reforma impositiva, crear novos xestores, un público e varios privados, dos fondos de capitalización a escoller polo interesado e aumentar as prestacións.[50]

Vida persoal editar

Defínese como agnóstico malia a que foi bautizado e formado como católico e que di manter "unha permanente procura da fe".[51] Tamén é solteiro aínda que vive en parella, cuestión que tenta manter fóra do plano público. Durante a campaña presidencial de 2021 manifestouse a favor de repensar a figura da primeira dona coa que se recoñece á esposa do Presidente.[52]

Doente dun trastorno obsesivo compulsivo, en 2018, internouse nunha clínica de Santiago de Chile durante dúas semanas pola súa propia vontade.[53]

É seareiro do equipo de fútbol Club Deportivo Universidad Católica,[54] e é tamén é afeccionado a videoxogos e ao anime, sendo cualificado pola prensa como otaku.[55] Durante unha recepción previa a asumir a xefatura do Estado, o ministro de Exteriores do Xapón, Kiyoshi Odawara, regaloulle unha pokebola e un boneco de Squirtle, da serie de anime Pokemon.[56]

Notas editar

  1. González, C (2021-12-21). "Su bisabuelo llegó a Magallanes desde Dalmacia hace más de 150 años: El origen croata del Presidente electo, Gabriel Boric". Emol (en Spanish). Consultado o 2021-12-22. 
  2. Chile, BCN Biblioteca del Congreso Nacional de (2020). "Gabriel Boric Font. Reseñas biográficas parlamentarias". bcn.cl. Consultado o 2021-11-25. 
  3. "Un viaje al punto de origen de Gabriel Boric". 25-7-2021. Consultado o 25-11-2021. 
  4. S.A.P, El Mercurio. "La Segunda.com". LaSegunda.com (en Spanish). Consultado o 2021-11-25. 
  5. "ELECCIONES DIPUTADOS 2013" (PDF). ciperchile.cl. 
  6. "Edición del 18/11/2013 Página 01- Diario El Pingüino". elpinguino.com. Consultado o 2021-11-25. 
  7. "IgadiPaper nº126". Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Consultado o 2021-11-26. 
  8. 8,0 8,1 "Gabriel Boric: El recorrido del ex dirigente estudiantil que busca liderar un recambio generacional en La Moneda". 18-12-2021. Consultado o 19-12-2021. 
  9. Figueroa, Catalina Aninat y Juan Pablo (2018-11-11). "El Frente Amplio que surge tras las fusiones". La Tercera. Consultado o 2021-12-20. 
  10. BCN, Biblioteca Nacional de Chile (Octubre 2020). "Partido Convergencia Social". bcn.cl. Consultado o 2021-12-20. 
  11. "Principios: Convergencia Social". convergenciasocial.cl (en castelán). Consultado o 2021-12-20. 
  12. Nuñez, María José (2018-06-02). "Gabriel Boric: "No por buscar acuerdos con quienes piensan distinto uno deja de defender sus convicciones"". La Tercera. Consultado o 2021-12-19. 
  13. P, Carlos Reyes (2019-01-02). "Boric y polémica por polera de Jaime Guzmán baleado: "No le tomé la relevancia que tenía, evidentemente es un error"". La Tercera. Consultado o 2021-12-19. 
  14. "Gabriel Boric se reunió con Palma Salamanca en Francia antes de recibir el asilo". Cooperativa.cl (en castelán). Consultado o 2021-12-19. 
  15. "Boric sostiene que “no corresponde celebrar” al TC por rechazar requerimiento". La Nación (en castelán). 2021-04-27. Consultado o 2021-11-26. 
  16. pauta. "Cómo se negoció uno de los mayores acuerdos políticos suscritos en democracia". pauta (en castelán). Consultado o 2021-11-26. 
  17. Chile, BCN Biblioteca del Congreso Nacional de (2019-11-15). "Acuerdo Por la Paz Social y la Nueva Constitución". bcn.cl (en castelán). Consultado o 2021-12-19. 
  18. "Convergencia Social proclama a Gabriel Boric como su candidato presidencial". BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile (en castelán). 2021-03-17. Consultado o 2021-11-26. 
  19. "Boric derrota con amplio margen a Jadue y será el candidato presidencial de Apruebo Dignidad". Emol. 2021-07-18. Consultado o 2021-11-25. 
  20. Diario, Nós. "Pinochetistas e progresistas disputaranse a Presidencia de Chile na segunda volta". Nós Diario. Consultado o 2021-11-25. 
  21. "A ultradereita e a esquerda disputarán a presidencia de Chile". G24. Consultado o 2021-11-25. 
  22. "Elecciones 2021: ¿En qué regiones ganó Kast y en cuáles Boric?". Rock&Pop (en castelán). 2021-11-22. Consultado o 2021-11-27. 
  23. "[Opinión] - Andrés Kogan Valderrama - Gabriel Boric y el fin de la transición en Chile - Cooperativa.cl". opinion.cooperativa.cl. Consultado o 2021-11-26. 
  24. "Boric o Kast: el Chile centrista de siempre se fue a los extremos". France 24. 2021-11-23. Consultado o 2021-11-26. 
  25. Diario, Nós. "Chile: os proxectos antagónicos da ultradereita de Kast e a esquerda de Boric disputarán a segunda volta". Nós Diario. Consultado o 2021-11-25. 
  26. Martínez, Catalina (2021-11-24). "Expresidente Ricardo Lagos anuncia su voto para la segunda vuelta: “Lo que es mi historia, mi pasado, obviamente que tengo que decir Boric”". La Tercera. Consultado o 2021-12-18. 
  27. "La expresidenta Bachelet apoya a Boric: "No da lo mismo por quién se vota"". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2021-12-18. 
  28. "Gael García Bernal hizo importante llamado de cara a la segunda vuelta". Radio Concierto (en castelán). 2021-12-13. Consultado o 2021-12-19. 
  29. "Rodríguez Zapatero entrega su apoyo a Gabriel Boric para el balotaje chileno". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2021-12-19. 
  30. "Chío de "Comando Boric" cun video de apoio de François Hollande (16-12-2021)". Twitter. Consultado o 2021-12-19. 
  31. Navarrete, José (2021-12-19). "Boric se impone a Kast en la elección presidencial". La Tercera. Consultado o 2021-12-19. 
  32. "Chío de José Antonio Kast no que recoñece o triunfo de Boric (19-12-2021)". twitter. 
  33. "Presidente Piñera convoca a Gabriel Boric a reunión de trabajo este lunes en La Moneda « Diario y Radio Universidad Chile". radio.uchile.cl (en castelán). Consultado o 2021-12-20. 
  34. horas, 24. "Resultados Segunda Vuelta". 24 horas (en castelán). Consultado o 2021-12-20. 
  35. Labrín, Pedro Astaburuaga y Sebastián (2021-12-20). "Boric es el Presidente electo con más votos en la historia y la segunda vuelta se convierte en la elección con mayor participación". La Tercera. Consultado o 2021-12-20. 
  36. "O progresista Gabriel Boric é xa o novo presidente de Chile". G24. Consultado o 2022-03-12. 
  37. "Boric hace historia y es el Presidente más joven: Su desafío será liderar Chile en medio de una crisis económica, social y sanitaria". Emol (en castelán). 2021-12-19. Consultado o 2021-12-19. 
  38. Montes, Rocío (2022-03-11). "Chile consolida el primer Gobierno feminista latinoamericano". El País (en castelán). Consultado o 2022-03-13. 
  39. Cambero, Fabian; Miranda, Natalia A. Ramos (2022-01-21). "Chile's Boric unveils centrist Cabinet as markets breath sigh of relief". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  40. Montes, Rocío (2022-01-21). "Boric nombra en Chile un Gobierno moderado con mayoría de mujeres". El País (en castelán). Consultado o 2022-03-13. 
  41. "Presidente Boric pide Constitución que sea respaldada en futuro plebiscito". pauta (en castelán). Consultado o 2022-03-13. 
  42. "Primer discurso en el Palacio de La Moneda del Presidente Gabriel Boric Font". prensa.presidencia.cl. Consultado o 2022-03-13. 
  43. "Chile rexeita cun 62 % a nova Constitución e Boric pide un novo proceso". G24. Consultado o 2022-12-30. 
  44. CHARTE, MIGUEL (2022-09-05). "Claves del rechazo de Chile a la nueva Constitución". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-12-31. 
  45. "Boric cambia o goberno chileno despois de fracasar a reforma constitucional". G24. Consultado o 2022-12-30. 
  46. "Acuerdo por Chile: Definen Consejo Constitucional, Comité de Expertos e itinerario para nuevo proceso constituyente - Senado - República de Chile". Senado de Chile (en castelán). Consultado o 2022-12-30. 
  47. "Quiénes la redactarán, los plazos y sus bases institucionales: Todo lo que hay que saber del nuevo proceso constitucional". Emol (en Spanish). 2022-12-13. Consultado o 2022-12-30. 
  48. "Sistema de AFP - SP. Superintendencia de Pensiones - Gobierno de Chile". www.spensiones.cl. Consultado o 2022-12-31. 
  49. "Chile y sus mayores: Resultados V Encuesta Nacional de calidad de vida en la vejez" (PDF). Caja Los Andes. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xaneiro de 2022. Consultado o 31 de decembro de 2022. 
  50. "Gob.cl - Artículo: Conozca Los Detalles De La Reforma De Pensiones Y Cómo Aumentará Sustantivamente Las Jubilaciones De Los Chilenos". Gobierno de Chile (en castelán). Consultado o 2022-12-31. 
  51. "Gabriel Boric y su relación con la fe: “Estoy en una permanente búsqueda espiritual"". www.t13.cl. Consultado o 2021-12-19. 
  52. "Gabriel Boric: ¿Quién es su pareja y por qué no sería primera dama?". Rock&Pop (en castelán). 2021-11-21. Consultado o 2021-12-19. 
  53. Aste, F. (2018-10-16). "Boric confirma que se internó voluntariamente en un hospital psiquiátrico por su TOC". La Tercera. Consultado o 2021-11-25. 
  54. "Gabriel Boric, el nuevo presidente de Chile, un fanático del fútbol: la U. Católica, Maradona, Gorosito y más". www.tycsports.com. Consultado o 2021-12-22. 
  55. "Las preferencias gamer y otaku de Gabriel Boric - La Tercera". www.latercera.com. Consultado o 2021-12-22. 
  56. ElPais. "Una pokebola y un Squirtle: el peculiar regalo del canciller japonés a Gabriel Boric". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2022-03-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Presidente de Chile

Segue a:
Sebastián Piñera
Gabriel Boric
Precede a:
[[]]
Independiente