Susan Trumbore

xeóloga e científica climática estadounidense


Susan Trumbore é unha científica do sistema terrestre estadounidense cuxa investigación se centra en comprender o ciclo do carbono e o seu impacto no clima. É directora do Instituto Max Planck de Bioxeoquímica en Jena[1] e profesora de Ciencias do sistema da Terra na Universidade de California, Irvine e profesora honoraria na Universidade Friedrich Schiller.[2]É membro da Unión Americana de Xeofísica, da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e da Academia Europaea. Foi galardoada coa Medalla Benjamin Franklin.

Infotaula de personaSusan Trumbore

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Redactora xefe AGU Advances (en) Traducir
2019 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado da Califórnia (pt) Traducir
Universidade de Columbia
University of Delaware (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBiogeoquímica (pt) Traducir, Xeoquímica e xeoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónclimatóloga , xeoquímica , xeóloga , editora literaria , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Califórnia em Irvine (pt) Traducir
Max Planck Institute for Biogeochemistry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbgc-jena.mpg.de… Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Trumbore obtivo a súa licenciatura en Xeoloxía na Universidade de Delaware en 1981 e o seu doutoramento en Xeoquímica na Universidade de Columbia en 1989.Completou a súa formación posdoctoral no Instituto Federal de Tecnoloxía Suízo de Zürich e o Laboratorio Nacional Lawrence Livermore.[2] Uniuse á facultade da Universidade de California, Irvine (UCI) en 1991.[1][3][2]

É profesora de Ciencia do sistema da Terra en UCI, codirectora de W.M. Keck Carbon Cycle Accelerator Mass Spectrometry Facility, e directora da oficina de UCI do Instituto de Xeofísica e Física Planetaria[1].

En 2009 foi nomeada directora do Instituto Max Planck de Bioxeoquímica en Jena.[4]

Trumbore é membro do equipo do Collaborative Research Center AquaDiva e de iDiv.[5] É co-coordinadora do proxecto de investigación conxunto brasileiro/alemán na Amazonía ATTO.[6]É a investigadora principal do proxecto 14Constraint, financiado por unha subvención avanzada do Consello Europeo de Investigación.[7][8][9]

Premios e recoñecementos editar

  • Membro da Unión Americana de Xeofísica e a Asociación Americana para o Avance da Ciencia en 2005.[10][6][11]
  • Foi elixida para a Academia Nacional de Ciencias en 2010.[12]
  • Medalla Benjamin Franklin en 2018[1] por «o seu uso pioneiro de medicións de radiocarbono en bosques e chans para avaliar o fluxo de carbono entre a biosfera e a atmosfera, con implicacións para a comprensión do cambio climático futuro».[3]
  • Premio Balzan en Dinámicas do sistema terrestre (2020)[6]
  • Elixida membro da Academia Europaea (2020)[13][6]
  • Medalla Vladimir Ivanovich Vernadsky (2021)[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "About Susan Trumbore The Earth's Carbon Cycle in the 21st Century: Climate, Ecosystems, and Energy". University of Delaware (en inglés). Consultado o 28 de marzo de2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Trumbore, Susan". Max Planck Gesellschaft (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Susan Trumbore". The Franklin Institute Awards (en inglés). 2 de novembro de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  4. Messmore, Teresa (Decembro 2013). "Carbon researcher is in her element". University of Delaware Messenger (en inglés) 21 (4). 
  5. "Contact / Management". Friedrich Schiller University (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "SusanTrumbore Director". Department Biogeochemical Processes.Max Planck Institute for Biogeochemistry. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  7. "Constraint / Constraint". Department Biogeochemical Processes. Max Planck Institute for Biogeochemistry. Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  8. "Contact". ATTO – Amazon Tall Tower Observatory (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  9. "14Constraint". Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  10. "New AGU fellows". Eos (en inglés) 86 (5): 49. febreiro de 2005. ISSN 0096-3941. doi:10.1029/2005eo050007. (require subscrición (?)). 
  11. "AAAS News and Notes". Science (en inglés) 310 (5748): 634–637. 2005-10-28. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.310.5748.634. 
  12. "Susan E. Trumbore". National Academy of Sciences- Member directory (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022. 
  13. "Trumbore Susan". Academy of Europe:. Consultado o 28 de marzo de 2022.