Elena Cebrián

política e enxeñeira española

Elena Cebrián Calvo, nada en Valencia o 29 de outubro de 1970,[1] é unha política e enxeñeira española.[2] Foi secretaria xeral para o Reto Demográfico do Goberno de España entre febreiro e outubro de 2020[3] e conselleira de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Desenvolvemento Rural da Xeneralidade Valenciana de xuño de 2015 a xuño de 2019.[3][4]

Infotaula de personaElena Cebrián

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elena Cebrián Calvo Editar o valor em Wikidata
29 de outubro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Q112180585 Traducir
14 de febreiro de 2022 – 30 de xuño de 2023
← Alfred Boix Pastor (en) Traducirtítulo histórico →
Lexislatura: Q65135543 Traducir

Nomeado por: Ximo Puig
14ª Q109370768 Traducir
29 de xuño de 2015 – 17 de xuño de 2019
← José Císcar (pt) TraducirMireia Mollà i Herrera (pt) Traducir →

Nomeado por: Ximo Puig
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Valencia
Universidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAndreu Escrivà i Garcia (en) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
ParentesRafael Cebrián Gimeno (pt) Traducir (proxenitor) Editar o valor em Wikidata

Twitter: elenetcc Dialnet: 2114325 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada na cidade de Valencia o día 29 de outubro do ano 1970. Tras o paso dos anos en 1995 licenciouse en Enxeñaría agrónoma, especializándose tamén en Economía e Política agraria pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV).[5] Tras licenciarse nese mesmo ano foi bolseira de posgrao no Departamento de Economía, Socioloxía e Política Agraria da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos da mesma universidade, ata 1997[6] que pasou a ser bolseira do Servizo de Estudos Agrarios e Comunitarios da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación da Generalitat Valenciana. Ten un grao en Economía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia.[5]

Inicios na Administración estatal editar

En 1999 trasladouse a Madrid, onde ingresou por oposición no Corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado,[1] pertencente ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. No 2000 foi Xefa de servizo da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal e en 2002 formou parte da Representación permanente de España ante a Unión Europea en Bruxelas, como agregada da Consellería de Agricultura.[5]

En 2003 foi xefa de área de fondos europeos do Fondo Español de Garantía Agraria e un ano máis tarde foi subdirectora xeral adxunta de Estratexias de Desenvolvemento rural do ministerio. Entre 2006 e 2010 foi xefa de proxectos de Agricultura e Desenvolvemento rural e experta nacional destacada na Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA) de Copenhague.[1][5] [6]Durante este último ano tamén logrou obter o título de experta en Xestión Ambiental pola Universidade Politécnica de Madrid[7] e foi ata 2011 directora adxunta do Organismo Autónomo Parques Nacionais.[6]

En 2012 foi xefa da unidade de apoio da Dirección Xeral da Auga na Secretaría de Estado de Medio Ambiente e desde xaneiro de 2013 a xuño de 2015 foi xefa da Unidade de Análise e Prospectiva na Subdirección Xeral de Análise, Prospectiva e Coordinación.[6]

Tamén foi colaboradora do Instituto Agronómico Mediterráneo de Zaragoza e relatora en cursos de convocatorias MAEC-AECID en Colombia e o Uruguai e foi experta a curto prazo de proxectos do programa europeo PHARE, en Polonia.[7]

Política autonómica e retorno á nacional editar

Tras os resultados das Eleccións ás Cortes Valencianas de 2015 e darse a coalición entre o Partido Socialista do País Valenciano de Ximo Puig como novo presidente da xeneralidade e Coalició Compromís de Mónica Oltra como nova vicepresidenta, Elena Cebrián como independente pasou a formar parte deste novo goberno autonómico tras ser nomeada como nova Conselleira de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Desenvolvemento Rural.[7]

Chegado o fin de lexislatura, Cebrián deixou a política e volveu á súa praza no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[3]

En febreiro de 2020 foi nomeada como secretaria xeral para o Reto Demográfico, órgano do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para loitar contra o despoboamento rural e o envellecemento da poboación, entre outros retos demográficos.[8] Cesou no cargo en outubro dese ano, sendo substituída por Francisco Aboia Alós.[9]

Publicacións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Perfil: Elena Cebrián Calvo, Conselleria de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático y desarrollo Rural". Valencia Plaza. 29 de xuño de 2015. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  2. "Elena Cebrián Calvo. Ingeniera Agrónoma : Alumni UPV : UPV". www.upv.es. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Ficha alto cargo - Generalitat Valenciana". gvaoberta.gva.es. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  4. "Resolución sobre la situació de compatibilidad de la persona con cargo público" (PDF). 19 de setembro de 2018. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Noticias por autor: Elena Cebrián Calvo". agendapublica.elpais.com (en catalán). Consultado o 3 de maio de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Elena Cebrián Calvo, Secretaria General para el Reto Demográfico". CROEM. Consultado o 3 de maio de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Elena Cebrián Calvo". transparencia.gob.es. Consultado o 3 de maio de 2022. [Ligazón morta]
  8. Redacción (4 de febreiro de 2020). "Transición Ecológica opta pola ex consellera valenciana Elena Cebrián, como secretaria xeral para o Reto Demográfico" (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2020. 
  9. "Teresa Ribera releva a Elena Cebrián como secretaria xeral para o Reto Demográfico". Valencia Plaza (en castelán). 27 de outubro de 2020. Consultado o 3 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar