Rebeca Uribe Bone

enxeñeira química colombiana

Rebeca Uribe Bone, nada na cidade de Guatemala o 7 de xullo de 1917 e finada en Bilbao o 8 de maio de 2017, foi unha enxeñeira química colombiana. Foi a primeira muller en graduarse en Enxeñaría Química da Universidade Pontificia Bolivariana de Medellín.

Infotaula de personaRebeca Uribe Bone
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1917 Editar o valor em Wikidata
Cidade de Guatemala Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Bolivariana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira química Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Rebeca Uribe Bone naceu na cidade de Guatemala o 7 de xullo de 1917. Os seus pais eran Guillermo Uribe Echevarría, un contable español de procedencia vasca, e María Teresa Bone Romero, guatemalteca de ascendencia inglesa.[1]

Guillermo Uribe, o pai de Rebeca, deixou o País Vasco e mudouse á cidade de Guatemala, onde coñeceu e casou con María Teresa Bone. En 1928, tras ter seis fillos, abandonaron Guatemala e trasladáronse a Colombia. Alí instálaronse en Medellín e tiveron dous fillos máis. A parella era librepensadora e liberal, e alentaron ás súas fillas a estudar e exercer profesións.[2] Finalmente, dúas delas convertéronse en enxeñeiras: Rebeca en enxeñeira química e Guillermina en enxeñeira civil. Por outra banda, Helena converteuse en médica, e unha cuarta irmá, María Teresa, comezou a estudar arquitectura antes dun matrimonio temperán. A quinta irmá, Carmen, sufriu de meninxite cando era nena, o que lle impediu estudar unha carreira, pero a pesar disto terminou o bacharelato. Os seus irmáns convertéronse en piloto, avogado e arquitecto.[3]

Rebeca rematou os seus estudos secundarios no Instituto Central Feminino de Medellín. Nese momento, a universidade estaba a abrir as súas portas a mulleres debidamente cualificadas. Os profesores que tivera no instituto, moi bos matemáticos e químicos, influíron nela para que elixise a enxeñaría química como carreira universitaria.[1] Os seus pais foron moi receptivos á idea e animárona a estudar, do mesmo xeito que aos seus irmáns.[1] A súa irmá Guillermina dixo en 2004: “O meu papá estaba adiantado para a época, e por iso nos estimulou moitísimo. El tiña un pensamento sobre a muller máis amplo”.[4]

Un dos profesores de Rebeca foi Joaquín Vallejo Arbeláez, enxeñeiro civil, empresario e escritor colombiano que logo desenvolveu o cargo de 12° Representante Permanente de Colombia ante as Nacións Unidas. Ademais, ela tamén realizou cursos de cultura xeral e formación docente, e moitos dos seus compañeiros comezaron a dar clases máis tarde.[1]O 19 de outubro de 1945, Rebeca Uribe Bone licenciouse na Universidade Pontificia Bolivariana (entón Universidade Católica Bolivariana) e graduouse como enxeñeira química industrial.[1] Pouco despois comezou a traballar no departamento de calidade da empresa cervexeira Bavaria.

Vida persoal editar

Antes de completar o seu primeiro ano como enxeñeira química, Rebeca Uribe Bone coñeceu a un fillo dun amigo do seu pai.[5][6] Era vasco e estaba de visita en Bogotá [2] por unha tempada. Acabaron casando e instalándose en Cali, onde fundaron unha fábrica e tiveron un fillo. Trasladáronse a Bilbao (en España) na década de 1980.[2]

Rebeca foi activa ata a vellez e adoitaba camiñar soa polas rúas da veciñanza todos os días. Aos 95 anos foi atropelada nun accidente de bicicleta. Finalmente, o 8 de maio de 2017, contando con case cen anos, faleceu en Bilbao.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Fallece la primera ingeniera del país". upb.edu.co (en castelán). 12 de maio de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Bautista, Myriam (24 de febreiro de 2021). "Dos pioneras en tiempos difíciles para las mujeres". eltiempo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  3. Bopp, John R., ed. (24 de febreiro de 2021). "The Basque origins of two pioneers in engineering in Colombia". aboutbasquecountry.eus (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  4. "Primera Ingeniera Civil Universidad Nacional de Colombia - Bogotá 18 Diciembre 1948". ingenieria.bogota.unal.edu.co (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  5. "La Facultad de Química Industrial de la UCB (hoy UPB) recibe a la primera mujer en graduarse como ingeniera en Colombia". upb.edu.co (en castelán). (31 de xaneiro de 2019). Consultado o 17 de marzo de 2021. 
  6. Erreka, Jon (20 de xuño de 2017). "Centro de Estudios Vascos de Antioquia: La primera mujer graduada como ingeniera en Antioquia era vasca". centroestudiovascoantioquia.blogspot.com (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar