Wikipedia:Os 100 artigos fundamentais/Discusións dos apartados

Perdoade que escriba aquí, pero penso que é o seu sitio). Creo que nos estamos precipitando. Acabo de ver que a proposta inicial era discutir agora se aceptabamos ou non eses 10 apartados. Como moito, pergueñar un textiño que explique que tipo de artigos cabían en cada un deles. Pero ó final –eu tamén- estamos xa discutindo se tal ou cal artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:59, 8 xuño 2008 (UTC)

  • Conxunto de disciplinas relacionadas co coñecemento humano e a cultura:

É difícil elixir só dez conceptos de cada apartado. Non sei en realidade se son máis importantes pero penso que vén ben discutir se por exemplo en humanidades, cultura, pensamento debería estar algún destes conceptos: civilización, multiculturalismo, etnocentrismo, sentimento, pensamento racional. Son moitos os conceptos que poderían ir e é difícil escoller. --Arco de Rayne 18:11, 8 xuño 2008 (UTC)

  • A verdade é que penso coma ti, tanto uns coma outros teñen importancia. Se che parece, fai unha listaxe alternativa cos artigos que incluirías no apartado, sustituíndo aqueles que che parezan menos importantes. Logo poderiamos someter ambas as dúas listas a votación e elixir a que sexa máis axeitada--Hugo22 18:58, 8 xuño 2008 (UTC).
Eis unha lista alternativa, elimino algúns conceptos como Deus que penso que xa está en relixión, xa que o concepto de divindade (entendido como Deus, deuses ou espíritos) é inherente ao de relixión. Deixo á parte mitoloxía porque en orixe son relixións conformaron como fonte de pensamento as civilizacións actuais (en boa parte son a base do comezo da literatura). Do mesmo xeito penso que a filosofía, a lóxica e o coñecemento foron tres eixos fundamentais na conformación da cultura e do pensamento actual (podería estar a ética pero en boa parte a filosofía ten moito de ética). Non creo que haxa que diferenciar aquí lingüística de Linguaxe pero foi a lingua o que permitiu o establecemento da cultura e o pensamento tal como o coñecemos. E o sentimento é o que nos fai vivir, filosofar e crear. Non é máis ca unha lista para o debate e non creo que se deba votar aínda.--Arco de Rayne 19:57, 8 xuño 2008 (UTC)
  1. Filosofía
  2. Relixión
  3. Mitoloxía
  4. Sentimento
  5. Lóxica
  6. Cultura
  7. Lingua
  8. Civilización
  9. Intelixencia
  10. Coñecemento
  • Os artigos Sentimento e Intelixencia non me parecen ben colocados eiqui, corresponden o tema Ser humano ? ElviraConversa comigo 20:55, 8 xuño 2008 (UTC)
  • O apartado ser humano non o entendo, case todo o que aparece en todos os apartados é caraterístico do ser humano: Pintura, relixión, historia, cultura, música, etc. e en ser humano aparece sexo que identifica á vida non só o ser humano, comportamento igual, a saúde e o sangue como se só foran característicos do ser humano.--Arco de Rayne 21:02, 8 xuño 2008 (UTC)
  • Uff, vaia sarillo... Que difícil é propor algo que diverxa ou que converxa... Non teño moi seguro de que estando relixión teña que faltar deus, ou que deus non deba substituír a relixión. Si creo que a razón debería estar nalgures, e que a educación tamén. Quizais en vez de lóxica e intelixencia, respectivamente. Quizais debería estar aquí a ciencia que se atopa no apartado seguinte. --Xabier Cid Conversa 12:07, 9 xuño 2008 (UTC)
  • Artigos relacionados co eido das ciencias e os seus campos :

Acho en falta un artigo sobre π e tamén sobre xene ou xenética. Incluso sobre quentamento global. Non creo que xenética deba estar no apartado de tecnoloxía. Vexo un pouco redundantes ciencia e método científico. --Xabier Cid Conversa 12:07, 9 xuño 2008 (UTC)

  • Artigos relacionados co mundo da arte; especialmente as disciplinas artísticas e a súa clasificación:

Propoño :

  1. Pintura
  2. Literatura
  3. Beleza > Arte
  4. Arquitectura
  5. Música
  6. Cinema
  7. Escultura
  8. Historia da arte
  9. Cor > Arte contemporánea
  10. Crítica > Banda Deseñada ou un artigo sobre as artes modernas que surgiron despoís da pintura.

E darlle orde alfabetica os dez artigos. ElviraConversa comigo 19:12, 8 xuño 2008 (UTC)

  • Boa idea, estou de acordo, aínda que cambiaría arte contemporánea por outra, xa que esa xa vai incluída dentro da arte en xeral--Hugo22 19:22, 8 xuño 2008 (UTC).
    • O artigo Arte contemporánea, tal como esta hoxe dache a razón Hugo. Pero si melloramos o artigo poís o concepto da arte contemporánea non é a suma das artes modernas, a arte contemporánea é a ruptura coas artes tradicionaís e as artes modernas, é unha revolucíon da arte. Non sei aclararme ben, maís teremos que leer para darlle contido maís serio a ise artigo.ElviraConversa comigo 20:50, 8 xuño 2008 (UTC)
  • Artigos relacionados coa sociedade humana, así como as ciencias sociais e todas aquelas disciplinas que axudan a definir a nosa sociedade :

Un dos apartados desta categoría debería ser ocio, entretementos, xogos ou algo así, apartado para o que ando pensando entre o cubo de Rubik ou o Sudoku. Pedro --Lameiro (conversa) 19:33, 8 xuño 2008 (UTC) Refíreste a engadir un artigo que abranga ocio, entretementos e xogos? Paréceme unha boa idea aínda que dificil. Se che parece fai unha lista que che pareza máis axeitada cambiando os artigos por outros que che parecen máis importantes--Hugo22 19:37, 8 xuño 2008 (UTC).

  • Segun vai a estrutura basica o artigo que fale de ocio, entretementos, xogos entendo que vai por o tema "Vida" mais abaixo ? Eiqui en "Sociedade" van artigos de organización da sociedade : política, economía etc e non artigos de "como se vive na sociedade " ? ElviraConversa comigo 19:41, 8 xuño 2008 (UTC)
    • Postos a cambia-lo de categoría, non sería mellor Ser humano??--Hugo22 19:44, 8 xuño 2008 (UTC).
  • Artigos senlleiros que teñan que ver coa historia, cultura e o galego en xeral :

En mundo galego penso que en troques de arte románica e Rosalía de Castro deberían ir Reino de Galicia e Revolta irmandiña. AlberteSi, digame? 18:48, 8 xuño 2008 (UTC)

  • Penso que eses dous artigos ben merecen estar na categoría Mundo galego, pero xa aparecen incluídos dentro de Historia de Galicia, artigo que sí se atopa no apartado. Creo que xunto á historia de Galicia, tanto Rosalía como a Arte románica son importantes para o Mundo galego--Hugo22 18:55, 8 xuño 2008 (UTC).
  • Supoño que si quere por este artigo Arte románica no tema mundo galego debe se crear o artigo Arte románica en Galicia, xa que do punto de vista da sabedoría a arte románica é europea.ElviraConversa comigo 19:18, 8 xuño 2008 (UTC)
    • Eu creo que non se pode falar da arquitectura románica galega sen falar antes do románico en sí. Eu creo que pra ter un bo artigo sobre o románico, deberíase ter en conta tamén ao románico europeo--Hugo22 19:29, 8 xuño 2008 (UTC).
  • Opino como Elvire, o artigo arte románica non é exclusivo do mundo galego e polo tanto non ten cabida nel. Paréceme máis fundamental como artigos propios Reino de Galicia e Revolta irmandiña. Incluso Castelao podería aparecer. AlberteSi, digame? 20:08, 8 xuño 2008 (UTC)
    • Tamén poderían aparecer, pero creo que a arte románica é bastante representativa da nosa cultura (estreitamente vencellada co camiño de Santiago a Catedral de Santiago de Compostela e outras importantes catedrais -Tui, Lugo, Ourense, Mondoñedo- igrexas e mosteiros galegos), ademais de ser un artigo que non pertence á mesma categoría que outros artigos de Mundo Galego--Hugo22 20:26, 8 xuño 2008 (UTC).
  • E se na vez de arte románica aparece Camiño de Santiago, de feito a difusión da arte e da cultura do norte dos Pireneos en Galicia tivo moito que ver con el e co que é Galicia hoxe, sen el Galicia sería bastante distinta ao que é hoxe.--Arco de Rayne 20:29, 8 xuño 2008 (UTC)
  • Pode ser, pero dentro do camiño de Santiago non se pode falar moito da arquitectura románica en Galicia, porén, dentro da Arte románica pódese falar do Camiño de Santiago e da arte e arquitectura románica en Galicia--Hugo22 20:34, 8 xuño 2008 (UTC).
  • A arte románica de Galicia é mui caracteritica de Galicia, mui peculiar no ambito da arte románica en xeral, maís a arte románica en xeral non esta representada pola a galega (isto é traballo inedito). A solución de Arco de Rayne pareceme boa . Ainde que si eu fose capaz gustariame moito un artigo sobre o romanico en Galicia, por ser caracterisco de Galicia e ser un romanico recoñocido. ElviraConversa comigo 20:39, 8 xuño 2008 (UTC)
  • A favor de mudar arte románica por Camiño de Santiago, paréceme un artigo máis fundamental que ademais cómprenos mellorar. AlberteSi, digame? 11:46, 9 xuño 2008 (UTC)
    • Se realmente credes que é máis importante e vaise traballar pra que o camiño sexa destacado   Concordo--Hugo22 12:18, 9 xuño 2008 (UTC).

Algunhas propostas:

  1. Galego --> Lingua galega
  2. Galicia
  3. Rexurdimento
  4. Historia de Galicia
  5. Literatura galega
  6. Arte románica --> Camiño de Santiago
  7. Rosalía de Castro --> Economía galega. Rosalía xa está tratada en Rexurdimento e en Literatura galega.
  8. Gastronomía galega
  9. Diáspora galega
  10. Nacionalismo galego --> Xunta de Galicia. Creo que incluír entre os dez artigos fundamentais un sobre un determinado movemento político (por que non o anarquismo galego, o socialismo galego ou o conservadorismo galego?) é un nesgo ideolóxico demasiado evidente. --Xabier Cid Conversa 12:18, 9 xuño 2008 (UTC)
  • Artigos que teñan que ver coa vida cotiá do ser humano :

O artigo ano non o vexo moito, particularmente cando xa temos tempo. E entretemento é un concepto demasiado anglosaxón (entertainment). Eu engadiría casa, e quizais diñeiro se non entra nun apartado anterior. --Xabier Cid Conversa 12:21, 9 xuño 2008 (UTC)

  • Artigos que axuden a definir parte da esencia do ser humano :
  • Como puxen máis arriba non entendo este apartado, boa parte dos 100 artigos son propios do ser humano e os artigos que aparecen aquí especificamente non son só do ser humano: sangue, comportamento, sexo...--Arco de Rayne 21:09, 8 xuño 2008 (UTC)
  • A estrutura basica xa esta feita. Debemos adaptarnos e atopar unha harmonía :
  1. Humano
  2. Saúde
  3. Muller >Intelixencia
  4. Home >Sexualidade humana
  5. Sexo
  6. Cerebro
  7. Sangue
  8. Educación
  9. Antropoloxía
  10. Comportamento

Outra proposta:

  1. Humano
  2. Saúde
  3. Muller -->Intelixencia
  4. Home -->Sexualidade humana
  5. Sexo -->Pel
  6. Cerebro
  7. Sangue
  8. Educación --> Raza. Creo que a educación ten que estar dentro do apartado do pensamento.
  9. Antropoloxía --> Sentidos
  10. Comportamento --Xabier Cid Conversa 12:26, 9 xuño 2008 (UTC)
  • Artigos relacionados co mundo da tecnoloxía e as súas disciplinas :

Outra proposta:

  1. Tecnoloxía
  2. Internet
  3. Electricidade
  4. Informática --> Computador
  5. Sostibilidade --> Roda. Sustentabilidade é a forma recomendábel. Pero eu non a vexo como tecnoloxía.
  6. Xenética --> Vacina Tampouco o vexo como tecnoloxía a xenética...
  7. Combustible
  8. Século XXI --> Televisión E os outros séculos non tiveron tecnoloxías?
  9. Información --> Barco Tampouco a información en si é unha tecnoloxía.
  10. Globalización. --Xabier Cid Conversa 12:30, 9 xuño 2008 (UTC)
  • Artigos realacionados coa xeografía e as súas disciplinas :

Proporía río, e non accidente xeográfico, e para non reincidir na xeografía política (xa temos UE, estado, cidade...), proporía mar. --Xabier Cid Conversa 12:33, 9 xuño 2008 (UTC)

  • Artigos relacionados cos feitos máis destacados da historia universal :

Uis, aquí teño unha emenda á totalidade... :) :) Dos 10 artigos, nove refírense a Europa: vaia eurocentrismo! Acho en falta falar dos exipcios, no canto dos gregos, por exemplo; ou da Historia de China en vez da revolución do 17. Idade Moderna e Revolución Francesa están demasiado relacionados, e podiamos ben chimpar esa idade sobrante e meter aí os Incas. Tamén boto en falta un artigo sobre historiografía, quizais no sitio do inabordábel historia universal. --Xabier Cid Conversa 12:38, 9 xuño 2008 (UTC)