Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 12

Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

modificacións en modelo concellos galegos editar

non sei se existe unha política á hora de "actualizar" e modificar os modelos máis empregados. ¿Pódense facer modificacións sen consultalo con ninguén nin comprobar o seu bo funcionamento? No modelo {{Concello info}} http://gl.wikipedia.org/wiki/Modelo:Concello_info engadiuse na táboa o correo electrónico pero engadiuse de xeito que aínda non poñendo o email do concello aparece na táboa esa opción ¿Quen vai engadir os máis de 300 correos electrónicos dos concellos galegos? saúdos --Nemigo   30 de xaneiro de 2013 ás 00:16 (UTC)[responder]

Xa está corrixido por Toliño. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de febreiro de 2013 ás 21:25 (UTC)[responder]

modelo concellos galegofalantes editar

Cal é a diferenza entre estos dous modelos?
{{Modelo:Concello galegofalante info}} Exemplo ->Vega de Valcarce
{{Modelo:Concellos galegofalantes info}}Exemplo->Navia
e cal é o que hai que empregar? --Nemigo   10 de febreiro de 2013 ás 23:04 (UTC)[responder]

Ningunha (un ten un formato máis desfasado). De feito, coido que habería que fusionar ambos os dous modelos con {{Concello}} (afortunadamente están usados en poucas páxinas e pódese facer a man). --Toliño Fala aquí comigo 11 de febreiro de 2013 ás 14:23 (UTC)[responder]
Acabo de decatarme de que eses dous modelos aos que fas referencia son para concellos galegofalantes de fóra de Galicia. Polo tanto, débense fusionar eses dous, pero non con {{Concello}} como dixen antes. --Toliño Fala aquí comigo 11 de febreiro de 2013 ás 16:45 (UTC)[responder]
Estiven a mirar o modelo {{Concello}} e non pode ser empregado para concellos de fora de galiza. O modelo leva a etiqueta situación a cal leva incluído este tipo de aquivo-> [[Ficheiro:Situacion_{{PAGENAME}}.PNG|300px]] Polo que sempre dará erro ao amosar a páxina. E para concellos de fora de galiza hai dous modelos pero nun NON se pode poñer imaxe do concello e noutro non se pode poñer a situación xeográfica do concello. --Nemigo   11 de febreiro de 2013 ás 21:03 (UTC)[responder]

Importar código da Wikipedia en catalán editar

Nos modelos da Galipedia aparecen dúas pestanas Modelo e Conversa e ligan co modelo e conversa, respectivamente. E na subpáxina de documentación (uso do marcador) tamén aparecen as mesmas pestanas pero neste caso liga con coa subpáxina. En cambio na Viquipèdia aparecen 3 pestanas Plantilla, Discussió e Documentació, e a pestana Plantilla liga co modelo, Discussió coa conversa e Documentació coa subpáxina. Pódese ver un exgemplo aquí para a Galipedia, e aquí para a Viquipèdia. O código atópase aquí ca:MediaWiki:Common.js en "Afegir la pestanya "Documentació" per plantilles". --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de febreiro de 2013 ás 21:23 (UTC)[responder]

Non sei ata que punto é necesario. En primeiro lugar considero que é redundante se a páxina xa conta cunha ligazón desde a caixa de documentación. Por outra banda, hai moitos modelos que non necesitan nin van ter documentación, como son as caixas de navegación que se insiren ao final dos artigos. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 22:11 (UTC)[responder]

Coñecer o número de entradas editar

Ola a todos, alguén me podería dicir como se pode saber o número de novas entradas de artigos feitas por un usuario na Galipedia? Un saudo --UL mrsanmartin (conversa) 4 de marzo de 2013 ás 09:22 (UTC)[responder]

Ola UL mrsanmartin. Aquí tes unha ligazón de exemplo https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial%3AP%C3%A1xinas_novas&namespace=0&tagfilter=&username=UL+mrsanmartin Un cordial saúdo. --Prevertgl 4 de marzo de 2013 ás 09:28 (UTC)[responder]
Boas, se queres ver unha lista de tódolos artigos que fixo un usuario podes usar esta ligazón. Lémbrate de poñer como wiki gl para buscar na Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 11:30 (UTC)[responder]

Importar trebello editar

Propoño importar un trebello que é o reloxo en hora central europea (UTC+1 en inverno e UTC+2 en verán), da Wikipedia en neerlandés. Este é o código fonte nl:MediaWiki:Gadget-LocalLiveClock.js --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 6 de marzo de 2013 ás 20:41 (UTC)[responder]

E non será un dos trebellos que xa están instalados? --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 14:26 (UTC)[responder]
O trebello que está amosa a hora en UTC, pero este que propoño, amósaa na hora galego, é dicir, en UTC+1 en inverno e UTC+2 en verán. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 17:27 (UTC)[responder]
  Feito! Perdón pola confusión. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 19:43 (UTC)[responder]
Grazas --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 21:33 (UTC)[responder]

Descargar como PDF editar

Boas, rematei hai pouco de iniciar a páxina de xogo de azar e quixen descargalo como PDF para botarlle unha ollada xeral. Resulta que non se descargaron as imaxes, agás unha do taboleiro do parchis. Repasei os ficheiros e vin que a este ficheiro, ao cortar e pegar, non lle trocara o nome de File polo de Ficheiro. Penso que o problema está no novo nome pois descargei as páxinas noutras linguas deste mesmo artigo e saen perfectamente as imaxes. Alguén sabe solucionar o problema? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de marzo de 2013 ás 19:24 (UTC)[responder]

É un erro coñecido (bugzilla:46314). Informouse del hai uns días (resúltame estraño que non se decatase ninguén antes). --Toliño Fala aquí comigo 21 de marzo de 2013 ás 19:04 (UTC)[responder]
O erro xa foi resolto e as imaxes aparecen correctamente nos artigos descargados en PDF. --Toliño Fala aquí comigo 28 de marzo de 2013 ás 14:48 (UTC)[responder]

Modelo escultor editar

Ola, quería adxuntar un Modelo de escultor pero non atopo ningún para usar como plantilla. Como fago? --Rey Suárez (conversa) 30 de abril de 2013 ás 12:48 (UTC)[responder]

En relación con esta cuestión, ¿hai algún lugar onde se poida consultar unha listaxe de modelos actualizada? Existe a Wikipedia:Lista_de_modelos, pero non semella estar actualizada: por exemplo, non está o modelo "pintor" que é o que aparece en Picasso. Graciñas pola axuda. AArizaga (conversa) 30 de abril de 2013 ás 13:05 (UTC)[responder]
Hai a lista de moldes, pero nela non aparece o modelo para escultor. De todas formas xa o creo eu. Saúdos. --JaviP96 30 de abril de 2013 ás 13:45 (UTC)[responder]
Xa creei un modelo xenérico para todo tipo de artistas, está aquí. --JaviP96 30 de abril de 2013 ás 19:48 (UTC)[responder]

Os extras da aparencia Vector non van editar

Boas. Non sei a vós, pero a min na aparencia Vector non me funciona ningún extra, xa sexan extras para todos os usuarios, ou os persoais. Non aparece a barra de edición que hai en enriba do cadro de edición. E o MediaWiki:Edittools.js (O cadro de símbolos e códigos wiki que está debaixo do cadro de edición), tampouco funciona, o premer non inserta o código. Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 1 de maio de 2013 ás 17:43 (UTC)[responder]

A min ocórreme o mesmo, ademais hai máis fallos, por exemplo, non aparecen nos artigos ós símbolos de destacados e bos noutra Wikipedia. --JaviP96 1 de maio de 2013 ás 18:12 (UTC)[responder]
Uff, xa pensaba que metera a zoca tocando algo que non debía. A min pásame o mesmo. Beninho (conversa) 2 de maio de 2013 ás 17:34 (UTC)[responder]
Semella algún tipo de problema co JavaScript. Ten pinta de ser algo alleo a nós, pero nunca se sabe. A barra superior véxoa unhas veces e outras non. Na parte inferior o cadro que aparece é o "de reserva" para a xente sen JavaScript. Podo aventurar a dicir que pode estar causado por algúns dos cambios que imos sufrir este mes (contas globais únicas, notificacións a través dos wikis). --Toliño Fala aquí comigo 2 de maio de 2013 ás 22:29 (UTC)[responder]
A min tamén me vén pasando o mesmo, conviña avisar á superioridade. --Servando2 (Dime) 2 de maio de 2013 ás 22:31 (UTC)[responder]
Estiven fedellando nas nosas páxinas de JavaScript e estilos CSS, actualizando os códigos obsoletos. Coido que xa quedou todo solucionando. Se alguén segue tendo problemas con algo que avise. --Toliño Fala aquí comigo 3 de maio de 2013 ás 12:45 (UTC)[responder]
Grazas Toliño --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 5 de maio de 2013 ás 20:07 (UTC)[responder]

PAGESIZE editar

Ola. Non atopo como se debe poñer pagesize ou semellante para que Wikipedia:Lista_de_artigos_que_toda_Wikipedia_debería_ter/tamaño funcione como é debido. Alguén me da algunha indicación? --Agremon(contacto) 27 de maio de 2013 ás 11:33 (UTC)[responder]

Xa respondín na conversa desa páxina. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 31 de maio de 2013 ás 14:42 (UTC)[responder]

New account creation and login designs editar

Hi! Apologies for not posting in Galician. (If you translate this message, feel free to replace or hide it.)

After months of testing, we're finally ready to enable the new designs for account creation and login here on Galician Wikipedia. We plan on doing this today (May 29) around 23:00 UTC. If you're intersted in the background, there is documentation about why we did this and how we tested it.

As we announced on the blog a while back, you can try out the new look here before it's launched. (See the blog post for instructions.) If you see any lingering translation issues, please either fix them on translatewiki.net (where the volunteer translation for software is done). I am happy to help with any local customizations you think you might need, so please don't hesitate to reply here with any questions or requests.

Many thanks, Steven (WMF) (conversa) 29 de maio de 2013 ás 22:27 (UTC)[responder]

Thanks. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2013 ás 11:32 (UTC)[responder]

Pywikipediabot moving to git on July 26 editar

https://blog.wikimedia.org/2013/07/23/pywikipediabot-moving-to-git-on-july-26/ --. HombreDHojalata.conversa 23 de xullo de 2013 ás 19:17 (UTC)[responder]

Modelo Mosteiro editar

Alguén sabe porque non vai este modelo ou se vai como se emprega? -> http://gl.wikipedia.org/wiki/Modelo:Mosteiro Saúdos --Nemigo 13 de agosto de 2013 ás 23:04 (UTC)[responder]

Copio e pego a explicación do modelo: "Este modelo úsase para xerar as filas dunha táboa na que se presenten monumentos. A táboa proporciona a lista dos mosteiros e conventos de Galicia". Pódese ver o seu uso en Mosteiros e conventos de Galicia. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de agosto de 2013 ás 23:13 (UTC)[responder]
Pensei que era un modelo para empregar nos artigos de mosteiros. Xa vexo que non. Saúdos --Nemigo 14 de agosto de 2013 ás 10:09 (UTC)[responder]

Páxinas orfas editar

En Especial:Páxinas orfas aparece unha extensa listaxe de páxinas coas que non liga ningunha outra. Entre elas hai unha chea de páxinas de homónimos. Precisamente (e salvo excepcións) o interesante é que calquera ligazón interna non vaia cara a unha páxina de homónimos, senón cara a unha máis específica. Polo que parece esta lista está xenerada automaticamente. Non sería posible facer que se excluísen as páxinas de homónimos? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 24 de outubro de 2013 ás 02:18 (UTC)[responder]

Pregunteille ós da lista da asociación e dixéronme que nesa páxina non se podía facer nada pero que ó mellor podía facerse no Toolserver. Pregunteille como se podería facer pero aínda estou esperando, e non teño moita esperanza de que o faga porque supoño que facer iso levará un traballiño e a xente está liada con outras cousas. Non sei se haberá outro sitio onde se poida pedir esta información, se me entero doutra cousa xa che aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2013 ás 01:51 (UTC)[responder]

HotCat editar

Funciónavos o HotCat? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 9 de novembro de 2013 ás 00:13 (UTC)[responder]

Parece que hoxe non funciona, tampouco me sae a barra de enriba da caixa de edición, a que ten o botón de firmar. Algo andarán fedellando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2013 ás 01:47 (UTC)[responder]
A min non me funciona en GL... pero si que me funciona en EN... Quen podería botar un ollo a isto? Parece que algo desconfiguramos na nosa wiki... --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de decembro de 2013 ás 07:56 (UTC)[responder]
Non desconfiguramos nada, e seguramente ese será o problema, que non cambiamos algo que se precisaría por algunha actualización. Tampouco funciona a barra avanzada de edición. Deixei unha mensaxe en bugzilla e cando saiba algo xa vos aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2013 ás 10:12 (UTC)[responder]

Creo que xa conseguín que me funcionara o HotCat, para facelo tiven que desactivar o detector de Homónimos nas preferencias. Debe haber algún problema de compatibilidade entre esas dúas ferramentas. Non é unha solución definitiva pero algo é algo... Seguirei preguntando en bugzilla a ver se dan atopado o problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 00:56 (UTC)[responder]

Actualicei o script dos homónimos e creo que agora xa funciona, se segue dando problemas avisade e sigo mirando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 01:40 (UTC)[responder]

Sería a pera limonera se alguén se anima a traducir a información relativa ao HotCat (pt:, en:, es:). --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de decembro de 2013 ás 01:50 (UTC)[responder]

Lista unha primeira versión: Wikipedia:HotCat. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 09:22 (UTC)[responder]

state=collapsed editar

Dun tempo a esta parte deixoume de funcionar en Mozilla Firefox o state=collapsed do Modelo:Navbox. Quero dicir que noutros navegadores (Internet Explorer, Opera, Chrome) as caixas de navegación saen ben (encollidas) e en Firefox sáenme sempre despregadas.

Un exemplo: Modelo:Rueiro de Vigo en Abeleira Menéndez.

Amais, curiosamente, ocórreme só na Wikipedia en galego. Na Wikipedia en inglés, por exemplo, as caixas saen pregadiñas, hai que darlle ao "[show]" para ver o contido.

Pásavos a todos ou é só a min??? . HombreDHojalata.conversa

A min tampouco me funcionan co Mozilla (non probei cos outros); pásame o mesmo co HotCat, por veces co trebello de interwikis e cos caracteres especiais que se despregan abaixo ao editar unha páxina. Será cousa do demo. --Servando2 (Dime) 25 de novembro de 2013 ás 23:10 (UTC)[responder]
A min tampouco me funciona o collapsed, nin os símbolos especiais, nin o Hotcat en Firefox, os interwikis si que me funcionan. Dende que Xoacas deu o aviso do comentario de enriba deixou de funcionar pero non teño nin idea de por que. Non me decato se nas outras wikis funciona ou non. Preguntarei na lista de correo a ver se alguén sabe o que pode pasar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 08:43 (UTC)[responder]

Agora si que me funciona se aplico o apaño que comento arriba, desactivar o detector de homónimos nas preferencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 00:58 (UTC)[responder]

Repito o de arriba: actualicei o script dos homónimos e creo que agora xa funciona, se segue dando problemas avisade e sigo mirando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 01:41 (UTC)[responder]

Grazas. Es un crack. . HombreDHojalata.conversa 16 de decembro de 2013 ás 11:33 (UTC)[responder]
O crack de verdade é Toliño, eu son o suplente :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2013 ás 11:48 (UTC)[responder]

novo modelo para referencias editar

Tras certo traballo, Elisardo e mais eu creamos o modelo modelo:DRAG-PdP para remitir as referencias ás definicións do Dicionario da RAG e o Portal das Palabras. Por cuestións estéticas, permite que remita a unha palabra pero que se visualice outro texto (ó estilo da barra vertical para wikiligazóns, e por cuestións técnicas permite remitir a un código de busca co identificador para os casos máis complicados (que é igual para as dúas fontes). Como é habitual, pode verse a axuda de uso no propio modelo. Isto permitirá simplificar e xustificar por exemplo os usos dos topónimos que se poidan atopar mediante as buscas avanzadas das dúas webs, e outras moitas palabras, quedando algo así:

Sobreira ►〓 parlez 2 de decembro de 2013 ás 13:46 (UTC)[responder]
Agora tamén hai unha versión modelo:DRAG avanzada que permite poñer os datos sen ter que poñer o nome dos parámetros e así non ter que teclear tanto :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2013 ás 11:35 (UTC)[responder]

Ligazóns con corchetes na URL editar

Engado este pequeno apuntamento por se alguén se ve na mesma situación:

Nunha edición comprobei que as ligazóns externas que conteñen corchetes na URL interprétanse erroneamente.

  • P.ex.: http://www.mondonedoferrol.org/estudios%20mindonienses/MINDONIENSES%2022%20[protegido].pdf
  • Vese así: [protegido.pdf ligazón]

A solución pasa por substituir os corchetes polo seu código hexadecimal.

  • [ = %5B
  • ] = %5D

Interpretándose así correctamente: ligazón

Woden (eh ho?!) 24 de xaneiro de 2014 ás 10:39 (UTC)[responder]

Estaría ben darlle máis visibilidade a esta información, porque de seguro que alguén más xa tivo este problema, coa conseguinte frustración. A documentación dalgúns modelos que inclúen enderezos URL xa contén esta información (Modelo:Cita web e similares, por exemplo). --Toliño Fala aquí comigo 25 de xaneiro de 2014 ás 12:15 (UTC)[responder]

Localización nos mapas editar

Habería que traer o modelo de localización que hai noutras wikis para localizar unha cidade polas coordenadas, posto que na maioría dos casos os mapas que aparecen son deste estilo e ao copialos nesta versión queda en blanco. Ademais que xa empeza a ser dificil localizar mapas nos que aparece xa marcado un punto coa localización do lugar. --AMPERIO (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 18:35 (UTC)[responder]

  Feito! Xa o temos, o que pasa é que aínda non é moi coñecido, está en {{mapa de localización}} e hai que usar os de cada país como por exemplo {{mapa de localización de Reino Unido}}. Se faltara o mapa dalgún país en Categoría:Mapa de localización podes deixar un aviso aquí ou na miña conversa e cando haxa un rato libre facémolo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 20:24 (UTC)[responder]
O que quizais habería que facer sería mellorar a páxina de axuda do modelo, apúntoo como tarefa. Tamén hai que revisar os interwikis xa que nalgúns mapas non están ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2014 ás 20:25 (UTC)[responder]
Poderías facelo nalgún artigo como exemplo, non son capaz de faceio eu, sempre me sae algún erro. --AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 10:57 (UTC)[responder]
Estase usando por exemplo en Ambleside. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 14:27 (UTC)[responder]
E non se pode integrar dentro do modelo:Cidade en lugar de ter que facer unha táboa nova? --AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 15:15 (UTC)[responder]

Outra dúbida, como podo facer eu un mapa desos? Por exemplo para unha provincia de España ou un Estado dos Estados Unidos? --AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 15:57 (UTC)[responder]

O máis doado é adaptalos da wiki en castelán ou inglés. O do modelo cidade é boa idea haberá que mirar o que se pode facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 23:54 (UTC)[responder]

Modelos de Cidades editar

Modelo:CidadeModelo:Cidade de Irlanda Na actualidade existen varios modelos para poñer nos artigos de cidades. Na maior parte destes artigos o modelo empregado é modelo:Cidade, sobre todo nas cidades de España. Isto non ocorre así coas cidades de Estados Unidos, que teñen modelo:Cidade dos EUA, Irlanda que ten o modelo:Cidade de Irlanda, os Países Baixos que teñen tamén o seu propio modelo:Cidade dos Países Baixos, e algún outro haberá tamén... Isto queda moi bonito, pero é un pouco de tolos á hora de facer o artigo, ademais de que por exemplo o dos Países Baixos é exactamente igual que o modelo:Cidade cambiando as cores. O que propoño é suprimir estes modelos e unificar todos no de Cidade, que é o maioritario. O modelo:Concello deixaríao como está para diferenciar un pouco os concellos galegos do resto, pero habería que engadirlle algún parámetro para que se poda engadir o modelo:Mapa de localización. --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 10:51 (UTC)[responder]

Eu estou contigo - Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 27#Unificación das caixas de cidades --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:06 (UTC)[responder]
PD: Cómpre lembrar, engado, que a Galipedia é unha Enciclopedia en galego, non unha enciclopedia galega nin unha enciclopedia de Galicia, polo que tampouco ten moito sentido tratar aos concellos galegos de xeito diferente. --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:08 (UTC)[responder]
Eu tamén estou dacordo, é un pouco caótico o tema deses modelos e penso que unificalos sería áis cómodo e unificaría bastante a estética dos artigos. --Beninho (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]
Concordo en parte. Concordo no de unificar o modelo Cidade, é unha tarefa necesaria. Non concordo en cambiar o modelo concello, os concellos de Galicia xa teñen un mapa para cada un deles co que se localizan e ó mesmo tempo se visualiza a súa extensión (isto creo que non se pode indicar nos mapas de localización). Eu, polo momento, non vexo necesidade de cambiar ese modelo. Con respecto ó do tipo de enciclopedia penso que por poñer un modelo un pouco diferente nos concellos galegos non estamos facendo unha enciclopedia de Galicia, creo que nestes momentos a Galipedia xa superou esa fase con creces, e por dar unha pincelada diferente a estes artigos non pasa nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:21 (UTC)[responder]
Concordo plenamente con Norrin, non lle vexo sentido a poñer un modelo distinto para os concellos galegos. Por outra banda, paréceme ben o do mapa de localización, máis eu daría a posibilidade de poñer os mapas que temos, xa non só polos galegos, en Finlandia (especialmente en Laponia) hai concellos e cidades extensísimos e hai varios concellos partidos (hai parte do concello separado do resto). Creo que para que definitivamente a Galipedia deixe de ser unha enciclopedia galega ou sobre Galiza debemos deixar de tratar os artigos sobre Galiza dun xeito distinto ao resto (mesmo eliminar o artigo destacado sobre Galiza na portada como fan nas wikis catalá ou vasca, algo que para min fai que levemos algúns artigos mediocres á portada, e en lugar destes artigos sobre Galiza negadir dunha vez unha sección de novas que en parte nos obligue a actualizar os contidos e a crear artigos de actualidade). No seu momento dixen que na caixa das cidades se podé facer referencia ás mesmas cousas que na dos concellos (eu prescindiría da información política máis aló do alcalde, para eso temos unha sección específica) e nos podería valer para indicar os falantes de sueco que hai nun concello finlandés ou os de húngaro que haxa nun concello romanés, por ex empleo. --Piquito (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:52 (UTC)[responder]
Eu non digo de quitar a opción de poñer un mapa de imaxe como os que hai agora. O que digo, con respecto ao modelo:mapa de localización é que se poda engadir no modelo como xa sucede no de cidade.

Como vedes no de Madrid pode engadirse calquera imaxe, no de Irlanda, por moito que cambie o código a imaxe que aparece é sempre a do mapa que vedes. O mesmo ocorre co de cidade de Estados Unidos (que por certo temos tamen CidadeUSA) no que directamente non aparece nada. --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 12:58 (UTC)[responder]

Eu empezaría por unificar todos os modelos de cidades (que xa é choio abondo). Logo, pensaría nunha posible fusión co dos concellos (que de momento non teño clara). Xa aviso que (polo menos co código actual do modelo) a incorporación do mapa de localización non é tarefa doada porque eu xa o intentara sen éxito antes de afastarme durante tanto tempo da Galipedia. --Toliño Fala aquí comigo 27 de xaneiro de 2014 ás 13:23 (UTC)[responder]

Funciona o revisor ortográfico? editar

Son o único ao que non lle canta en vermello o Wikipedia:Revisor ortográfico? --. HombreDHojalata.conversa 10 de febreiro de 2014 ás 21:33 (UTC)[responder]

A min tampouco me vai. Só me funciona o corrector de Trasno.--AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 22:43 (UTC)[responder]
Pois parece que non, tentarei investigalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 02:41 (UTC)[responder]
Actualicei a dirección do revisor que agora está no Tool Labs, agora mesmo segue sen funcionar pero ó mellor hai que esperar 24 horas para que comece a funcionar de novo como pasou cando se instalou. Veremos o que pasa nos vindeiros días. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 02:54 (UTC)[responder]

  Feito! Se vedes o mais en vermello é que xa vos funciona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 03:18 (UTC)[responder]

Parece que nesta páxina non funciona pero a min acaba de funcionarme no artigo Portugal, hai varios "mais" en vermello pero que son correctos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 03:22 (UTC)[responder]

New "Getting Started" feature editar

Hi everyone, and sincere apologies for posting in English.

This is an extra announcement that today we released a new feature, called "Getting Started" in English, which provides all newly-registered editors with suggestions of what to edit and how to do so. You can learn more at the English guide to the feature, a version of which should be created here too probably. Unless you're registering a new account you will not notice this feature, though it does apply an edit tag to identify which edits come from suggested pages. Thanks, and do let me know if you have any questions. This was also mentioned in the latest version of Tech News. Steven (WMF) (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 18:28 (UTC)[responder]

OK. Thank you. --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2014 ás 11:33 (UTC)[responder]

Ligazóns a entrevistas editar

Alguén consegue ver as entrevistas que liga LiteraturaGalegadosXX mgb (conversa · contribucións)? En caso afirmativo, con que configuración (que navegador web...)? --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2014 ás 11:32 (UTC)[responder]

Para ver as ligazóns en Firefox hai que premer no icono pequeniño que está á esquerda da dirección web e premer na flecha que hai ó lado do botón "Continuar bloqueando" e seleccionar "Desactivar la protección en esta página". Realmente as entrevistas son presentacións aloxadas no servidor de slideshare (mira esta por exemplo) que están "incrustadas" nese blog. Tedes un vídeo explicativo nesta ligazón. Ó mellor sería convinte, ante a dificultade de acceder a esa información, pedir ó usuario que cambiara as direccións e puxera directamente as de slideshare.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2014 ás 00:27 (UTC)[responder]

Modelos de caixas de información editar

Boas a todos e todas:

Vin xa o debate sobre os modelos de cidade. A Galipedia ten un certo "desorde" en canto aos modelos de caixas de información (Infobox), por iso, vexo oportuno abrir unha conversa, na miña opinión, bastante importante, sobre o camiño a tomar neste senso.

Para comezar, o que debería ser o modelo "nai" das caixas de información (Modelo:Infobox), está a medio traducir do inglés. Neste punto, deberíase acordar se manter o código "base" en inglés e simplemente traducir as instrucións ou traducilo todo. De facer o segundo, teríanse que trocar todos os modelos que empregan, ademáis de implementalo no resto.

O seguinte paso sería adaptar os modelos ao "pai". Porén, isto, en sí, non é un traballo moi complexo, de non ser pola cantidade de modelos que empregamos. Deste modo, sería recomendable racionalizar os modelos, como se propón no caso das cidades, e empregar as variables, que nos permitan, simplemente cambiando o nome do modelo nos artigos, rematar antes á migración.

O asunto é que isto non se fai só, é tamén un traballo complexo, leva bastante tempo facelo.

Para a súa execución, vexo conveniente un Wikiproxecto que coordine a acción, onde se planifique de maneira máis concreta o traballo. Pontevedra78|Conversa 15 de febreiro de 2014 ás 17:20 (UTC)[responder]

A cousa é interesante, tamén se podía aproveitar para actualizar o modelo coas últimas melloras da wiki inglesa, pero o problema é o de sempre, hai pouco tempo para todo e para as cousas técnicas aínda menos. Eu polo momento non lle vexo moita prioridade (os modelos van funcionando...), digo na miña parcela persoal, pero non me parece mala a idea de facer un wikiproxecto para ver o traballo que podería dar, os beneficios que obteríamos e para ter un centro onde organizarse. Pontevedra78 se te animas a facer o wikiproxecto eu seguireino e ó mellor así cambio a miña visión sobre o asunto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 02:40 (UTC)[responder]
Creei o Wikiproxecto. Como xa expoño alí, non é algo urxente, pero é recomendable facelo, dende logo penso que facilitaría o traballo, non soamente cara a racionalización dos modelos, se non que tamén facilitaría, de ser necesario, facer novas caixas. Pontevedra78|Conversa 16 de febreiro de 2014 ás 16:10 (UTC)[responder]
Como xa expresei en máis dunha ocasión: isto é algo necesario e cedo ou tarde había que facelo. Mágoa o escaso tempo que teño para dedicarlle. Axudarei no que poida. --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2014 ás 15:04 (UTC)[responder]

Modelo:Galicia editar

Véxase Conversa modelo:Galicia. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 18:32 (UTC)[responder]

Se aceptan suxestións. --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2014 ás 19:46 (UTC)[responder]

Sería interesante a participación da comunidade na elaboración deste novo modelo para as estradas. De estética similar aos outros, pretende unificar a diversidade de caixas de información para as vías de comunicación terrestres. Os parámetros son os mesmos, pero coido que é importante que se converse sobre el antes de comezar a empregalo, servindo así tamén para anunciar a súa existencia. Pontevedra78|Conversa 22 de febreiro de 2014 ás 23:17 (UTC)[responder]

Problema técnico nunha páxina de conversa editar

Non sei a razón, se fixen algo mal ou por algún erro do software na páxina Conversa:Unión_Progreso_y_Democracia non se visualiza ben o meu comentario.--Sernostri (conversa) 28 de abril de 2014 ás 16:01 (UTC)[responder]

Xa o tes arranxado, no comentario anterior puxeron un nowiki e esqueceron pechalo. Non sei por que aparece como se asinara eu eses comentarios, así que se queres múdalo. --2.139.243.229 28 de abril de 2014 ás 16:06 (UTC)[responder]
Grazas.--Sernostri (conversa) 28 de abril de 2014 ás 16:09 (UTC)[responder]

VisualEditor global newsletter—May 2014 editar

This is a one-time mailing to projects that may need this information. Future newsletters will be available as opt-in only. To receive future newsletters (about one per month), please add your page to the subscribers' list at m:VisualEditor/Newsletter. You're welcome to translate to your language.


Since the last newsletter, the VisualEditor team has mostly worked on the new citation tool, improving performance, reducing technical debt, and other infrastructure needs.

 

Did you know?

 

The cite menu offers quick access to up to five citation templates. If your wiki has enabled the "⧼visualeditor-toolbar-cite-label⧽" menu, press "⧼visualeditor-toolbar-cite-label⧽" and select the appropriate template from the menu.

Existing citations that use these templates can be edited either using the "⧼visualeditor-toolbar-cite-label⧽" tool or by selecting the reference and choosing the "⧼visualeditor-dialogbutton-reference-tooltip⧽" item in the "Inserir" menu.

Read the user guide for more information.

The biggest change in the last few weeks is the new citation template menu, labeled "⧼visualeditor-toolbar-cite-label⧽". The new citation menu offers a locally configurable list of citation templates on the main toolbar. It adds or opens references using the simplified template dialog that was deployed last month. This tool is in addition to the "⧼visualeditor-dialogbutton-reference-tooltip⧽" item in the "Inserir" menu, and it is not displayed unless it has been configured for that wiki. To enable this tool on your wiki, see the instructions at VisualEditor/Citation tool.

Eventually, the VisualEditor team plans to add autofill features for these citations. When this long-awaited feature is created, you could add an ISBN, URL, DOI or other identifier to the citation tool, and VisualEditor would automatically fill in as much information for that source as possible. The concept drawings can be seen at mw:VisualEditor/Design/Reference Dialog, and your ideas about making referencing quick and easy are still wanted.

  • There is a new Beta Feature for setting content language and direction. This allows editors who have opted in to use the "Lingua" tool in the "Inserir" menu to add HTML span tags that label text with the language and as being left-to-right (LTR) or right-to-left (RTL), like this: <span lang="en" dir="ltr">English</span>. This tool is most useful for pages whose text combines multiple languages with different directions, common on Right-to-Left wikis.
  • The tool for editing mathematics formulae in VisualEditor has been slightly updated and is now available to all users, as the "⧼math-visualeditor-mwmathinspector-title⧽" item in the "Inserir" menu. It uses LaTeX like in the wikitext editor.
  • The layout of template dialogs has been changed, putting the label above the field. Parameters are now called "fields", to avoid a technical term that many editors are unfamiliar with.
  • TemplateData has been expanded: You can now add "suggested" parameters in TemplateData, and VisualEditor will display them in the template dialogs like required ones. "Suggested" is recommended for parameters that are commonly used, but not actually required to make the template work. There is also a new type for TemplateData parameters: wiki-file-name, for file names. The template tool can now tell you if a parameter is marked as being obsolete.
  • Some templates that previously displayed strangely due to absolute CSS positioning hacks should now display correctly.
  • Several messages have changed: The notices shown when you save a page have been merged into those used in the wikitext editor, for consistency. The message shown when you "⧼visualeditor-toolbar-cancel⧽" out of an edit is clearer. The beta dialog notice, which is shown the first time you open VisualEditor, will be hidden for logged-in users via a user preference rather than a cookie. As a result of this change, the beta notice will show up one last time for all logged-in users on their next VisualEditor use after Thursday's upgrade.
  • Adding a category that is a redirect to another category prompts you to add the target category instead of the redirect.
  • In the "Imaxes e ficheiros multimedia" dialog, it is no longer possible to set a redundant border for thumbnail and framed images.
  • There is a new Template Documentation Editor for TemplateData. You can test it by editing a documentation subpage (not a template page) at Mediawiki.org: edit mw:Template:Sandbox/doc, and then click "Manage template documentation" above the wikitext edit box. If your community would like to use this TemplateData editor at your project, please contact product manager James Forrester or file an enhancement request in Bugzilla.
  • There have been multiple small changes to the appearance: External links are shown in the same light blue color as in MediaWiki. This is a lighter shade of blue than the internal links. The styling of the "Estilo do texto" (character formatting) drop-down menu has been synchronized with the recent font changes to the Vector skin. VisualEditor dialogs, such as the "⧼visualeditor-toolbar-savedialog⧽" dialog, now use a "loading" animation of moving lines, rather than animated GIF images. Other changes were made to the appearance upon opening a page in VisualEditor which should make the transition between reading and editing be smoother.
  • The developers merged in many minor fixes and improvements to MediaWiki interface integration (e.g., edit notices), and made VisualEditor handle Education Program pages better.
  • At the request of the community, VisualEditor has been deployed to Commons as an opt-in. It is currently available by default for 161 Wikipedia language editions and by opt-in through Beta Features at all others, as well as on several non-Wikipedia sites.

Looking ahead: The toolbar from the PageTriage extension will no longer be visible inside VisualEditor. More buttons and icons will be accessible from the keyboard. The "Atallos do teclado" link will be moved out of the "Opcións da páxina" menu, into the "Axuda" menu. Support for upright image sizes (preferred for accessibility) and inline images is being developed. You will be able to see the Table of Contents while editing. Looking further out, the developers are also working on support for viewing and editing hidden HTML comments. VisualEditor will be available to all users on mobile devices and tablet computers. It will be possible to upload images to Commons from inside VisualEditor.

If you have questions or suggestions for future improvements, or if you encounter problems, please let everyone know by posting a note at mw:VisualEditor/Feedback or by joining the office hours on Thursday, 19 June 2014 at 10:00 UTC. If you'd like to get this newsletter on your own page (about once a month), please subscribe at w:en:Wikipedia:VisualEditor/Newsletter for English Wikipedia only or at Meta for any project. Thank you! --Elitre (WMF) (talk) 22 de maio de 2014 ás 17:39 (UTC)[responder]

Estaría ben que revisásedes este modelo, para comezar a empregalo. Pontevedra78 conversa 26 de maio de 2014 ás 13:18 (UTC)[responder]

Viría moi ben unha explicación do uso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de maio de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]
Imprescindible facer a páxina de documentación: Modelo:Elección/uso. --. HombreDHojalata.conversa 27 de maio de 2014 ás 11:12 (UTC)[responder]
Intentei facer o modelo por min mesmo, sen tirar dos das demáis wikis, entón saiume algo que funciona moi mal. Básicamente é unha caixa de información para os artigos sobre eleccións parlamentarias, presidenciais, plebiscitos, etc, cunha listaxe das candidaturas ou opcións e o seu resultado, un espazo para poñer unha imaxe de como quedou configurado o parlamento, outro para unha foto do gañador, etc.Pontevedra78 conversa 28 de maio de 2014 ás 19:02 (UTC)[responder]

Vou retirar temporalmente a categorización automática que fan algúns modelos editar

  1. Como sabedes, os artigos ou imaxes que non teñen ningunha categoría (nin azul nin vermella) aparecen, cando se refresca a caché, en Especial:Páxinas sen categoría ou Especial:Imaxes sen categoría.
  2. Por outra banda, temos moitos modelos de mantemento que meten ao artigo, automaticamente, nunha categoría. Por exemplo: incluír o modelo {{Arquitectura en progreso}} nun artigo, provoca que ese artigo vaia automaticamente na Categoría:Arquitectura en progreso.

O segundo implica que o primeiro non funcione axeitadamente. Un artigo sen categorías que teña o modelo {{Personalidades en progreso}} non vai aparecer nunca en Especial:Páxinas sen categoría. E teño detectado que hai varios casos deses.

Para amañalo propóñome a facer o seguinte: Vou ir retirando temporalmente a categorización automática dalgúns modelos de mantemento. Agardarei a que se refresque a caché e os artigos aparezan en Especial:Páxinas sen categoría. Despois marcarei cada un dos artigos con {{sencat}}. A continuación desfarei a miña edición nos modelos para que queden como estaban.

De tódolos modelos de mantemento, só cos 59 marcadores de "en progreso" xa temos case 9.000 artigos. Non sei cantos deles poden estar sen categoría. A idea deste proceso é detectalos e metelos dentro da Categoría:PendenteCategoría, para despois ir categorizandoos.

Explícovos todo isto para que non vos estrañedes porque ande retirando as categorías aos modelos. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xuño de 2014 ás 16:13 (UTC)[responder]

Moi boa idea. Se necesitas axuda puntual non deixes de avisar, Usuario:HombreDHojalata. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xuño de 2014 ás 16:39 (UTC)[responder]
Resultado: hai 95 artigos sen categoría. . HombreDHojalata.conversa 23 de xuño de 2014 ás 05:45 (UTC)[responder]
  Feito! Penso que isto xa está, creo que tódolos artigos da lista xa teñen categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2014 ás 17:08 (UTC)[responder]

Updates related to VisualEditor editar

Please help translate this message in your language. Thanks :)

Hi, everybody. This is a reminder that we invite you to discuss VisualEditor's recent development and plans ahead during the next office hours with James Forrester (Product Manager):

If you are not able to attend but have a question for James, you can leave your question at mediawiki.org or on my talk page by the day before, and I will try to get a response. We plan to continue these monthly sessions as long as there is community interest, and to announce them through the VisualEditor global newsletter as well (please subscribe your talk page there to get the latest news about the software).

Most of the VisualEditor team will be at Wikimania in London in August! You'll be able to meet the developers during the Hackaton or at the following sessions:

WMF community liaisons will share a booth with community advocates at the Community Village and look forward to talking to you there. Thanks for your attention! --User:Elitre (WMF) 31 de xullo de 2014 ás 16:02 (UTC)[responder]

VisualEditor global newsletter—July and August 2014 editar

 

The VisualEditor team is currently working mostly to fix bugs, improve performance, reduce technical debt, and other infrastructure needs. You can find on Mediawiki.org weekly updates detailing recent work.

 
Dialog boxes in VisualEditor have been re-designed to use action words instead of icons. This has increased the number of items that need to be translated. The user guide is also being updated.

The biggest visible change since the last newsletter was to the dialog boxes. The design for each dialog box and window was simplified. The most commonly needed buttons are now at the top. Based on user feedback, the buttons are now labeled with simple words (like "Cancel" or "Done") instead of potentially confusing icons (like "<" or "X"). Many of the buttons to edit links, images, and other items now also show the linked page, image name, or other useful information when you click on them.

  • Hidden HTML comments (notes visible to editors, but not to readers) can now be read, edited, inserted, and removed. A small icon (a white exclamation mark on a dot) marks the location of each comments. You can click on the icon to see the comment.
  • You can now drag and drop text and templates as well as images. A new placement line makes it much easier to see where you are dropping the item. Images can no longer be dropped into the middle of paragraphs.
  • All references and footnotes (<ref> tags) are now made through the "⧼visualeditor-toolbar-cite-label⧽" menu, including the "⧼visualeditor-dialogbutton-reference-tooltip⧽" (manual formatting) footnotes and the ability to re-use an existing citation, both of which were previously accessible only through the "Inserir" menu. The "⧼visualeditor-dialogbutton-referencelist-tooltip⧽" is still added via the "Inserir" menu.
  • When you add an image or other media file, you are now prompted to add an image caption immediately. You can also replace an image whilst keeping the original caption and other settings.
  • All tablet users visiting the mobile web version of Wikipedias will be able to opt-in to a version of VisualEditor from 14 August. You can test the new tool by choosing the beta version of the mobile view in the Settings menu.
  • The link tool has a new "Open" button that will open a linked page in another tab so you can make sure a link is the right one.
  • The "Cancel" button in the toolbar has been removed based on user testing. To cancel any edit, you can leave the page by clicking the Read tab, the back button in your browser, or closing the browser window without saving your changes.

Looking ahead editar

The team posts details about planned work on the VisualEditor roadmap. The VisualEditor team plans to add auto-fill features for citations soon. Your ideas about making referencing quick and easy are still wanted. Support for upright image sizes is being developed. The designers are also working on support for adding rows and columns to tables. Work to support Internet Explorer is ongoing.

Feedback opportunities editar

The Editing team will be making two presentations this weekend at Wikimania in London. The first is with product manager James Forrester and developer Trevor Parscal on Saturday at 16:30. The second is with developers Roan Kattouw and Trevor Parscal on Sunday at 12:30. There is a VisualEditor Translation Sprint going on during Wikimania; whether you're in London or not, any contributions are welcome!

Please share your questions, suggestions, or problems by posting a note at the VisualEditor feedback page or by joining the office hours discussion on Thursday, 14 August 2014 at 09:00 UTC (daytime for Europe, Middle East and Asia) or on Thursday, 18 September 2014 at 16:00 UTC (daytime for the Americas; evening for Europe).

If you'd like to get this newsletter on your own page (about once a month), please subscribe at w:en:Wikipedia:VisualEditor/Newsletter for English Wikipedia only or at Meta for any project. Thank you! --Elitre (WMF), 9 de agosto de 2014 ás 14:40 (UTC)[responder]

VisualEditor News #8—2014 editar

13 de outubro de 2014 ás 09:49 (UTC)

VisualEditor News #9—2014 editar

14 de novembro de 2014 ás 23:29 (UTC)

Request for translation evaluation for Content Translation editar

Hello, Greetings from Wikimedia Foundation's Language Engineering team! My apologies for writing in English. We are planning to enable beta testing of Content Translation for creating articles in the Galician Wikipedia. Content translation uses Apertium and we would like to get a better understanding on how useful Apertium translations would be as a starting point to create new articles for editors of the Galician Wikipedia. By following the instructions on this form you can help us by providing the information about your languages. We are especially interested in the translations from Spanish to Galician and Portuguese to Galician, but you can use the form to provide information about any other language pair supported by Apertium. Thank you.--Runa Bhattacharjee (conversa) 17 de novembro de 2014 ás 05:49 (UTC)[responder]

Problemas do Editor Visual editar

  • O Editor Visual ten ventás en portugués.
  • Non permite modificar as notas a rodapé.

Pedro --Lameiro (conversa) 23 de decembro de 2014 ás 18:15 (UTC)[responder]

Que mensaxes son? (Ó mellor esas ventás non son do Editor visual, ó mellor son ventás xerais do sistema Mediawiki que están sen traducir, actualmente en translatewiki.net faltan por traducir, ou actualizar, ó galego 5.013 mensaxes, pero do Editor visual só faltan 3) Dime un exemplo de nota que non se pode modificar e mirarei se se pode amañar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 09:28 (UTC)[responder]

VisualEditor News #10—2014 editar

26 de decembro de 2014 ás 18:59 (UTC)