Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 2

Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

sobre borrado de marcados editar

Estiven facendo revisión de marcados como {{nongalego}} e outros para borrar. Hai que ter conta que se se fai a procura por google, as páxinas non están actualizadas ó momento, polo que hai que asegurarse antes de borrar.

Por outra parte, aínda que este apartado pode que non sexa o máis adecuado para dicilo, creo que hai que mirar un pouco máis os artigos que se marcan ,porque nalgún leva casemáis tempo engadir o template que facer a corrección correspondente, a redirección ou o amaño que sexa. Boeno... estou esaxerando, pero quero dicir que hai páxinas que con pouco se amañan, e se se borran pode borrarse un traballo previo non tan dado. Un saúdo e bó ano dende a madrugada do 1.--Agremon 05:41, 1 Jan 2005 (UTC)

Wikipedia:Mover ao Wikcionario contén un apartado, o de páxinas a mover, que é redundante, porque xa aparecen co template na propia páxina e en Category:Mover ao Wikcionario, que sempre estará máis actualizado.


  • Supoño que a maior parte das páxinas que teñen un marcador que non sexa En progreso marqueinas eu, polo tanto, debo explicar o proceso que seguín ao facelo.

Sobre as páxinas que teñen o marcador {{Nongalego}} en ningún caso se trata de eliminar páxinas nas que se teña traballado e logo perder ese traballo, o marcador existe para que non teñamos páxinas procedentes doutras wikipedias e queden mortas sen tradución. Polo tanto sábese de antemán que vai ocorrir se non se traducen.

Sobre Mover ao Wikcionario e outros marcadores que requiren rexistro manual, non hai redundancia o que ocorre é que é preciso engadir as razóns que motivan poñer a páxina na lista (porque pode surxir certo debate sobre se a páxina debe ou non estar na lista) e iso só pode facerse manualmente.

En canto a que algunhas páxinas das marcadas podían corrixirse con pouco traballo -sobre todo no caso de fusións-, estou de acordo, o criterio que seguín case sempre foi que se virá como funcionaba o sistema de mantemento, para estender o seu uso entre os usuarios e dese xeito implicar a máis persoas no mantemento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 01:34, 2 Jan 2005 (UTC)

Problemas de conexión editar

Só unha pregunta: estes días teño un acceso á Galipedia (en xeral, á wikipedia) lentísimo a maior parte do tempo. Ocórrevos o mesmo?--Agremon 21:01, 6 Xan 2005 (UTC)

  • a verdade e que non me fixei, pero das 3 veces que fixen incirso de ollada pola wiki no me pareceu que fuse lento. a pesardes todo non descarto a posibilidade de que isto ocurra--Xelo2004 21:10, 6 Xan 2005 (UTC)
  • Houbo moitos problemas, o servidor estaba saturado e estaban facendo cambios. Na páxina de información sobre o status da Wikipedia dicían que o funcionamento era intermitente, de todos os xeitos algúns proxectos wiki estaban máis afectados que outros. Para comprobar se é problema propio ou da wikipedia consultar en: Wikipedia Status. Agora sigue sendo lento segundo o último informe. Saúdos. --Prevert(talk) 21:20, 6 Xan 2005 (UTC)

Tradución da Wikipedia/Wikcionario editar

Ola a todos,

Ante todo bo ano.

Hai unha chea de tempo que puxen unha mensaxe en metawiki.wikipedia.org para que se actualice o languageGL.php mais aínda non tiven resposta :-(

Como quero dar este tema por rematado, propoño traducir as mensaxes do wikcinario e as mensaxes da wikipedia a partires do languageGL. A miña idea é que sexan as mesmas. Comentarios?

Saúdos, Roberto --Rabalde 11:04, 10 Xan 2005 (UTC)

Como ninguén dí nada, vou comezar coa tradución. Calquera dúbida ou comentario, deixádea na páxina de comentarios das páxina de tradución. Saúdos, Roberto --Rabalde 11:41, 14 Xan 2005 (UTC)
  • O único a dicir é que hai algunhas mensaxes que non se poden cambiar como: copyrightwarning e noutras hai que ser coidadoso como recentchangestext. Outra cuestión é que hai algunhas mensaxes que non poden ser iguais que no Galizionario, como algúns enderezos de páxinas, etc. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:27, 14 Xan 2005 (UTC)
    • Vale. Vouno ter en conta. Cando me xurdan dúbidas vouno preguntar aquí. Saúdos. --Rabalde 12:35, 14 Xan 2005 (UTC)
      • Teño un problema: cómo chamamos á páxina de entrada? No wikcionario usamos "Páxina Principal" porque "Portada" traería problemas (é unha palabra que debería estar definida...). Na wikipedia usamos "Portada". Logo, cal usamos? --Rabalde 11:05, 20 Xan 2005 (UTC)
  • Non vexo a necesidade de cambiar, a Galipedia pode seguir con Portada e o Galizionario con Páxina Principal (un cambio de nome na Galipedia non traería ningún beneficio e pola contra obrigaría a crear unha redirección desde Portada a Páxina Principal). Un par de cousas máis: logs deberían traducirse por rexistros (o termo bitácora non reflicte realmente o que significa logs e é confuso), na pestana das páxinas no espazo de nomes Wikipedia aparece o texto 'sobre' debería aparecer Proxecto ou algo semellante. Gran traballo traducir todo o que faltaba, felicitacións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:24, 20 Xan 2005 (UTC)


Tradución da Wikipedia/Wikcionario rematada editar

Ola,

Acabo de rematar a tradución da Wikipedia/Wikcionario. Agora habería que verificar/corrixir a tradución das mensaxes do wikcinario e das mensaxes da wikipedia. Por favor, se modificades algunha mensaxe, avisádeme para poder manter semellantes as traducións do Wikcionario e da Wikipedia.

Saúdos, Roberto --Rabalde 09:54, 26 Xan 2005 (UTC)

Mudanza masiva de vínculos editar

Acabo de traducir o artigo sobre a Free Software Foundation. Resulta que en Mantemento / Páxinas buscadas, este artigo figura á cabeza, con 388 ligazóns pendentes, catro veces máis que o artigo seguinte. O problema é que non é exactamente para este artigo que apuntan esas ligazóns senón para un cun erro: Free Software Fundation. (con u e non con ou). É posíbel modificar todas esas 388 ligazóns automaticamente? Porque se non, vai ser un traballo do carallo.

Rabalde comentou nalgun momento a posibilidade de crear guións en Python para tarefas específicas. Talvez esta sexa unha ocasión moi necesaria. Xosé 17:11, 3 Mar 2005 (UTC)

  • Estimado amigo, tes que provar a rexistrarte mellor, mais que nada porque cando se che quere entrar encontramonos que a páxina interpreta unha ligazon coa que se quere facer un artigo. Entón non temos cerco cal é o teu "alias"; dos aspecto que preguntas arriba, podes poñerte en contacto con --Prevert(talk) que deseguro podeche aconsellar ou resolver algunas dúbidas. Un saudo e haber se podes rexistrarte mellor--Xelo2004 19:01, 3 Mar 2005 (UTC)
  • Ese problema esta corrixido desde o día en que se creou a páxina Free Software Foundation, a ligazón procedía do modelo coa licenza GFDL. Arranxado o enlace trabucado xa ningunha páxina apunta a Free Software Fundation, a páxina aparecerá na lista ata que sexa actualizada, cousa que non depende de nós. Saúdos. --Prevert(talk) 20:09, 3 Mar 2005 (UTC)

Sobre efemérides editar

Argallando na zona de probas cheguei a que:

Sería unha boa aportación para a portada, no recuncho das efemérides. O certo é que está mal escrito -mes con maiúsculas-, ¿de que xeito podería ser corrixido? ¿É un dos aspectos técnicos alleos ó control da Galipedia? Un saúdo. --Adalbertofrenesi(talk) 14:32, 9 Abr 2005 (UTC)

  • Boa idea. Xa está corrixido. Saúdos. --Prevert(talk) 15:06, 9 Abr 2005 (UTC)


Ola a todos. Por medio da wikipedia en castelán cheguei ata [1] que é unha ferramenta online para crear mapas reais. Deixo a ligazón aquí por se a alguén lle interesa.--Adalbertofrenesi(talk) 23:29, 10 Abr 2005 (UTC)

Normativa do galego editar

Na páxina de axuda está prevista unha sección que recolla a normativa ortográfica e morfolóxica do galego. Quero-o facer (só teño que extraer o texto dun pdf que baixei de O noso Lar e formatá-lo à la wiki). O problema é que són varias dúcias de páxinas e non sei como distribuir o texto para que sexa de fácil acceso (en sub-páxinas, supoño). Que suxestións podedes facer? Xosé(Contacto) 15:34, 1 maio 2005 (UTC)

  • Felicitacións de antemán. Está no espazo de nomes Wikipedia: e iso significa que se poden crear subpáxinas. Aínda non estou seguro -teño que pensalo máis- pero quizais sexa o mellor. O importante é que na parte superior haxa unha especie de navegación que permita moverse facilmente polo conxunto das normas. A páxina principal Wikipedia:Galego debería funcionar como portada. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:11, 1 maio 2005 (UTC) Engadido: por exemplo, Wikipedia:Galego/O alfabeto. Saúdos. --Prevert(talk) 16:29, 1 maio 2005 (UTC)

Template de Ligazóns a outras wiki editar

Mirade por favor os template:

template:wikiquote

Template:Commons

Template:Wikisource author

Estiven esta tarde con eles tratando o artigo de Albert Einstein e non don rematado. Agora vou estar unhas horas sen editar, e logo se non está solucionado, seguirei, pero non sei moi ben por ónde.--Agremon(contacto) 19:47, 14 maio 2005 (UTC)

  • Xa corrixin o modelo para Wikiquote, tentarei botarlle unha ollada ó resto ;) --Alyssalover(fálame) 20:31, 14 maio 2005 (UTC)

Como resolver o problema dos acentos? editar

Como redireccionar por exemplo optica a óptica, advertíndoo. Alguén ten unha solución??.

  • Non entendo moi ben que queres dicir, se se trata dunha redirección normal escríbese (na páxina Optica) #REDIRECT [[Óptica]], a redirección é automática. Non sei a que te refíres con advertindo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:51, 20 maio 2005 (UTC)

Fontes dos libros editar

Hoxe averigüei que escribir I S B N cun espazo e logo un número creaba unha ligazón directa sen usar [[]]: ISBN 84-8485-9596-X. Vexo que na paxina de fontes dos libros son todas estranxeiras. Non se pode poñer Andel como distribuidor para internet de libros galegos e portugueses? Para que se vexa que non é só porque eu traballe alí: Trazos, que é a outra única que coñezo só en galego.


Estiven mirando de traducir en:IPA in Unicode pero atopeime que teñen unhas redireccións a templates chamados "IPA" e "IPA fonts". Tamén na alemana. Antes de eu intentar copiar e pegar, ¿pódese aplicar á Galipedia?

  • IPA

<span title="This is an IPA-transcription; see: International phonetic alphabet." class="IPA" style="white-space: nowrap; font-family:{{IPA fonts}}; font-family /**/:inherit;">{{{1}}}</span>

  • IPA fonts

Arial Unicode MS, Doulos SIL, Code2000, Chrysanthi Unicode, Gentium, GentiumAlt, TITUS Cyberbit Basic, Bitstream Cyberbit, Bitstream Vera, Lucida Sans Unicode

Propoño usarmos "AFI" e "FontesAFI". O texto interno di: "Isto é unha transcrición ó AFI; véxase AFI"

--Sobreira 16:47, 21 maio 2005 (UTC)

  • Efectivamente con ISBN créase unha ligazón automaticamente. En varias ocasións tentei de cambiar esa páxina pero non localicei o lugar onde se editan as ligazóns. Con respecto ao segundo punto (os templates IPA) non ten que ver coa fonte dos libros. Lembro que tí xa creaches algún modelo dese tipo, senón me equivoco relacionado con Unicode. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:32, 21 maio 2005 (UTC)
  • O espazo Mediawiki de librarías de referencia é [2], os administradores poden engadir máis referencias, pero nese espazo non se poden borrar as ligazóns que xa hai (eu tampouco sei onde están editadas)--Rocastelo 17:57, 21 maio 2005 (UTC) .
  • Non estou seguro que noutros wikis o teñan feito así, non toquei iso porque os ingleses teñeno baleiro http://en.wikipedia.org/wiki/MediaWiki:Booksourcetext , ten que haber outro sitio. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:05, 21 maio 2005 (UTC)


Traballo en progreso editar

Ola, a cuestión que quero plantexar é sobre o uso apropiado para a etiqueta "traballo en progreso". Coido que debería ser usada en artigos curtos ou sesgados. por exemplo, na entrada do Rei Artur, "está de máis" ó meu entender. Supónse que calquera entrada acepta unha mellora ou ampliación, polo que empregala aí sería unha redundancia. (Espero volver a colaborar máis a miúdo). Un saúdo a todos. --Adalbertofrenesi(talk) 21:06, 29 Xuñ 2005 (UTC)

  • Neste caso fun eu quen lle puxen en progreso ao crealo, xa que non fixen referencia á tradición literaria que tivo e ten Artur na literatura (e na galega en especial) coa esperanza que alguén o ampliase, pero si que é certo que en progreso figura en artigos con moito contido, e neses casos non ten moito sentido.--Rocastelo 21:20, 29 Xuñ 2005 (UTC)

Cambios en MediaWiki 1.5 editar

Desde o 3 de xullo a Galipedia usa MediWiki 1.5 que inclúe unha serie de cambios con respecto ás versións anteriores do software, se atopades algún problema deixade aquí un aviso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 3 xullo 2005 12:08 (UTC)

Enlaces editar

O nome do instrumento musical é "óboe" en galego, no índice aparece como "oboe", o que provoca problemas para enlazar dende outros puntos. Outra cuestión: para corrixir un título que está mal (por exemplo "Giussepe Verdi" no canto de "Giuseppe Verdi") ou incompleto ("Joseph Haydn", por "Franz Joseph Haydn"), que procedemento debo seguir? Última: non sei como contestar á xente que me deixa mensaxes. Un saúdo.

  • Ola Xograr. Primeiro: benvido ;) Para corrixir o título tes que empregalo botón "mover", escribes a nova dirección e o sistema moverá o artigo ó lugar que lle indiques. Para contestar á xente pulsa sobre o seu nome. Así irás á súa páxina de usuario. Despois pulsas no botón "discusión" e alí deixas a túa mensaxe. Ca fin de axilizae isto algúns de nós temos na nosa firma enlaces directos ás nosas páxinas de discusión. Se che interesa facelo mesmo só tes que ir a "preferencias" "Información do usuario" e no campo "O seu alcume (para sinaturas)" escribir [[User:Xograr|Xograr]]<sup>[[User talk:Xograr|(discusión)]]</sup>. Xa por último, supoño que xa sabes que os artigos non se firman, pero si se fai nas páxinas de discusión (coma esta) ca fin de que sexa máis doado seguir unha conversación. Para firmar tan só tes que, cando estás editando unha páxina, pulsalo segundo botón pola dereita ou escribir catro tiles: ~~~~ Un saúdo --Alyssalover(fálame) 5 xullo 2005 18:33 (UTC)


Caixa de edición editar

Non sei se vos pasa o mesmo, pero dende que entrou Mediawiki 1.5 non funciona ao premer en negra e cursiva na caixa de edición, non sei se é problema do meu navegador (Firefox) ou é xeral.--Rocastelo 6 xullo 2005 16:27 (UTC)

Eu teño Internet Explorer e non teño problemas. --Adalbertofrenesi(talk) 6 xullo 2005 16:47 (UTC)

  • Pois vai ser cousa túa porque como podes comprobar a min si que me funciona e tamén emprego Firefox. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 6 xullo 2005 16:50 (UTC)
  • Ao principio deixara de funcionar pero agora xa funciona. Tamén hai outros pequenos problemas desde que se efectuo o cambio. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 6 xullo 2005 17:02 (UTC)

Imaxes non ligadas editar

Non entendo ben por que aparecen "imaxes non usadas" situadas en upload. Alguén controla a situación? Son imaxes que se poden meter en algúns artigos que o necesitan. --Agremon(contacto) 10:48, 16 xullo 2005 (UTC)

  • Hai algunhas imaxes que foron cargadas (algunhas delas hai moitos meses) e non chegaron a usarse en ningún artigo. En Special:Unusedimages pode comprobarse quen cargou cada imaxe e a partir de aí saber para que uso. Polo que eu sei alguhna imaxe das que aparece na lista foi cambiada por outra de maior calidade (e/ou tamaño), outras van ser usadas no futuro, algunha outra tería que ser borrada, outras poderíanse introducir xa nas páxinas e algunhas contactar co usuario que a cargou para saber que queren facer con elas, finalmente nalgunha outra determinar o estatus do copyright. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:03, 16 xullo 2005 (UTC)

Proposta de bot editar

Hola. Mil perdones por usar el castellano aquí; lo siento mucho, pero no hablo galego (aunque lo entiendo, sobre todo escrito). Soy Taragui, y opero un robot en la Wikipedia en castellano para el mantenimiento de enlaces entre idiomas. He notado que actualmente no hay ningún operador registrado para w:gl; puesto que resulta mucho más eficiente para los servidores si los bots trabajan en varias Wikipedias a la vez, quería consultar si la comunidad se opone a que registre uno aquí. He solicitado eso mismo en la wiki en asturiano y en catalán. Si no hay oposición por vuestra parte, solicitaré que me habiliten una cuenta de bot desde meta y empezaré a trabajar con ella. Un saludo, Taragui 14:12, xullo 20, 2005 (UTC)

Sobre a toponimia editar

Se ben é certo que tanto o termo Galicia como o recentemente normativizado Galiza son igualmente "legais", a normativa tende a preferir Galiza como topónimo xeográfico e nomenclatura xeral do país, e Galicia como acepción político-administrativa, polo que non se trataría de empregar un ou outro termo, xa que non son polivalentes. Espero as vosas opinións ao respecto. --Xacobe 00:09, 1 agosto 2005 (UTC)

  • Onde pon iso, estou a repasar as normas e só pon que Galicia é voz lexítima galega, denominación oficial e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada no galego medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. Terás que dar máis fontes.--Rocastelo 00:17, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Se ben creo que non foi exposto na presentación, por dicilo así, "oficial", da última modificación normativa, o documento que lanzou xente da RAG expoñendo os cambios que se estaban a preparar explicaban que era esta a idea que se lle daba á cooficialidade dos dous termos. Intentarei buscar os documentos. En todo caso, estaría ben que adoptasemos un criterio para empregar un deles, ou a forma de saber cando empregar cada un. --Xacobe 00:30, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Xa existen na Galipedia criterios para a utilización de ambas palabras, están en Wikipedia:Política e normas:Toponimia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:01, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Perfecto, non caera na conta. Moitas grazas e perdoade as molestias --Xacobe 11:06, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Ningunha molestia, os colaboradores novos axudan a que isto mellore. Calquera dúbida que teñas podes deixala na taberna ou nas páxinas de discusión correspondentes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:25, 1 agosto 2005 (UTC)

Sobre o termo bolxevique editar

Redactando un pequeno artigo sobre Friedrich Engels, atopei que está bastante extendido o emprego "bolchevique", no canto do termo "bolxevique" que é o correcto no noso idioma. O que acontece é que non teño moi claro como corrixir os erros, xa que os temas xa están ligados. ¿Como podemos solucionar este problema?


Redireccións na lingua do país editar

Un usuario anónimo creou varias páxinas de redireccións, a maioría absurdas, pero unhas cantas coa forma orixinal do país. Ten sentido manter esas redireccións ou é mellor borralas, exemplo:日本 redirixido a Xapón - 日本 eu penso que se deberían borrar, non creo que sexan necesarias.--Rocastelo 01:00, 3 agosto 2005 (UTC)

  • Estou de acordo co borrado, se seguiramos o criterio de crear en todos os idiomas redireccións isto estaría cheo de redireccións de todo tipo. Con respecto á redirección Xapón e pouco probable que un xaponés veña aquí a buscar información sobre o seu país pero sería cuestión de pensar se ten algún sentido que fagamos unha redirección desde o nome orixinal do país á páxina co nome na Galipedia. En principio parece que non, excepto que surxa algún argumento que aclare esa necesidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:46, 3 agosto 2005 (UTC)


  • (Eu sei que não se deve escrever em português nos artigos. Também acho isso muito errado, mas não vejo problema em escrever em português na Taberna.)

A redireção de 日本 para Xápon não é necessária! Já existe um mecanismo na Wikipedia para que não o seja. Ao visitar a página de Xapón vocês podem ver na coluna da esquerda a redireção para o mesmo artigo em todas as línguas. Se clicar em português, aparece o artigo Japão em português. Se clicar em English, aparece o artigo para Japan em inglês. Assim, se algum usuário japonês quiser consultar informação sobre seu país na Galipédia, basta que veja a página sobre o Japão em sua língua e clique no link Galego na coluna da esquerda. A.Z. 12:28, 19 xaneiro 2006 (UTC)

Tradución editar

Oferta de traductor de balde portugues-galego editar

Ola, levo traballando na wikipedia galega sobre todo na preparacion dun tradutor automatico portugues-galego, que non teño rematado mais xa corre ben dabondo para ser util, de feito eu levoo probando/mellorando unha tempada.

É moi doado de usar: é un documento MS-WORD, valdeiro, con macros en Visual-Basic. Hai que facer un corta-pega nel do texto en portugues (por exemplo do texto editado da wiki portuguesa), dás-lle á tecla ALT-F8 e nuns segundos produce unha traduccion que hai que repasar pero vai.

Se vos interesa, poido enviar a quen lle interese o documento word (ollo!, é a version 0.1; agora que lin algo sobre visual-Basic vou preparar outra version, a 1.0, e será moito mellor, mais iso á volta do vrau) Saudos.--Xosel 10:48, 7 agosto 2005 (UTC)

  • Parece interesante, gustaríame probalo. Para non publicar o enderezo no web podes seguir o enlace Envíar un correo-e a este usuario da miña páxina de usuario. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:05, 7 agosto 2005 (UTC)
  • A min tamén me interesa!, deixoche a petición no teu correo tamén. --Nanotrasno 11:28, 4 xaneiro 2006 (UTC)

Métodos de tradución de artigos noutras linguas editar

É un pouco trapalleiro, e podese facer preciso entender por un mesmo a lingua do artigo orixinal, pero en calquera caso alixeira moito o traballo de tradución e facilita o aproveitamento eficiente de varias fontes. O procemento que vos propoño é o seguinte:

  • Sobre páxinas en castelán empregar o tradutor CLUVI da universidade de Vigo ([3]) directamente sobre a páxina. E dispois traballar sobre o resultado corrixindo os erros ou millorando aspectos da redacción.
  • Sobre outras linguas. Empregar un tradutor ao español e o resultado pasalo polo tradutor do CLUVI, non queda tan mal como se pode pensar nun principio e pártese dun corpo escrito que acelera moito a tradución. A outra opción que viña empregando ata hai pouco consistía en traducir ao portugués cun tradutor automático, pasarlle o corrector galego do word algo personalizado e millorar a redacción e corrixir os erros restantes.
  • Para quen non dispoña de tradutor (coma min) hainos na web (entre outros):

[4]

[5]

un problema que presentan é que o texto a traducir de cada vez ten un tamaño limitado, mais non é moi grave porque se poden traducir bloques grandes abondo para traballar sobre eles.


saúdos. --Nanotrasno 11:28, 4 xaneiro 2006 (UTC)

Clasificacións alfabéticas editar

No artigo Medicina http://gl.wikipedia.org/wiki/Category:Medicina hai unha clasificación alfabética na que se diferencia A de Á, feito non habitual nas enciclopedias da nosa lingua nin doutras linguas romances. Así Aparato aparece no A, e Ácaro no Á. Este criterio non parece ter moito sentido e non sei se se debe a un erro interno dunha clasificación automática da Galipedia. Se é así, considero que debe ser corrixido. Que opinades?--Xoán Carlos Fraga 21:24, 15 outubro 2005 (UTC)

Eu tamen vin o erro, non sei se haberá que editar código fonte pero sexa como sexa, penso que debe ser corrixido. --Rodrigo 21:31, 15 outubro 2005 (UTC)

  • Xa o correxín. Nestes casos o que hai que facer é ir o artigo en cuestión e editalo. Hai que sustituir [[Category:a-que-sexa]] por [[Category:a-que-sexa|α]], sendo α a letra na que queremos que nos clasifique o artigo. un saúdo --Alyssalover(fálame) 21:40, 15 outubro 2005 (UTC)
  • Está ben corrixilo, pero penso que sería mellor facer que o software da wikipedia clasificara xa automáticamente os termos acentuados na letra sen acento correspondente. Non sei que procedemento se segue noutras wikipedias. Tampouco sei se hai posibilidades de cambiar o software se é necesario. --Rodrigo 22:03, 15 outubro 2005 (UTC)
  • Hai que facelo como di Alyssalover. Nós non temos ningún control sobre o software, na versión actual de MediaWiki non pode facerse automaticamente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:02, 16 outubro 2005 (UTC)

Erro nunha páxina de erro editar

  • Acabo de tentar subir unha fotografia e resulta que non estaba rexistrado no sistema (a edición sobre gaita galega é miña). Fun enviado a unha páxina especial na que o texto é este:
Non está dentro do sistema
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ha de <a href="/wiki/Special:Userlogin">entrar no sistema</a> para poder subir ficheiros.
Voltar a Portada.

Evidentemente o HTML da ligazón non deberia aparecer asi. Xosé (✉) 19:11, 23 outubro 2005 (UTC)

  • Grazas polo aviso, xa está amañado, había algunha páxina máis con ese erro, podería quedar aínda algún, se alguén detecta ese ou outro erro pódeo comentar aquí, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 20:29, 23 outubro 2005 (UTC)

Erro nos diff editar

  • Nas páxinas de diferenzas entre as versións aparece o seguinte:
& larr; Ir ao dif anterior  	Revisión como estaba o 11:34, 16 abril 2005

e

Ir ao seguinte dif & rarr;

O primeiro é o código HTML para a frecha para a esquerda ("left arrow") e o segundo para a direita, pero non se mostran asi senón como este texto que figura nos recadros. Xosé (✉) 19:26, 25 outubro 2005 (UTC)

  • Xa está arranxado, o que son as cousas, a de veces que lle dei á dif e nunca me dera conta que estaba mal, grazas polo aviso, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 19:46, 25 outubro 2005 (UTC)

a procura non está actualizada? editar

estiven corrixindo alguns artigos nos que aparecía "brasileño" e cambieino a "brasileiro". o caso é que cando procuro "brasileño", os resultados seguen a ser os mesmos, non ten en conta as modificacións ós artigos. ¿cada canto tempo se actualizan os resultados da procura? ou é que non se actualizan, ou fixen algo mal? --Rodrigo 20:49, 26 outubro 2005 (UTC)

Combinar artigos editar

O proceso para combinar artigos duplicados modificouse recentemente, podedes ver o proceso a seguir en Wikipedia:Artigos duplicados.--Rocastelo(fálame aquí) 18:39, 1 novembro 2005 (UTC)


Clear the cache of this page? editar

  • Cando se vai a unha páxina que non existe ainda oferece-se a posibilidade de "purgar" a caché da páxina. Se se calca nese vínculo vai-se a unha páxina na que aparece o texto en inglés "Clear the cache of this page?". Poderiade-lo traducir? Xosé (✉) 20:29, 8 novembro 2005 (UTC)
  • Xa está traducida, podes vela en MediaWiki:Confirm purge (o signo que hai despois é necesario)--Rocastelo(fálame aquí) 20:50, 8 novembro 2005 (UTC)

Que significa "Amosar edicións revisadas"? editar

  • Que significa o "Amosar edicións revisadas"? que aparece en Cambios Recentes? Por certo, non seria máis claro poñer, na mesma liña, "Amosar os usuarios rexistrados?" en vez de "Amosar os usuarios dentro do sistema" Xosé (✉) 00:09, 9 novembro 2005 (UTC)
  • Nunha das versións das últimas de MediaWiki engadíuse unha opción para axudar na revisión das edicións, un sistema que marcaba as entradas de cambios recentes cun signo que desaparecía cando un usuario revisaba a páxina. O obxecto era reducir o tempo de revisión, na wikipedia inglesa houbo certa polémica e os programadores modificaron esa opción. Agora sirve para agochar ou amosar as liñas dos diversos rexistros. En canto a "Amosar os usuarios dentro do sistema" antes estaba como propós, cambiouna Rabalde cando fixo unha edición dunha parte importante das mensaxes de MediaWiki. Non sei o motivo exacto pero penso que debeu ser por unha cuestión de precisión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:31, 9 novembro 2005 (UTC)

Cita bibliográfica e ligazón permanente editar

  • Na caixa de ferramentas aparecen duas opcións que están sen traducir: "permanent link" e "cite this article", ademais de estar sen explicar para que serven na páxina de Axuda. Xosé (✉) 13:41, 1 decembro 2005 (UTC)

Preferencias -> Aparencia editar

  • Nesta sección ofrece-se a posibilidade de mudar a folla de estilo do usuario. A continuación dos nomes aparece entre parénteses a palabra Previo, que deberia ser Antevisión, Proba, ou algo asi, pois o que fai é abrir unha xanela nova coa nova aparencia. Xosé (✉) 15:48, 27 decembro 2005 (UTC)