LiteraturaGalegadosXX mgb
Benvido(a) á Galipedia, LiteraturaGalegadosXX mgb!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 13:11 (UTC)
Pero funcionan? editar
Non consigo, en ningún ordenador, ver as entrevistas que estades a ligar.
Podedes, por favor, comprobalo?
Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de xaneiro de 2014 ás 23:20 (UTC)
Xa se poden ver todas perfectamente, grazas
Xosé Couceiro Bugallo editar
Bo día! Repara nos cambios que fixen no artigo de Xosé Couceiro Bugallo, nomeadamente naqueles que atinxen a Wikipedia:Punto de vista neutral, Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:Citar as fontes. Fíxate tamén nos cambios de formato e nas categorías. Se tes calquera dúbida pregunta a calquera usuario experimentado. Un saúdo e moitas grazas por colaborares! --Paradanta (Cóntame) 25 de febreiro de 2014 ás 10:45 (UTC)
Formato editar
Deille formato ao artigo que creaches sobre o Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela. Por favor, revisa os cambios e así vas aprendendo para futuras edicións. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2015 ás 10:40 (UTC)
Premio xornalístico editar
Ola, LiteraturaGalegadosXX mgb. Vexo que mudas de maneira sistemática Reimóndez Portela por Raimóndez Portela. Non debes facelo. As referencias indican que o correcto é o primeiro. Corrixín un par de casos [1] [2]. Por favor, restaura ti os restantes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20 de outubro de 2015 ás 11:54 (UTC)
Premios editar
Boas LiteraturaGalegadosXX, atopei que estás a engadir o premio da Estrada a varios artigos, normalmente esta información ponse na sección de Recoñecementos, debes poñelo aí, se non existe creala con ese nome. Cambiei algunhas das túas edicións pero terás que revisar por se quedou algunha. E grazas polas túas achegas :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de novembro de 2015 ás 10:00 (UTC)
Posible violación de dereitos de autoría en Carlos Loureiro Rodríguez editar
Ola, LiteraturaGalegadosXX mgb, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Carlos Loureiro Rodríguez, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.
Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.
Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.
Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. ☣Banjo tell me 16 de novembro de 2015 ás 09:13 (UTC)
Torre de Guimarei editar
Boas, LiteraturaGalegadosXX mgb. Antes de comezar novos artigos pregámosche que arranxes os problemas de Torre de Guimarei. Se tes algunha dúbida de como facelo, estamos aquí para axudarche. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 20 de outubro de 2016 ás 10:23 (UTC)
- Ola, LiteraturaGalegadosXX mgb. Ídem para Manuel Diz Ramos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20 de outubro de 2016 ás 11:02 (UTC)
Referencias en contribucións recentes editar
Ola, LiteraturaGalegadosXX mgb. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 20 de outubro de 2016 ás 22:35 (UTC)
Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. ☣Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 11:31 (UTC)
Formato artigos sobre personalidades editar
Ola, LiteraturaGalegadosXX mgb. Fixen algúns amaños de formato nun artigo que creaches. Bótalles unha ollada para que o próximo che saia mellor. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de novembro de 2016 ás 10:10 (UTC)
Foto de Chano Piñeiro editar
Boas LiteraturaGalegadosXX_mgb, quitei a imaxe que achegaches ó artigo de Chano Piñeiro porque ten dereitos de autor e na Galipedia, e en Commons, só poden engadirse imaxes con licenza libre que permita uso comercial e obras derivadas. Tes máis informacións sobre o tema das imaxes en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Parabéns polo teu traballo, e se precisas axuda con algo non dubides en contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 14:44 (UTC)