Manuel Diz Ramos

escritor galego


Manuel Diz Ramos, nado en Alén (Xirazga, Beariz), en 1927, é un escritor galego.

Infotaula de personaManuel Diz Ramos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1927 Editar o valor em Wikidata (96/97 anos)
Alén, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Federal de Minas Gerais
Actividade
Ocupacióndocente de matemáticas e física
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Encomenda da Orde do Mérito Civil do Reino de España

Traxectoria editar

Era fillo do comerciante José Diz Gil e mais de Genoveva Ramos Ogando, que emigraron á capital do estado en diferentes momentos e circunstancias. O seu bisavó traballara na construción e fixo obras como o ferrocarril. De adolescente traballou nas minas de estaño no seu poboado de orixe e como canteiro nas provincias de Huesca e León.

A finais do ano 1946 emigrou para o Brasil.[1] Nos primeiros anos residiu en Salvador, Baía, e máis tarde, en 1951, pasou a vivir a Belo Horizonte, Minas Xerais, onde traballou no comercio e a construción civil. Estudou no colexio Santo António e fixo un curso de posgraduado de especialización no ensino de Ciencias na Universidade Federal de Minas Gerais, tras o que exerceu como docente de matemáticas e física.

Foi introdutor e primeiro correspondente da revista Carta de España, editada polo Instituto Español de Emigración. Foi Presidente do Instituto Mineiro de Cultura Hispánica, en Belo Horizonte e director-presidente, por varios anos, do Grémio Español de Socorros Mutuos e Instrución. Foi tamén Consultor de Física, por varias veces, no sector de Suplencia (DESU) en Belo Horizonte. Coordinou e compilou o libro Noventa años de Historia del Gremio Español de S. Mútuos e Instrucción (2001).

Obra editar

  • Phoenix Hispánica (1998) (tamén en portugués) [2]
  • Poemas na emigración (inédito; a maior parte do contido apareceu a partir do 1993 na revista O Quince do Concello de Beariz) [3]
  • Espanhóis em Belo Horizonte (2011; en portugués) [1]
  • Fragmentos de lendas e contos de aldea (2004) [4]
  • Isaías, o emigrante soñador (2004) [5]
  • O mundo de Thaynara (2007) [6]
  • Os Andaregos de Patópolis (2004) [7]
  • Rancores do pasado (2007) [8]
  • Un neno da aldea (2008) [9]
  • Ensaio sobre a Guerra Civil Espanhola. Uma vivência das verdadeiras emoções (2011) [10]
  • Planeta Terra e seus Mistérios (inédito) [Cómpre referencia]
  • A república de Patópolis (inédito) [Cómpre referencia]
  • Vidas fragmentadas (inédito) [Cómpre referencia]

Obra colectiva editar

  • Pedigree

Premios editar

Recibiu a "Encomenda da Orde do Mérito Civil do Reino de España", imposta por Xoán Carlos I.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Entrevista en Brasil das Gerais Rede Minas, 2013.
  2. Phoenix Hispánica
  3. Poemas na emigración
  4. "Fragmentos de lendas e contos de aldea". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  5. Isaías, o emigrante soñador
  6. "O mundo de Thaynara". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  7. Os Andaregos de Patópolis
  8. "Rancores do pasado". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  9. "Un neno da aldea". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2016. 
  10. "Lançamento do livro - Manuel Diz Ramos" Arquivado 04 de novembro de 2016 en Wayback Machine. 17/11/2011.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar