Tina Modotti
Tina Modotti, nada en Udine o 16/17 de agosto de 1896 e finada na Cidade de México o 5 de xaneiro de 1942, foi unha fotógrafa italiana, modelo, actriz e activista política revolucionaria.
Tina Modotti fotografada por Edward Weston en 1921 | |
Nome orixinal | (it) Assunta Adelaide Luigia Modotti |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Assunta Adelaide Luigia Modotti Mondini 16 de agosto (ou 17) de 1896 Udine, Italia |
Morte | 5 de xaneiro de 1942 (45 anos) Cidade de México |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía |
Ocupación | fotógrafa, actriz de cinema, actriz de teatro, actriz, activista, modelo, artista |
Carreira militar | |
Rama militar | Brigadas Internacionais |
Conflito | guerra civil española |
Descrito pola fonte | Obálky knih, América Latina en la Internacional Comunista 1919-1943 (en) American Women Artists, Past and Present: A Selected Bibliographic Guide (en) |
Traxectoria
editarFilla de Giuseppe Modotti e Assunta Mondini, tivo catro irmáns. Aos 12 anos tivo que abandonar a escola e traballar nunha fábrica téxtil para axudar a súa familia. Aos 17 anos emigrou á cidade de San Francisco. No ano 1915 casou co poeta Roubaix de L'Abrie Richey. Despois desprazaríase a Hollywood, onde traballou pouco tempo como actriz. En 1921 Tina mantén unha estreita relación laboral co fotógrafo Edward Weston, con el traballou como modelo, ademais de aprender del fotografía e de aí comezar a desenvolver a súa propia obra.
Entre os anos 1923-1930 permanecerá en México, converténdose en activista revolucionaria, ademais de se asociar co Partido Comunista Mexicano en 1927. México será o lugar onde realizará a maior parte da súa obra e onde se converterá en activista revolucionaria.[1] Tivo amizade con artistas como: Antonieta Rivas Mercado, Diego Rivera, David Alfaro Siqueiros, José Clemente Orozco, Blanca Luz Brum, Vittorio Vidali, Nahui Ollin, María Tereza Montoya e Frida Kahlo.[2] Colaborou co Partido Comunista Mexicano en 1927.[3] Apoiou activamente a loita de Augusto César Sandino e axudou a fundar o primeiro comité antifascista italiano. En 1928 coñece a Julio Antonio Mella, dirixente estudantil cubano, cando se forma o comité en apoio aos anarquistas Sacco e Vanzetti.
Julio Antonio Mella foi asasinado a noite do 10 de xaneiro de 1929 na esquina de Abraham González con Morelos, de dous tiros de revólver calibre 38.[4] Tina foi detida porque foi considerada baixo o suposto de que coñecía o asasino ou era a súa cómplice, ao final isto só funcionou como unha manobra para despistar. A policía, non obstante, decidiu descartar as declaracións de tres testemuñas en favor da de Modotti debido a que era «imposíbel que uns veciños visen o que din que viron o xoves un pouco despois das nove, xa que a lúa era moi pequena e baixa...». Máis tarde foi liberada sen cargos.[5]
En 1934 partiu cara a España. Durante a Guerra Civil Española alistouse no Quinto Rexemento e traballou nas Brigadas Internacionais, co nome de María ata a fin da guerra. Margarita Nelken, nunha das gabanzas que se fan da súa actividade, relata como atendía os nenos que chegaron a Almería tras o éxodo do pobo de Málaga que se viu acosado durante o traxecto a pé polos bombardeos das forzas franquistas.
En 1939 regresou como asilada a México, onde continuou a súa actividade política, a través da Alianza Antifascista Giuseppe Garibaldi. En 1940, o presidente Lázaro Cárdenas anulou a súa expulsión. Morreu dun ataque cardíaco o 5 de xaneiro de 1942 no interior dun taxi.
Xunto con Weston, foi mentora do fotógrafo mexicano Manuel Álvarez Bravo. A escritora mexicana Elena Poniatowska escribiu unha biografía novelada intitulada "Tinísima". Víctor Hugo Rascón Banda escribiu unha obra de teatro chamada "Tina Modotti".
Obra
editarO interese que proxectou Modotti nas súas obras foi un reflexo do compromiso ideolóxico que tiña cara aos grupos sociais máis vulnerábeis, exercendo o seu labor como editora e fotógrafa para a revista Mexican Folkways e o xornal El Machete en 1924, este labor levaríaa a ser considerada como precursora do fotoxornalismo crítico en México. Logrou unha identificación inmediata con México e os seus habitantes que se ve reflectida na súa obra.[1]
O seu traballo foi captado por artistas como Diego Rivera e José Clemente Orozco, os que entre os anos 1927-1930[6] lle confiarían o labor de fotografar as súas obras, cuxo traballo representa certo valor histórico, ao testificar a realización das obras destes dous muralistas mexicanos.
Segundo Manuel Álvarez Bravo, Tina Modotti tivo dous períodos: o romántico e o revolucionario. O primeiro, influenciado por Weston, onde fotografaba flores, obxectos e detalles arquitectónicos; e o segundo, xurdido en México, iniciando a súa relación co movemento de muralistas mexicanos para retratar o traballo destes artistas poñendo énfase tanto nos detalles como nos traballadores e nos indíxenas.[7] Ademais do seu traballo independente, captar imaxes de indíxenas e mestizos e documentar a loita social dos menos privilexiados con gran coidado na composición e o armado das escenas, mais sen poses nin actitudes forzadas.[8] Hai un período de transición no que se produciron algunhas das súas fotos máis memorábeis, como as mans dun campesiño agarrando unha pa ou as mans dunha lavandeira.[9]
Exhibicións fotográficas
editarO traballo de Modotti foi redescuberto nos Estados Unidos cando 90 fotografías clásicas foron exhibidas no Museo de Arte de Filadelfia en 1996. Martha Chahroudi, a comisaria do museo de fotografía, organizou a mostra. Para recadar fondos para a mostra, a cantante Madonna poxou o seu Mercedes-Benz 1963. Madonna tornouse a maior coleccionista do traballo de Modotti. Antes da presentación do seu traballo nos EUA, as fotografías de Modotti foran expostas en Italia, Polonia, Alemaña e Austria alén doutros países. A maior delas foi a Kunst Haus Wien o 30 de xuño de 2010 en Viena, Austria. Mostra con 250 imaxes moitas nunca antes expostas. A exhibición estivo baseada nas coleccións da Galería Bilderwelt, Berlín e Spencer Throckmorton, NYC e foron comisariadas por Reinhard Schultz.
Filmografía
editarActuou en 3 películas:[10]
- The Tiger's Coat (1920)
- Riding with Death (1921)
- I can explain (1922)
Durante este tempo, as actrices eran frecuentemente obrigadas a achegar os seus propios traxes e para eses filmes, Modotti que era unha hábil costureira, proveu chales extravagantes, capas de satén, suxeitadores adornados, boinas con plumas, pantalóns de harén e galas tinxidas artesanalmente.
Aparicións en obras de ficción
editarEn 2002, estreouse a película Frida (2002), dirixida por Julie Taymor, na que Ashley Judd interpreta a fotógrafa. Un ano despois, o autor de banda deseñada español Ángel de la Calle, publicou o primeiro volume da biografía Modotti, una mujer del siglo XX, cuxa segunda e última parte viu a luz en 2007.[11]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 http://museografo.com/tina-modotti-fotografa-y-luchadora-social/ Arquivado 15 de marzo de 2015 en Wayback Machine.. Penélope Yara. Tina Modotti: fotógrafa y luchadora social. Data de acceso: 5 de xaneiro de 2015. data: 19 de setembro de 2013
- ↑ Rodríguez y Méndez de Lozada, Nieves. Las fotografías inéditas de Tina Modotti. Publicación: Anales del Instituto de Investigaciones Estéticas. 2008. Volume=30. Número=93. Páxinas=213-224. http://www.scielo.org.mx/pdf/aiie/v30n93/v30n93a9.pdf Data de acceso: 5 de marzo de 2016
- ↑ Saborit, Antonio. Una mujer sin país. Las cartas de Tina Modotti a Edward Weston, 1921-1931 Editorial=Cal y Arena. Isbn=9789684932296. México. (En español)
- ↑ Cuba: ¿Un complot internacional de mentirosos?
- ↑ La Jornada. La mujer en el techo.
- ↑ González Cruz, Maricela. Tina Modotti y el muralismo mexicano. https://books.google.com.mx/books?id=Z5DfZYCfiWwC&printsec=frontcover&vq=%22Tina+Modotti%22&hl=es&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q=%22Tina%20Modotti%22&f=false. 1999. Ed. IIE-UNAM. México. isbn=9683669255, 9789683669254. Consultado o 4-03-2016.
- ↑ González Cruz Manjares, Maricela. Tina Modotti y el muralismo, un lenguaje común. Anales del Instituto de Investigaciones. 2001. Número=78. Páxinas=175-181. http://www.analesiie.unam.mx/pdf/78_175-188.pdf Arquivado 10 de xullo de 2007 en Wayback Machine.. Consultado o 5 de marzo de 2016}}
- ↑ Modotti, Tina. Tina Modotti. Una fotógrafa revolucionaria. 2013. Ed. Ocean Sur. Isbn=9781921700699
- ↑ http://oscarenfotos.com/2014/03/29/tina-modotti-leyendo-la-leyenda/#_edn12 Óscar Colorado Nates. Leyendo la leyenda: Tina Modotti Consultado o 6 de xaneiro de 2015.
- ↑ http://www.imdb.com/name/nm0595322// Arquivado 21 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. Tina Modotti. Consultado o 5 de xaneiro de 2015. IMDb. Arquivo: http://web.archive.org/web/ http://www.imdb.com/name/nm0595322// Arquivado 21 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.. Data do arquivo: 24 de novembro de 2015
- ↑ Darias, Manuel (02/05/2010). Ángel de la Calle, Diario de Avisos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tina Modotti |
En español:
- Tina Modotti, la fotógrafa revolucionaria
- Tina Modotti, patriagrande
- Tinna Modotti, El Ángel Caído, revista de fotografía
- Comitato Tina Modotti, en italiano
- La pasión de Tina Modotti, Por: Rúbila Araya, Revista Escáner Cultural, novembro de 2003
- Pasaje del libro titulado "Tina Modotti" (1998. Txalaparta. Tafalla). Google Books
- Modotti: una mujer del siglo XX polo propio Ángel de la Calle, Literaturas.com;
En inglés:
- George Eastman House
- Tina Modotti Books
- 2010 Kunst Haus Wien Exhibit
- Documentos sobre Tina Modotti no arquivo dixital do Proxecto de Documentos do ICAA, Museum of Fine Arts, Houston