Txalaparta
A txalaparta é un instrumento de percusión tradicional do País Vasco. Xeralmente consta de dous soportes (cestos, cadeiras, banquetas etc) sobre os que se pon algún material illante (follas de millo, sacos vellos, herba seca etc) e sobre todo isto, unha táboa que é golpeada con catro paus (dous para cada txalapartari).
As madeiras máis utilizadas para a súa construción son as de ameneiro, freixo, castiñeiro e outras do país. Aínda que tradicionalmente cada txalaparta adoitaba ter dúas ou tres táboas de madeira, hoxe en día é habitual atopar txalapartas formadas por unha ducia de táboas.
Orixe
editarEste instrumento de percusión tradicional utilizábase nunha pequena zona do País Vasco, concretamente nos baserri e arredores da conca do río Urumea: Lasarte-Oria, Usurbil, Hernani, Ereñotzu, Urnieta, Astigarraga, Ergobia e Andoain. O seu emprego estaba intimamente ligado ós labores de fabricación da sidra. Tras tritura-la mazá, celebrábase unha cea e a festa podíase prolongar até altas horas da mañá.
Unha vez rematada a cea, ó oír o instrumento, a xente dos arredores íase animando e achegábase ó lugar. O emprego da txalaparta sempre estivo ligado ó medio rural, pero tamén se empregaba noutro tipo de celebracións como as vodas, ben o mesmo día ou días antes do festexo. A txalaparta era sinónimo de música festiva e tamén se usaba en xogos rítmicos de improvisación.
Toques da txalaparta
editarExisten diversos toques que teñen evolucionado a outros máis modernos.
- Tradizonala (tradicional)
- Laukitua (toque moderno)
- Hirukoa (de tres)
- Papua (na honra á tribo papúa africana)
- Bostekoa (de cinco)
- Bassa (valse)
- Ezpata Dantza (danza das espadas)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- txalaparta.fr Arquivado 01 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en éuscaro)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |