Astigarraga
Coordenadas: 43°16′54″N 1°56′51″O / 43.28167, -1.94750
Astigarraga é un concello do norte da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Donostialdea, a 5 km de Donostia. Foi un barrio da capital donostiarra ata 1987 cando se constituíu en concello independente.
O seu termo municipal ten unha extensión de 11,91 km². Limita ao norte e noroeste con Donostia, ao sur e suroeste con Hernani, ao leste con Errenteria e ao sueste co enclave de Landarbaso, pertencente a Donostia. Tiña en 2015 unha poboación de 5.688 habitantes.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Astigarraga |