Brigadas Internacionais
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
As Brigadas Internacionais constituían unidades militares do exército da Segunda República Española durante a Guerra Civil formadas por voluntarios de diferentes países para loitar contra o exército franquista.
Historia
editarEstímase que houbo 59 380 brigadistas estranxeiros de 54 países, dos cales morreron 9934, aínda que o total de militantes foi 35 252, non superando os 20 000 ao tempo, na súa maioría non foron soldados senón traballadores recrutados polos partidos comunistas de cada país[Cómpre referencia]. Os franceses constituíron a nacionalidade máis importante[Cómpre referencia]. A súa base estaba en Albacete.
A idea das Brigadas Internacionais partiu do Komintern, nun principio o goberno da República rexeitou a idea, pero logo diante as dificulades da guerra autorizouna formalmente o 23 de outubro[Cómpre referencia]. A sede internacional de recrutamenteo estableceuse en París e o núcleo das primeiras Brigadas Internacionais estableceuse con 300 dos atletas que acudiran aos Xogos Populares de Barcelona e que decidiran organizar unha brigada para combater en España[Cómpre referencia].
As Brigadas participaron na defensa de Madrid de 1936, as batallas do río Jarama, Guadalaxara, Brunete, Teruel, Aragón e o Ebro. O 23 de setembro de 1938 disolveuse ao chegar un acordo o goberno republicano co Comité de non intervención[Cómpre referencia].