O Busto, Saa, A Pobra do Brollón
O Busto é unha aldea da parroquia de Saa no concello lucense da Pobra do Brollón. Aínda que no censo consta de 2 habitantes (1 home e 1 muller), está deshabitada.
O Busto | |
---|---|
Parroquia | Saa |
Concello | A Pobra do Brollón |
Coordenadas | 42°36′15″N 7°18′04″O / 42.60403, -7.301204Coordenadas: 42°36′15″N 7°18′04″O / 42.60403, -7.301204 |
Poboación | 2 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Está situada ao leste do concello, nos seus límites, a uns 1100 m de altitude, en plena Serra do Courel. Unha estrada sobe desde A Pobra en dirección á Pousa, Penadexo e Pradelas, e despois convértese nunha devasa de 4 km, que conduce ó Busto.
Preto da aldea están as montañas de Pena Redonda e a Pena dos Catro Cabaleiros, onde se reunían os habitantes do Incio, Samos, Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón.
Historia editar
Hai moitos anos unha mina de ferro era explotada no lugar, onde aínda se poden ver os restos entre as silvas. Consérvanse restos do Muíño do Lucas.
Festividades editar
O patrón da aldea é San Vitoiro, e celébranse as súas festas nunha capela situada a varios quilómetros da aldea.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Saa editar
Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal |