Penadexo, Saa, A Pobra do Brollón
lugar da parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón
Penadexo é unha aldea da parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo. Contaba en 2008 cunha poboación de 6 habitantes (3 homes e 3 mulleres).
Penadexo | |
---|---|
Parroquia | Saa |
Concello | A Pobra do Brollón |
Poboación | 1 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada a 805 m de altitude na Serra do Courel, preto do regueiro da Travesa. Accédese desde un desvío da pista que une A Pousa co O Busto logo de pasar Lourente ou desde un desvío da estrada que une A Pousa coa Veneira, logo de pasar a Capela do San Vitoiro e o desvío a Teixeira.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de SaaEditar
Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal |