Covadelas, Saa, A Pobra do Brollón
Covadelas é unha aldea pertencente a parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón. Estivo deshabitada durante anos pero hai 10 anos comezou a súa repoboación. En 2008 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).
Covadelas | |
---|---|
Parroquia | Saa |
Concello | A Pobra do Brollón |
Poboación | 7 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada a 800 m de altitude nunha zona de alta montaña. Accédese por unha estrada que ven da Pobra do Brollón e sobe desde A Pousa. Antes de chegar á Veneira hai o desvío a Covadelas.
PatrimonioEditar
Dos catro muíños que tiña o pobo, hoxe só quedan os de Maceda e O Coxo. Ambos eran de depósito, polo que non dependían realmente do caudal do río. No estiaxe, un depósito de auga xunto ás construcións permitía seguir moendo. O de Maceda, construído en 1899, deixou de moer fai moitos anos. O muíño do Coxo, en cambio, mantense hoxe en bo estado. O río forma á súa altura unha pequena fervenza e un pouco máis abaixo volve precipitarse nunha espectacular caída de vinte metros.
Tamén se conserva o colexio que se utilizou ata os anos 70.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de SaaEditar
Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal |