Nicholas Rhodes
Nicholas Gervase Rhodes, nado en Londres o 26 de maio de 1946 e finado o 6 de xullo de 2011,[1] foi un numismático británico especializado na moeda asiática, sinaladamente nas emisións monetarias do Tíbet precomunista e dos reinos do Himalaia.
![]() Nicholas Gervase Rhodes en 2003 | |
Nome orixinal | Nicholas Gervase Rhodes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de maio de 1946.![]() ![]() |
Morte | 6 de xullo de 2011. (65 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | Trinity College, Universidade de Cambridge. |
Coñecido por | Estudos sobre a moeda tibetana. |
Actividade | |
Ocupación | Orientalista e numismático. |
Membro de | Royal Numismatic Society. Oriental Numismatic Society. Bhutan Society. Nepal Numismatic Society. Nepal and Tibet Philatelic Study Circle. |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Deki Laden La (Deki Rhodes). |
Fillos | John Rhodes. |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarRhodes pasou a súa infancia no seu Londres natal, onde realizou os seus estudos, ata que se trasladou a Cambridge na súa xuventude, para cursar un mestrado en Matemáticas no Trinity College, da Universidade de Cambridge.[2][3][4]
Tamén fixo estudos lingüísticos; ademais das linguas clásicas, como o latín e o grego, dominou linguas contemporáneas como o francés, o alemán e o español.[3] Posteriormente acadou o título de actuario, e a súa vida profesional transcorreu no ámbito das operacións relacionadas cos seguros de previsión social e coas finanzas.[5]
Carreira numismática
editarA numismática foi unha disciplina de interese especial para Rhodes desde a súa infancia. Comezou a súa colección de moedas orientais aos 16 anos, en 1962, e progresivamente foi centrando o seu foco nas moedas da rexión do Himalaia, desde Caxemira e Ladakh, no oeste, pasando polo Nepal, o Tíbet e Bután, ata Assam e os estados hindús do nordeste da India.[2][3][4] A colección de Rhodes foi considerada como a máis completa do mundo no referente ás emisións nepalesas. Toda a súa colección foi vendida por grupos temáticos pola compañía de poxas numismáticas Spink logo do seu pasamento, a partir de 2013.[6][7]
Nicholas Rhodes foi un membro destacado da Royal Numismatic Society, de Londres, entidade na que ingresara en 1968 e na que ocupou o cargo de tesoureiro entre 1973 e 2002,[8] e da que foi elixido membro honorario en 2002. Igualmente, foi membro fundador da Oriental Numismatic Society,[9] e secretario xeral desde 1997.[4] Tamén foi tesoureiro da Bhutan Society de Londres.[10][11]
Logo da súa xubilación como actuario, Rhodes incorporouse como visitante no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, onde estudou as moedas tibetanas e nepalesas desta colección pública e asesorou na súa reorganización e clasificación.[12][13]
Paralelamente á numismática, Rhodes interesouse tamén pola filatelia nepalesa e tibetana. Foi membro do Círculo de Estudos Filatélicos Nepaleses e Tibetanos, e publicou diversos artigos sobre este tema.[4][10][14]
En recoñecemento aos seus coñecementos e ás súas achegas sobre as moedas nepalesas, a Sociedade Numismática do Nepal concedeulle en 2004 o título de membro honorario.[15]
Vida persoal
editarA atracción de Rhodes cara ao mundo oriental levouno a facer numerosas viaxes á India, ao Nepal e Bután ao longo da súa vida. Alí coñeceu a súa esposa, Deki Laden La, orixinaria de Darjeeling, na Bengala Occidental, e de ascendencia sikkimesa-tibetana, neta de Sonam W. Laden La, un home relevante na zona, superintendente de policía en Darjeeling, que na década de 1920 establecera unha forza policial no Tíbet por encarga do Goberno tibetano. Xunto coa súa esposa, Rhodes escribiu un relato da vida deste antepasado titulado A Man of the Frontier ("Un home da fronteira"),[16] publicado en 2006.[4][17]
Publicacións
editarAdemais dos seus traballos monográficos, Nicholas Rhodes publicou máis de 200 colaboracións e artigos[2] en revistas numismáticas como Numismatic Chronicle, o Journal of the Oriental Numismatic Society, o Journal of the British Nepal Society, o Journal of the Numismatic Society of India, o Numismatic Digest, o Tibet Journal, o Numismatics International Bulletin (Dallas), Kailash (Katmandú), Mudraa (Katmandú) e o Journal of Bhutan Studies, entre outras.[4][17]
Monografías
editar- (1981). The Standard Guide to South Asian Coins and Paper Money since 1556 (con C. R. Bruce et al.). Krause publications, Iola. ISBN 978-0873410694
- (1989). The Coinage of Nepal from the Earliest Times until 1911 (con K. Gabrisch et al.). Special Publications. Royal Numismatic Society. Londres. ISBN 9780901405272
- (1999). The Coinage of Cooch Behar (con S. K. Bose). Library of Numismatic Studies, Dhubri.
- (2002). The Coinage of Tripura. With notes on the seals, orders, decorations and medals of the state (con S. K. Bose). Library of Numismatic Studies, Calcuta. ISBN 978-8193902141
- (2003). The Coinage of Assam, I, Pre-Ahom Period (con S. K. Bose). Library of Numismatic Studies, Calcuta. ISBN 978-8190186735
- (2004). The Coinage of Assam, II, Ahom Period (con S. K. Bose). Library of Numismatic Studies, Calcuta. ISBN 978-9384101558
- (2006). A History of the Dimasa-Kacharis as seen through coinage (con S. K. Bose). Library of Numismatic Studies, Calcuta. ISBN 978-8190186766
- (2006). A Man of the Frontier. S.W. Laden La (1876-1936). His Life and Times in Darjeeling and Tibet (con D. Rhodes). Library of Numismatic Studies, Calcuta. ISBN 978-8190186759
- (2010). The Coinage of Jaintiapur (con S. K. Bose). Library of Numismatic Studies, Calcuta. ISBN 9788190186773
- (2011). "The coinage of Samudra Pasai" (con V. V. Mihailovs). En Felicitas. Essays in Numismatics, Epigraphy & History in honour of Joe Cribb. Reesha Books International, Bombai. ISBN 978-8189752088
- (2012). The Coinage of Manipur (con S. K. Bose). Library of Numismatic Studies, Calcuta. ISBN 978-8190186797
Notas
editar- ↑ Bertsch, W. (2011). Páxina 3.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Rhodes, J. (2013).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ahmed, S. S. (2004).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Goron, S. (2011).
- ↑ "History and lineage of coins on display". En The Telegraph. Calcuta, India. 27 de febreiro de 2004.
- ↑ "The Collection of Nepal Coins and Medals - Property of the Late Nicholas Rhodes to be sold as a single lot by Private Treaty". www.spink.com
- ↑ The Nicholas Rhodes Collection of Tibetan Coins. Spink, Hong Kong. 21 de agosto de 2013.
- ↑ Bandhare, S.; Bracey, R.; Wang, H. (2011).
- ↑ "The Collection of Nepal Coins and Medals - Property of the Late Nicholas Rhodes to be sold as a single lot by Private Treaty". www.spink.com
- ↑ 10,0 10,1 Cribb, J. (2011). Páxina 2.
- ↑ Bertsch, W. (2013).
- ↑ Cribb, J. (2011). Páxina 1.
- ↑ Bandhare, S.; Bracey, R.; Wang, H. (2011).
- ↑ Bertsch, W. (2013).
- ↑ "Nepal Numismatic Society presented Honorary Membership to Mr. Nicholas Rhodes". En The Xchange. 4 de xullo de 2004.
- ↑ Véxase "(2006)" en "Publicacións".
- ↑ 17,0 17,1 Bertsch, W. (2011). Páxina 4.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ahmed, S. S. (2004). "The East fascinates this numismatist". En The Telegraph. Calcuta, India. 3 de marzo.
- Bandhare, S.; Bracey, R.; Wang, H. (2011). "Nicholas Rhodes (1946-2011)". En Coins Weekly. 20 de xullo.
- Bertsch, W. (2011). "Nicholas Gervase Rhodes (1946-6th July 2011)". En Journal of the Oriental Numismatic Society. Nº 208. Verán. Páxinas 3-4.
- Bertsch, W. (2013). "Nicholas Rhodes and his Collection of Tibetan Coins". En The Nicholas Rhodes Collection of Tibetan Coins. Spink, Hong Kong. 21 de agosto. Páxina 6.
- Cribb, J. (2011). "Nick Rhodes, the Loss of a Numismatic Giant". En Journal of the Oriental Numismatic Society. Nº 208. Verán. Páxinas 1-2.
- Goron, S. (2011). "Obituary: Nicholas Rhodes (1946-2011)". En Journal of the Oriental Numismatic Society. Nº 208. Verán. Páxina 1.
- Rhodes, J. (2013). "Nicholas Rhodes (1946-2013)". En The Nicholas Rhodes Collection of Tibetan Coins. Spink, Hong Kong. 21 de agosto. Páxina 5.
- Smith, B. W. (2011). "Nicholas Gervase Rhodes 1946-2011". En Postal Himal. Nº 154. 2º trimestre. Páxina 2.
- Stevens, P. (2011). "Nick Rhodes: Down Memory Lane". En Journal of the Oriental Numismatic Society. Nº 208. Verán. Páxinas 2-3.