Naisten Liiga 2024-2025
A tempada 2024-2025 da Naisten Liiga será a 42ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.
Tipo | Naisten Liiga |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Período de tempo | tempada 2024-2025 |
Movementos na liga
editarMudanzas nos corpos técnicos
editarEquipo | 2023–24 | 2024–25 | Detalles |
---|---|---|---|
Pretempada | |||
KalPa | Mika Väärälä | O día seguinte de que o KalPa conseguira a medalla de bronce na tempada anterior, o equipo informaba de que logo de dous anos á fronte do equipo técnico Mika Väärälä non continuaría como adestrador xefe do KalPa na tempada 2024-25.[1] | |
RoKi | Teemu Koivula | Teemu Koivula chegou ao equipo feminino do RoKi na tempada 2023-24 logo de exercer como adestrador dos equipos masculinos U15 e U16 do equipo de Rovaniemi.[2] En marzo Koivula deixou o equipo logo de asinar coas Kärpät de Oulu.[3] | |
Kärpät | Satu Kiipeli | Teemu Koivula | A tempada 2023-24 o equipo de Oulu viviu moitas mudanzas na dirección do equipo, con tres adestradoras distintas á fronte (Sanna Lankosaari, Saija Tarkki e Satu Kiipeli). As Kärpät acabaron a tempada nos cuartos de final logo de caer nos play-offs contra o HIFK (3-0). En marzo de 2024 anunciouse que Teemu Koivula, de 27 anos, dirixiría o equipo na tempada 2024-25 procedente do RoKi de Rovaniemi.[3] |
Equipos participantes
editar- Véxase tamén: Cadros de xogadoras da Naisten Liiga 2024-2025.
Na tempada 2024-25 da Naisten Liiga tomarán parte na competición un total de nove equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, xa que non houbo ascensos nin descensos ao non disputarse a cualificación en 2024 xa que ningún dos equipos interesados en disputala cumpriu cos requisitos da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo.[4] Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.
Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät, Lukko e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).
Nome | Cidade | Estadio | Capacidade | Adestrador/a | Capitá |
---|---|---|---|---|---|
Stadin Gimmat HIFK Naiset |
Helsinqui | Pirkkolan jäähalli | 1 100 | ||
HPK | Hämeenlinna | Metritiski Areena | 700 | ||
Ilves | Tampere | Tesoman jäähalli | 1 500 | Marjo Voutilainen | |
KalPa | Kuopio | Olvi Areena | 5 224 | ||
K-Espoo | Espoo | Tapiola 2 | 750 | ||
Kärpät | Oulu | Oulun Energia Areena | 6 614 | Teemu Koivula | |
RoKi | Rovaniemi | Lappi Areena | 3 500 | ||
Team Kuortane | Kuortane | Kuortaneen urheiluopiston jäähalli | 350 | ||
TPS | Turku | Rajupaja Areena | 2 875 |
Notas
editar- ↑ Seppä, Lassi (17 de marzo de 2024). "Mika Väärälä ei jatka KalPan naisten päävalmentajana". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 8 de abril de 2024.
- ↑ Seppä, Lassi (3 de xuño de 2023). "Teemu Koivula on RoKin naisten uusi päävalmentaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de abril de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 Seppä, Lassi (27 de marzo de 2024). "Teemu Koivula astuu Kärppien naisten päävalmentajan saappaisiin". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ Löfman, Sini (11 de marzo de 2024). "Naisten Liigan karsintoja ei pelata tänä keväänä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 8 de abril de 2024.