Ostrobotnia do Sur

Ostrobotnia do Sur (en finés Etelä-Pohjanmaa e en sueco Södra Österbotten) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao oeste do país, na provincia histórica de Ostrobotnia e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital e cidade máis poboada é Seinäjoki.

Ostrobotnia do Sur
Etelä-Pohjanmaa (en finés)
Södra Österbotten (en sueco)
Bandeira
Escudo
BandeiraEscudo
Etelä-Pohjanmaa.sijainti.suomi.2010.svg
EstadoFinlandia Finlandia
CapitalSeinäjoki
 • Poboación58.985 (2012)
Lingua oficialAs dúas
Forma de gobernoRexión de Finlandia
Provincia históricaOstrobotnia
 • Total13.998,90 km²
Fronteirasn/d km
Costasn/d km
 • Total193.735 (2012) hab.
 • Densidade14,41 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.fi
Código ISO194

A rexión é a décima máis poboada e máis extensa do país.

Un dos maiores festivais de rock de Finlandia, o Provinssirock, así como o máis antigo festival de tango finés do mundo, o Tangomarkkinat, celébranse na cidade de Seinäjoki.

XeografíaEditar

A rexión é a máis cha de Finlandia, en gran parte agrícola. O río máis importante é o Kyrönjoki. Os seus relevos máis significativos están ligados á morrena de Suomenselkä, que marca a fronteira sur e leste da rexión.

Ostrobotnia do Sur limita ao norte coa rexión de Ostrobotnia Central, ao leste con Finlandia Central, ao oeste coas de Ostrobotnia e Pirkanmaa, e ao sur coa rexión de Satakunta.

HistoriaEditar

Esta rexión correspóndese á parte meridional densamente poboada da provincia histórica de Ostrobotnia, a continuación, logo da división de 1775 coa provincia de Oulu na franxa sueste do Vaasan Lääni.

A industria tivo na rexión un desenvolvemento marxinal e tardío. A rexión experimentou un importante éxodo rural, mais as terras máis fértiles das provincias orientais que permitían a subsistencia mantiveron unha gran poboación de agricultores ata a actualidade.

ConcellosEditar

 
Localización dos concellos de Ostrobotnia do Sur.

Ostrobotnia do Norte consta de dezasete concellos, dos cales oito son considerados cidades (en letra grosa):

Antigos concellosEditar

SubrexiónsEditar

Ostrobotnia do Sur divídese en catro subrexións:

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar